TANTO NOS TEN



Para escoitar

TANTO NOS TEN
preme eiqui








 Compoñentes:

Natalia Gómez.-Pandeireta, cunchas, voz... 
Manuel Cruces.- gaita, frautín e voz.
Alvaro Cardalda .- acordeón e voz.
Josinho da Teixeira.- Tambor voz e parrafeos varios.
Xurxo Terrible.-Clarinete, gaita, requinta e voz.
Lucía Lorenzo.- Bombo e voz.


Música tradicional furtiva 
As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.


Entre néboas é o segundo disco da formación e nel segue a mistura de letras tradicionais e de composicións propias, na base da musica popular,  rumbas, muiñeiras, pasodobres, xotas e foliadas, conforman este disco autoproducido.

14 composicions reinvindicadoras, da luita por unha sociedade máis xusta, e co galego coma nexo común de pais.

O CD foi ilustrado por Luis Dávila .
Gravado en directo no estudio de son A Ponte Bertamiráns en Compostela. Misturado e masterizado por Tomás Agueitos






"... Velaquí as coordenadas da música furtiva de TNT. Furtiva porque a música tradicional se fai case ás agachadas, á marxe da industria musical, nunha lingua que malia a normativización non goza de soberana oficialidade.
 Furtiva por irreverente, insubmisa, comprometida coa cultura de noso e co sentir dunha parte da sociedade galega. Entre néboas plasma a esencia dun grupo cuxa razón de ser é facer festa. Alegría que se espalla alén do disco, alén do escenario. Música que nos fai proer a lingua e desenferrúxanos os pés."


entre néboas presentado no auditorio da xunqueira
pola esquerda ben vos guía o faro de redondela
as cantigas saen da rede
ai que vida trapalleira
os invitados ao palco
coa forza das mareas

tanto nos ten esconderon ferramentas nas butacas
se ti atopas unha amiga un disco que che regalan
foron catro afortunados
e no escenario xa danzan
para agrandar o turreiro
fáltanos pata de cabra

presentou tanto nos ten entre néboas o seu disco
festa galega de seu cos seus cantares mariños
entre néboas compañeiros
navegando con sentido
defendendo terra e lingua
parecedes uns furtivos



DISCOGRAFIA PREVIA:


















Contacto: 

tantonosten@hotmail.com
626 156 872
627 938 607

Para máis info TANTO NOS TEN.COM