venres 24 Uxia & Company Cora Sons no Liceum O Porriño

CoraSons CON UXIA & COMPANY
CoraSons CON UXIA & COMPANY E CARLOS BLANCO PECHAN A TEMPORADA NO LICEUM
CoraSons CON UXIA & COMPANY
 Esta semana imos pechar a nosa programacion deica Outubro cunha despedida ao grande o venres unha destas actuacións que se fan moi poucas veces na vida, esta e a súa cronoloxía: Recibín unha proposta para realizar unha exposición en Santiago de Compostela, durante todo o mes de febreiro e aceptei. Como a persoa que me convidou é unha cantante galega, a Uxía, logo pensamos en realizar tamén un concerto con cancións que falasen do corazón. Pedimos a colaboración de distintos músicos portugueses, galegos e brasileiros a vivir na Galiza. Chamouse 'Sons do coração', unha bonita forma de festexar o San Valentín. Foi unha experiencia tan significativa para todos os que participaron, que nos gustaría volver a repetila no Liceum para recrear momentos como o da cardióloga Belén Cid cantando o Corazón Partío, a miña sobriña Inês entoando 'Carinhoso' de Pixinguinha ou tod@s xunt@s o Coração Bobo de Alceu Valença. Desta volta queremos chamalo CoraSons e estaremos presentes: Como anfitriona e raiña de corazóns: Isabel Leal, de Porto, autora do Álbum de fotos da exposición 'Heartistic'. Sérgio Tannus: Guitarra, cavaquinho e dirección musical Sérgio Sales: piano e acordeón Uxía, Fred Martins, Jamila Castillo, Magín Blanco, Chus Senlle, Najla Shami, Belén Cid, Inês Salselas, Ana Senlle, Tatán e algunha sorpresa máis... " Será o venres 24 de Xuño as 23h30 horas. Os prezos 8 euros normal, 6 anticipada e 4 para socios