MIRO CASABELLA E A NOVA CANCION GALEGA
A traxectoria artística de Miro Casabella como compositor e cantante está estreitamente vencellada ao movemento da Nova Canción Galega e á historia contemporánea de Galicia. Dende a súa intensa etapa con Voces Ceibes, a finais da década de 1960, ata a súa participación no grupo Doa e logo o regreso en solitario despois duns anos de silencio, Miro Casabella puxo música e voz á poesía galega universal e aos poetas galegos contemporáneos. Comprometido con país, coa cultura e co idioma galego, algunhas das súas cancións son xa himnos, símbolos dun tempo.
Autor: XAN FRAGA
Editorial GALAXIA