xuño 11 festival oubeade


Os Podridos, os rapaces da casa, os que levan máis de 17 anos facendo ruido en Ramón dos Pinos... O seu nome xa o di case todo "Os Podridos". Dous discos nos últimos dous anos, e moita festa nos puntos da xeografía nos que foron a parar. 8 mozos,que comparten o mesmo lema á hora de facer directos: "canto mellor o pase o público, mellor o pasan eles enriba do escenario". Unha banda que é sinónimo de FESTA!!



Saldos Arias fórmase en Vigo, Galiza, a partires da disolución do grupo "KGBEN",así en 2004 comezan os ensaios baixo o nome de "SALDOS ARIAS"...despois de varios meses,a banda queda definitivamente formada por: Peras á batería,Santi á guitarra, Gonzalo ó baixo, Carlos á guitarra e Simón ás voces.
O seu estilo de música reflicte as influenzas irremediablemente hacia o Punk-Rock Californiano. No verán de 2005 graban a súa 1ª Demo "Futuro Incierto" que os leva de xira por Galiza. En breve, está previsto que presenten un novo traballo en Vinilo nun proxecto conxunto con "Rockin´for tanga´s".

En 2004 disólvese "YNERCIA",banda de Metal que durante 4 anos extendeu a súa boa fama pola provincia de Pontevedra. Catro dos seus ex-compoñentes formaron "REPLYCA",unha volta de torca ó son anterior coa proposta enfocada principalmente ó directo.
Moitos son os lugares que contaron xa coas súas actuacións como poden ser A Estrada, S.de Compostela, Baiona, Cuntis, Chan da Lagoa, e moitos os festivales xa visitados por eles.
As súas influencias abarcan moitos estilos dentro do Metal, buscando principalmente un son que recorde ás bandas de Metal dos primeiros 90´s. Un estilo único, un son propio e un directo espectacular.

Os Vacalouras, os inventores do Pataca´n Roll, rapaces novos, de Teis case todos e cunha traxectoria curta, pero intensa. O ano pasado deixaron tan alto o pabellón nas festas de Sta.Ana que houbo que traelos de novo.
Temas cheos de inventiva, e música feita para rachar a rir seguindo o seu ritmo "Patacanrolleico" e o bo rollo que sempre desprende este grupo. Matamá,Valladares,A Estrada, Ferrol...non paran... Non aptos para persoas que queiran aburrirse.


Dende as aulas do conservatorio profesional de música de Vigo,chegan estes catro rapaces da comarca viguesa e do morrazo. Un exercicio de imaxinación percutiva chea de xuventude e sons novos. Ke-Perkusion foi fundado no 2010 e son moitas as actuacións nas que estes "percutas" dispuxeron os seus encantos musicais ante oidos de tódalas idades. A percusión...mola!.



Ensaian en Matamá, Ángel é o seu director, e xuntos (os 25-30 compoñentes) forman a batukada de perkusión brasileira máis festeira a este lado do Atlántico: Bate no Cobre.
Variados lugares e variado público que xa os disfrutou nalguns lugares coma Carnota,A Salgueira, Matamá, Tomiño e nos carnavais da nosa cidade na que, na edición 2011 puxeron a tocar e bailar a unha morea de percebes. Percusión...pura,dura e feita con forza!





O Espirito pónsenos Moreno se nos deixamos "queimar" polos raios das súas gaitas, requintas, cunchas, bombo e o seu tamboril. Folk do de aquí, feito con viño diante dun Alan-Bike que porán as primeiras notas no noso festival.Espirito Moreno!...e a bailar! 

mais informacion en www.oubeade.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario