XULLO 28 FESTIXEVE

A Banda Da Balbina
http://www.abandadabalbina.es.tl
Alá polo Maio do ano 2008 naceu a Estomballada, e con ela A Banda Da Balbina. Esta canción acadou unha ampla difusión na radio e TVG, e noutras canles, formando parte tamén do repertorio de algunha orquestra galega. Un ano máis tarde a Balbina pareu O Fillo Do Mar, e con el chegou o primeiro premio da Radio Galega do programa Apologhit. Co empuxón de este premio o grupo comeza a súa andanza polas festas-concertos de toda galicia, (compartindo escenario con Mercedes Peón, Festicultores, Cuchufellos...) levando sempre boa música en galego e moita festa. As nósas creacións seguen mantendo uns ritmos festeiros e unha retranca propia do país. Se hai algo que nos define é que cantamos e contamos historias, historias que son nósas e comúns nas catro provincias da Galiza. Dende os nosos inicios mantemos unha proposta que mestura ritmo e melodía ca musicalidade da lingua galega.
Agora mesmo temos un disco no mercado co título do primoxénito da Balbina "Estomballada", e esperamos en breve ter máis cousas que contarvos.


A Compañia Do Ruido
http://www.facebook.com/acompaniadoruido
A compañía do Ruído está formada por sete persoas que dan vida a unha orixinal mistura de diferentes estilos. Destaca o escarnio nas súas letras, que mandan mensaxes combativos a través de ritmos bailables e divertidos. Folk, rock, ska, corridos mexicanos, rumba, punk, ou regaae, entran na batidora da Compañía, procurando unir así o divertimento, e a resistencia social.
Con dez anos de traxectoria, A Compañía do Ruído ofrece un directo sólido, dinámico, e contundente, cargado de enerxía, imaxinación, e bo humor.
Neste ano 2012 presenta o seu 5º traballo discográfico “ Había de chover merda”, e traballa na composición do seu espectáculo “ Isto é unha taberna, e aquí vense a cantar”.

A banda esta formada por:
Suso Bello. Voz, guitarra
Carlos Mariño: voz, guitarra
Nando Pérez: clarinete, saxofón
Sabela Olivares: piano, gaita
Juancho Rivas. Gaita, whistle
Manuel Blanco: Batería
ismael Guisande: Tuba



Festicultores Troupe
http://www.festicultores.com/
Los más experimentados cultivadores de fiestas de Galicia nos traerán los productos frescos de su cosecha: música, humor, baile y desinhibición cerebral. En cartera tienen dos espectáculos. Con E.G.F.A. (Exército Gherrilleiro das Festas Armadas) recorrieron las calles y los escenarios de Galicia, acompañaron a Manu Chao y Radiobemba en el fin de gira europea en Baiona (Francia) y en el 25 Aniversario del Che Guevara en Santa Clara (Cuba) y recorrieron paises como Serbia, Polonia, Francia o Portugal.
Ganaron el Premio del Público en el Festival Internacional Haizetara de Amorebieta y compartieron cartel con grupos internacionales como Gogol Bordello, Emir Kusturica & The En el Smoking Orchestra o Fanfare Ciocarlia. El año pasado presentaron nuevo espectáculo: Los Sadomusiquistas. Seis de las personas más tímidas del mundo consiguen transformar el sufrimiento en uno goce inimaginable mediante lo sadomusiquismo: el trance de tener que hacer el ridículo en público. Un espectáculo en el que Festicultores Troupe libera un tsunami de endorfinas que convierte cada verbena por la que pasan en la mayor pista de baile del mundo.


A A.R. De Xeve, ven celebrando dende a súa fundación no 1996 unha serie de eventos englobados nunha festa de carácter popular e participativo, chamóuselle inicialmente Festa da Asociación. Có tempo, tanto a Asociación como a festa foron medrando e así, foise convertendo no que hoxe chamamos Festixeve.
A pesares de que hai eventos durante a semana a parte máis importante concéntrase na fín de semana.
O sábado, orientado cara a mocidade, ten como elemento fundamental, actividades dirixidas fundamentalmente a ese sector da poboación, como os concertos do Festixeve. A noite soe ser longa, xa que despois dos concertos, que rematan a altas horas da maná, hai xogos e gincanas deportivas do máis divertido para os que aguanten o ritmo.
No domingo, considerado o día grande da festa, comezan pola mañá (e duran toda a xornada) os xogos populares, contacontos, inchables para nenos, exposicións culturais, etc. Na carballeira habilítanse mesas e bancos para o xantar, no que non falta o polbo á feira. Hai degustacións gastronómicas, teatro, e, como non, actuacións musicais e de baile tradicional.
Polo Festixeve pasaron xa grandes actuacións teatrais como a do grupo de títeres Tanxarina; monologuistas como Juanjo Rodicio; contacontos como Tamara Campos, animadores-creadores de divertimento como Cé orquestra pantasma; grupos de música tradicional como A Roda, Foula, Os Carunchos, Os diplomáticos do Acordeón, As Pandeireteiras de Soutomaior, As Cantareiras de Laxoso, O Tear de Llerena…Batucadas como Trópico de Grelos. Charangas como OT, Os Galochos, Os Encerellados de Campo Lameiro. E tamén tivemos concertos de grupos galegos de rok, folk, ska, etc: A compañía do Ruído, Os Cuchufellos, A Matraca Perversa, os Festicultores Troupe, The Turres Band, Ruxe Ruxe, A Tuna Rastaffari, Tanto Nos Ten, Skarnio, Cógito, Os Chiquilicuatres, O Sonoro Maxin, Os Tres Trebóns, Ulträqäns, etc.

¿ONDE ESTAMOS?
En Xeve, que foi un antigo concello situado entre os rios Lérez e Rons. Compónse de tres parroquias: Santa María de Xeve, San Martiño de Berducido e Santo André de Xeve. Foi absorbido polo municipio de Pontevedra a mediados do século XX. Santo André de Xeve é unha parroquia do concello de Pontevedra, sita entre os ríos Lérez e o río Fontáns aos pés do Monte Acibal. Exténdese ao longo da estrada PO 223, que une Pontevedra con Campo Lameiro. Componse de seis lugares, pero neste caso o que nos interesa é o lugar de Fragoso, último núcleo poboacional, preto xa do límite entre os concellos de Pontevedra e Campo Lameiro. Neste lugar hai unha zona chamada Campo de Vilar, á altura do km 7,2 da PO 223; un espacio de esparcemento onde, ademáis do campo de herba que lle da nome, hai unha pequena carballeira e un antigo colexio reconvertido en casa de cultura. Nese entorno celébrase tódolos anos, o último fín de semana de xullo, o Festixeve.

PARA MAIS INFO E CONTACTO: FESTIXEVE