XOAN EIRIZ




NOME ARTISTICO: XOÁN EIRIZ.

PROFESOR DE MÚSICA E CANTAUTOR GALEGO.

TEN EDITADOS 14 DISCOS NA FALA DE CUNQUEIRO

OS SEUS VÍDEOS CON MÁIS DE 40 CANCIÓNS DO SEU REPERTORIO PODENSE VER EN YOU TUBE .





Por fín,despois de tres meses de intensivo traballo ,rematamos de gravar o meu disco nº 14 da miña traiectoria musical,no que tantas ilusións temos postas e que saíra en breve e que leva como título "VERBAS NO VENTO"(suxerencia ,penso que moi acertada do amigo e gran poeta:SUSO DÍAZ).

Con este novo traballo intento facer a miña pequena homenaxe a ,posiblemente, a algunhas das cancións máis fermosas e coñecidas da riquísima música galega...que están na nosa memoria e están no vento, ise vento peregrino que ven cos novos,vai cos vellos , vai ca neve e ven ca flor, espallando a nosa cultura polo mundo¡¡¡¡

Quero amosar o meu máis grande agradecemento os magníficos músicos ,amigos/as e millores persoas,sin o que este traballo ,no que teño postas tantas ilusións ,non sería posible:IAGO MOURIÑO(Pianista,compositor e director musical),PABLO SANMAMED(compositor,comtrabaixista e chelista),ALFREDO GARCÍA(Profesor de música,guitarrista e compositor),ÓSCAR QUINTÁNS(Profesor de música,compositor ,percusionista e batería),JULIETA B
ARRIO(Profesora de canto,compositora e cantante) e JOSÉ GARCÍA(Profesor de música,saxofista e compositor)...
Non me quero esquecer do amigo e poeta:SUSO DÍAZ,que púxolle título ó disco,do amigo MANUEL PATINHA,escultor,pintor,poeta,fotógrafo,que fixo as fotos do disco,do amigo e grande escritor MIGUEL ANXO FERNÁN VELLO,que escribiu unhas fermosísimas verbas para a presentación interior do disco,do amigo e gran realizador FÉLIX MENÉNDEZ que fixo os vídeos promocionais,do amigo MIGUEL CUBA,enxeneiro de gravación,e,sobre todo de a
miña dona e os meus dous fillos,por estar sempre aí dándome alento e folgos para seguir facendo o que máis quero xunto a miña familia....


CANTAR AGORA E SEMPRE NA FALA DE CUNQUEIRO¡¡¡.

GRAZAS COMPAÑEIROS/AS, SODES MOI GRANDES.¡¡
Fotos.:Manuel Patinha.

XOÁN EIRIZ - Miña Terra Galega




Xoán Eiriz "Desde que empecei a cantar, fai máis de trinta anos, sempre tiven como  pensamento fixo amosar que o galego é unha lingua flexible para cantar  calquera tema".
Sempre en galego, porque o seu traballo vai  enfocado nunha mesma liña, a de dignificar o idioma e facer entender á  xente a través da voz que o galego vale máis que para facer máxicas as  composicións poéticas.
O  seu novo disco, “Trinta anos e unha cantiga de amor”, resume as tres décadas adicadas a música . En  concreto, elixe 18 cancións que amosan o seu carácter ecléctico e falan de aquí e  de acolá.
Son clásicos como “Unha noite na eira do trigo”, de Curros Enríquez  ou “Alfonsina y el mar” para rematar o conto con aquela que di en  francés “Non me deixes non” e cantaba un tal Jacques Brel. Para Eiriz  esta é a cantiga de amor máis bonita de todos os tempos aínda que, en  realidade, sexa de desamor porque está pedindo que non o abandonen.
O álbum que xa está no mercado é o undécimo da súa carreira pero o  primero en directo. Saiu do concerto que o cantante ofrecía no Rosalía  en decembro de 2011 e que tiña ademais o aditivo de solidario porque os  cartos da taquilla foron a parar aos proxectos que desenvolve o  colectivo Terra de Homes, e que van dirixidos a suplir as carencias en  atencións médicas que existe en África. O seu repertorio traduciuse  daquela en bisturí, cama de hospital, vendas e unha casa, á que ofrecen  españois de todo estado para que os internos descansen antes de voltar.  Nun fogar adoptivo.
Explica Eiriz que a decisión de editar aquela noite xurdiu despois.  No momento en que os focos do Rosalía se apagaron e Eiriz tivo unha  sensación de satisfacción inmensa. Propia de cando todo funciona á  perfección como se o concerto estivera programado como unha máquina de  reloxería.

Os que queiran mercalo que envíen, por favor,unha mensaxe privada ou  un e-mail a :xoaneiriz@mundo-r.com coa vosa dirección.O prezo e de 10€  gastos de envío incluidos.Mil apertas¡¡¡


CONTACTO: xoaneiriz@mundo-r.com
FACEBOOK: http://facebook.com/xoan.eiriz