NARF

Para escoitar NARF preme eiqui

Narf é a identidade máis sintética e acústica de Fran Pérez, compositor e cantante galego que reparte a súa actividade entre o teatro e o rock. Sendo neste apartado un dos músicos máis recoñecidos da Galiza.

Árabe, flamenco, brasileiro, africano... as orixes da música de NARF son infinitas.

Cando un viaxa polo mundo adiante alimentado polo ansiedade de novas formas  no arte, é bo deixar pegadas sobre as encrucilladas de camiños para atopar o camiño de volta a casa.  Máis de 20 anos de camiño, con pouco máis ca unha guitarra ao lombo.
 
O seu segundo disco está composto por melodías pop que lle dan forma a sons de todo o mundo. Narf estivo a presentar en Inglaterra as súas novas cancións, de aí o nome do seu álbum: TOTEM (falcatruada 07).  Narf levantou este tótem cada día, con mimo e agarimo, con furia e paixón, aquí podemos atopar o canto delicado e o berro atroz, aquí están as fantasmas dos antergos, o choro dun neno, o beixo dun amante e os ollos no futuro.  Neste TOTEM tamén se poden escoitar as voces e ver as sombras daqueles que tiñeron a sorte de camiñar un cacho canda el.


 So Tambor










                              VÍDEOS.










musica en galego narf