CIRCIO


CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.


A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, no cal se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de alegría e tristeza. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo que unhas marionetas bailan ao cobrar vida.

Quen non soñou con bailar? Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu...





DIRECCIÓN: Manuel Cobas
 
DIRECCIÓN MUSICAL: Serxio Cobos
 

BAILARÍNS: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas e Serxio Cobos.
 

MÚSICOS: Laura Puga, Marcos Saburido, Alba Malvido, Patricia López, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.



Dirección de correo electrónico
circiodanza@gmail.com




musicaengalego circio
musica en galego circio