xullo 2 Asalto ao Castelo Vimianzo

programa

SÁBADO 25 DE XUÑO
09:30 | Ruta de sendeirismo pola terra dos Moscoso
DE MÉRCORES 29 DE XUÑO A SÁBADO 2 DE XULLO
11:30 a 14:30 e de 19:00 23:00 | IV PINCHOS IRMANDIÑOS
11:30 a 14:30 e de 19:00 23:00 | CONTO FOTOFRÁFICO DO ASALTO (Ruta Pinchos)
XOVES 30 DE XUÑO
19:00 a 23:00 | Procesión da Santa Compaña Irmandiña
VENRES 1 DE XULLO
20:00 | Teatro de rúa: As feiticeiras (Praza do Concello)
21:30 | II Cea medieval (Foso do Castelo)
SÁBADO 2 DE XULLO
MAÑÁ
10:00 a 20:00 | I Feira Artesanal (Praza do Concello)
10:00 a 14:00 | Mostra de artesanía en vivo (Castelo de Vimianzo)
11:30 a 13:00 | Obradoiros infantís: elaboración de traxes, taller de atrezzo. ContAsalto (Praza do Concello)
12:30 | Baile rexional: Foliada de Salto e Airiños do Río Grande (Praza do Concello)
13:00 | Exhibición de tiro con arco (Praza do Concello)
TARDE
16:30 a 18:30 | Obradoiros infantís: elaboración de traxes, taller de atrezzo. ContAsalto (Praza do Concello)
17:00 | Espectáculo de rúa: Gostoso Pa (Praza do Concello)
18:30 | Clown: Peter Punk (Praza do Concello)
19:30 | Pandereteiras, gaiteiros e percusionistas: A. C. Trubisquiña & Marcote´s Street Band (Rúa)
20:00 | Circuíto musical: Dambara Burela (Rúa)
20:30 | Circuíto musical: Requinta do Xián (Rúa)
21:00 | Circuíto musical: Fol Baleiro (Rúa)
NOITE  (CAMPO DE FESTA)
20:00 | CEA
Touciño entrefebrado con gornición e viño do país de balde
Fin da ruta dos pinchos: agasallo irmandiño
22:00 | Chiculate (Galicia-Folk)
Grupo ferrolán formado en novembro de 1998. Desde os seus inicios apoiouse na música tradicional tanto nos seus temas como na instrumentación empregada. Acadada a madurez, Chiculate, bota unha ollada a distintos campos musicais. O resultado final é un repertorio aberto e dinámico, co que disfrutan todos aqueles que van aos seus concertos.
Escoita: “Luna
23:15 | Berrogüetto (Galicia-Folk)
Grupo de folk dos máis prestixiosos de Galiza. A música tradicional e a modernidade fusiónanse nunhas letras cargadas de riqueza e diversidade cultural. A súa inquietude pola música e as súas ganas de innovar leváronos a investigar con sons e instrumentos diferentes. Grazas a esta determinación sempre conseguiu os favores da crítica e recibiu numerosos galardóns e recoñecementos por todo o mundo. O seu directo transcende máis alá do son, supón unha experiencia na que se une a música, a danza e a imaxe.
Escoita: “Deneb
00:30 | ASALTO AO CASTELO
Representación teatral da obra “Praza Esperanza. A lenda do aforcado”, adaptación da antiga lenda de Fernando de Xinzo. Unha historia de liberación irmandiña e destronamento do poder caciquil que habita o castelo, lugar onde todo non é o que parece.
01:30 | Funky Style Brass (Francia-Funky)
Banda de tolos, nacida á beira do Garonne na cidade francesa de Toulouse. Adeptos ao dance floor de funk de risos e, sobre todo, ao freestyle, este alegre grupo convídavos a compartir as súas tolerías musicais. Ventos, percusión, loops, samplers etc. dan forma ao son FSB, o que en 2010 xa arrasou por moreas de festivais europeos e que neste 2011 segue na mesma liña, pois a súa capacidade para sorprender é ilimitada. Teñas 0 ou 99 anos, estes tolos galos de Toulouse farante bailar queiras ou non.
Escoita: “Fanfare festive
03:00 | Malakaton (Barcelona-Rumba)
Grupo de rumba catalana composto por uns mozos con fame de concertos que, traballando moito, foron quen de poñerse as pilas para dar forma ás súas ideas, tras imaxinar como poderían crear en cada concerto unha festa. Agora, co seu novo disco, dispóñense a triunfar alí por onde van, cunhas letras moi alegres que farán bailar a todo o mundo.
Escoita: “Gambitero
04:30 | FOLIADA
Outros
Servizo de Cociña
Zona de Acampada
Traxes para alugar ou mercar
Entrada de balde

máis info Asalto ao Castelo Vimianzo