BELADONA

Para escoitar BELADONA preme eiqui
Son:
Elena Paz (arpa, teclado e voz),
Jorge Juncal (teclado e acordeón),
Xosé Liz (bouzuki, requinto, ocarina e gaita), 
Antón Davila
Beladona é un grupo formado a finais do 92 .A calidade dos seus músicos, fai que graben e participen co mellor do panorama folk galego Uxía, Anubía, Susana Seivane, Lizgairo,Faltriqueira, Sondeseu, Aran...



O primeiro traballo discográfico (“Bicos de Sol” 2000) fundía dun xeito elegante e inimitable a maxia da música tradicional cos sons máis modernos e vanguardistas.







Branco roto 2011
Celebrando os dez anos da publicación do seu primeiro traballo discográfico. N nesta ocasión cun universo sonoro máis expandido, mantendo o mesmo tempo o característico valor estético de Beladona. A forza e a enerxía súmase neste caso coa madurez na elaboración , interpretación e producción nos temas da banda. Reflíctese ísto nunha música, pensada, reflexionada e traballada que fan de Beladona un dos grupos máis vanguardistas do momento.