FUXAN OS VENTOS

Para escoitar FUXAN OS VENTOS preme eiqui

O grupo como tal adopta o nome de Fuxan os ventos no ano 1972, tras gañar cunha coa cancion fuxan os ventos o  III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo).

O seu repertorio, inicialmente formado por música folk universal e música popular galega, vai pouco a pouco inclinándose cara esta última, tanto na súa vertente estrictamente popular coma na de composición própia. O contacto coa realidade musical do país, a través das actuacións en núcleos rurais illados, fainos conscientes de que existe un riquísimo patrimonio cultural-musical descoñecido para grande parte da sociedade galega que cómpre dar a coñecer. As própias actuacións en lugares e aldeas permítenlle ao grupo 'recoller' centos de cantigas que os vellos e vellas do lugar gardan na memoria e que irán incorporando ao seu repertorio. Paralelamente, van adquirindo un compromiso  de oposición á dictadura e de reivindicación dun pobo, dun idioma e dunha cultura própia.

Os compoñentes de Fuxan os Ventos foron variando dende os seus comezos por diferentes circunstancias, chegando a pasar polo grupo até trinta persoas.

A comezos do ano 1983 prodúcese a última e definitiva modificación do grupo, abandonándoo dous dos seus compoñentes e incorporándose un trío de música tradicional. Isto vai repercutir nunha maior calidade nos arranxos e na interpretación do seu repertorio.


Desta nova etapa é fidel reflexo o sexto disco, Noutrora, gravado no ano 1984 con Fonomusic. Desde estes anos até 1989, sendo a sua ultima actuación publica no ano 1989 no festival de Agapito Marazuela, en Segovia (1989).
No 2002, Fuxan os Ventos edita o seu último traballo discográfico até a data, Na memoria dos tempos, con romances e melodías de cancioneiros tradicionais. O disco serviu tamén para reivindicar a memoria dun feito que non debe repetirse nunca máis: a catástrofe do Prestige, participando tamén nos concertos expansivos que se realizan en todo o país.

En 2007 participan no proxecto colectivo Pelo Gato 24, e en agosto dese mesmo ano actúan no Festival de Pardiñas (Guitiriz) cun pequeno repertorio, facendo o pregón-presentación da Feira de Artesáns. A repercusión desta actuación e a satisfacción do grupo ao reencontrarse co público son decisivas para facer Terra de Soños.



Na actualidade, os compoñentes de Fuxan os Ventos son:
Carme Vázquez, Xoán L. F. Saavedra, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruxa Fociños, Antón Castro, Xosé Vázquez e Pedro Lucas.


No ano 2008 gravan o disco e DVD terra de soños con numerosas colaboracions:_ Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxia, Mercedes Peón, Pepe Ferreirós, Nova Galega de Danza, Rodrigo Romaní, Miguel Lustres, Sabela Rodríguez.

A última actuación da que temos constancia foi o 26 de xuño de 2010 en ourense.



 Discografia:




Fuxan os ventos 1976








O tequeletequele 1977







Galicia canta o neno 1978








sementeira 1978









quen a soubera cantar 1981





noutrora 1984



sempre e máis dispois 1999



na memoria dos tempos 2002
Disco adicado a que nunca se esquenza a catastrofe do Prestige




Para máis info: fuxan os ventos

musica en galego fuxan os ventos