A TARANTELA RABUDA

Para escoitar A TARANTELA RABUDA preme eiqui

A Tarantela Rabuda (Mestizaxe, O Morrazo)
A Tarantela Rabuda (Mestizaxe). Banda formada a finais do 2008, comezando a súa andaina coma dúo, Manel (guitarra e voz) e Alex (teclados e coros). Cun repertorio propio, de temas unicamente en galego, con ritmos que van dende o Ska o Reggae ou da Rumba o Country e letras satírico-velenosas sobre problemas sociais ou da vida cotiá, tocan por tódolos locais do Morrazo e arredores o longo de todo o 2009, para rematar compartindo escenario con "La Pegatina. O proxecto consolidase cando se unen Aitor (caixón), Fran (baixo) e Luis (percusión cubana). O longo de toda a segunda etapa, tocan en diversas salas e festivais, como: TROULA NA BANDA, SAN MARTIÑO, OUTONO FURTIVO, PRIMAVEIRA BAIXO PRESIÓN ADICAM e compartindo escenario na FABRICA DE CHOCOLATE CON "LOS VECINOS DEL CALLEJÓN". Actualmente están presentando o seu primeiro traballo "Puro Veleno”.
A Tarantela Rabuda son:

Artista Instrumento
Manel Voz e Guitarra
Alex "Master" Teclado e coros
Fran Baixo e coros
Aitor
Luis
Percusións e coros
Percusion Cubana