TUMBA E DALLE

Para escoitar TUMBA E DALLE preme eiqui

O 18 de setembro de 2010, debutaba na Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, o grupo Tumba e Dálle. A boa acollida que tiveron ese día non fixo máis que  incitar unha xa de por sí ampla ilusión pola música, por disfrutar tocando, e porque outros poidesen disfrutar con eles. Foi o comezo dunha de momento breve pero intensa traxectoria. Un ano cheo de actuacións e tamen coa organización, no mes de Abril, da Foliada Tumba e Dálle na ribadense parroquia de Rinlo,na que acadaron reunir a máis de cen músicos da zoa.