XULLO 20,21 REVENIDAS VILAXOAN

Venres 20:

Los Mighty Calacas-México
The Booze-Francia-Irlanda
Dios ke Te Krew-Galiza
Guezos-Galiza

Sábado 21:
 

Os Cempés-Galiza
Skatalites-Xamaica
Esne Beltza-Euskadi
O Sonoro Maxín-Galiza
Bono ata o 25 de xuño :10 euros.
Entrada solta ata o 25 de xuño: 8 euros
Haberá moitas máis cousas de balde, coma sempre, sen faltar a sardiñada popular Revenidas.


PARA MERCAR OS ABONOS PICADE NO ENLACE:  REVENIDAS 

¿Que son As Revenidas?
Para comezar son: sardiñas salgadas e asadas na grella. Entón, ¿estamos falando dunha festa gastronómica? En Galicia todas o son, pero neste caso tras oito anos de traballo e aposta pola calidade, As Revenidas convertéronse en moito máis ca iso, sen menospreciar a sardiñada que congrega ao redor do parque a centos de persoas para disfrutar en familia da festa.
As Revenidas xa é unha cita anual imprescindible no calendario dos festivais galegos. Ao lado do mar, no pobo mariñeiro de Vilaxoán, reúnense cada mes de xullo artistas de dentro e de fóra, unidos por sons mestizos á vez que de marcado carácter popular. Artistas que acompañan e promoven a festa, e reivindican a cultura e o espazo público como patrimonio dos cidadáns. Inglés, galego, castelán, euskera.. todas as linguas teñen cabida neste encontro, que ademais de música tamén ten espazo para expresión artísticas como o teatro, o circo, a maxia…
Os concertos de ámbalas dúas xornadas serán de pago, pero a un prezo asumible polo público: 10 euros o abono de dous días e 8 euros o día solo, na venda anticipada. En taquilla o prezo subirá a 15 euros o abono e a 10 o día. O resto de actividades que terán lugar durante todo o día serán de balde, pero intentarase recadar fondos como todos os anos coa venda de bebidas e comida nas barras.
Trópico de Grelos, Espíritu Moreno e Os Terribles de Arousa animarán as tardes do festival, mentras Capitán Maravilla realizarán malabares e números de humor para todos os públicos. A Jaima Sáhara haberá actividades e música para recoller fondos para levar algo de música en directo ao pobo saharaui.
Habera tamén unha Gala do Circo, especial para As Revenidas nas que participarán: Peter Punk, OS Sete Magníficos + 1, Sue Moreno, Wilbur e Ruta Show Company.
E para rematar a noite os quebradiscos: EL GADZE, DZ SELECTOR, FRANKIE OMAR e QUIQUE CREBINSKY DJ.
Tedes todas fotos no flickr das Revenidas: www.flickr.com/photos/revenidas