XULLO 31 PRESENTACION DA ASOC. EI CARBALLEIRA! (MEIRO) BUEU

Domingo 31 de Xullo a partir das 14:00 horas.

Festa Presentación Asociación Cultural "Ei Carballeira!" no Bar Labranza (Meiro)  BUEU.



Xantar, foliada e concertos con membros de:





A TARANTELA RABUDA
TRÍO COHIBA
SKAKEO

+

BEATUS ILLE presentando novo disco

Xantar a prezos populares, concertos 2,5€

A Asociación “Ei Carballeira!” nace como un proxecto que pretende achegar a cultura a tódolos cidadáns, coa ilusión de chama-lo interese destes e xuntos promove-la cultura en tódolos seus ámbitos, dende os obradoiros ata o apoio a calquera tipo de expresión cultural, a loita pola conservación do noso patrimonio artístico e natural, e a interacción entre os diferentes colectivos. Queremos ser unha asociación aberta a todo e a todos, tendo como protagonista principal a un público partícipe e involucrado.