Guillermo Rojo Sánchez, nado na Coruña o 29 de marzo de 1947, na súa etapa de estudante de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, coincide coas mobilizacións estudantís compostelás de abril de 1968. Nese contexto, Guillermo Rojo participará no que será considerado o acto fundacional da Nova Canción Galega, o recital na Facultade de Medicina o 26 de abril de 1968 Diante dunhas 2000 persoas, e acompañado de Benedicto, Xavier, Xerardo Moscoso, e Vicente Araguas, Guillermo Rojo interpreta as cancións Quen tivera vinte anos, Tirade ao chan os fusiles, A vós irmáns e Señor, eu fun poeta. Deste xeito fica vencellado ao grupo que uns días despois conformará o colectivo Voces Ceibes, e participa tamén do seu concerto máis importante, o 1 de decembro do mesmo 1968 no cine Capitol de Compostela.
Guillermo Rojo é un dos membros do colectivo que gravará un traballo discográfico coa casa barcelonesa Edigsa, un EP de catro temas baixo o nome de “Guillermo” en 1968 . Para descargar a dixitalizacioón deste disco desde Sempre en Galiza preme eiqui
Malia isto, abandonará o colectivo xunto coa carreira musical no ano 1970. Na actualidade e membro da Real Academia de la Lengua Española.
musica en galego guillermo rojo