MIRO CASABELLA

nado en Ferreira do Valadouro o 30 de agosto de 1946, emigrou a Barcelona en 1964, por estudos, ali gravou os seus primeiros discos no 1968: Miro canta as súas cancións e Miro canta Cantigas de Escarnho e Mal Dizer no 1969.
Miro integrouse no colectivo Voces Ceibes no 1968 e mesmo chegou a participar do seu concerto fundacional en Santiago, o1 de decembro daquel mesmo ano.
Na primavera de 1971 abandoa Voces Ceibes despois de ter participado o ano anterior  no I festival da cancion ibérica, xunto con Paco Ibañez, Luis Cilia Xavier Ribalta e José Afonso.
Tamén nese ano de 1970 tocou en Paris na Festa da Humanité, a festa doP.C.F. onde actuaron tamén figuras como Georges Moustaki, Paco Ibañez ou Joan Baez.

A partir de 1976 a desaparición da censura franquista propiciou tamén a aparición dos seus primeiros traballos longos.

A finais dos anos 70, Miro entrou en contacto co grupofolk DOA . A súa colaboración non foi máis alá de O son da estrela escura,1979 e rematou a principios dos anos 80.

Despois segue en solitario participando en varios discos colectivos e publicando orvallo no 2004, o seu ultimo traballo discografico en solitario polo de agora.

Na actualidade segue a dar concertos ao vivo (la voz de galicia 11/10/2011)


Discografia:




Miro canta as suas cancios 1968
Podes descargalo dixitalizado dende sempre en galiza





Miro canta cantigas de escarnho e de mal dizer 1969






O meu país 1972





Ti Galiza 1977











Treboada 1978












Orvallo 2004






Colectivos:
Galicia canta. Venezuela 1970






7 anos de cancion galega 1979











Galicia a José Afonso 1985









Está en nuestras manos. 2006
Amnistia Internacional
 











A voz da terra 2007 recopilatorio do Instituto Lucus Augusti












Miro Casabella tamén no facebook Miro