“NATURALIDADE SILVESTRE” é un documental en torno a figura do cantante e compositor fenés ROGER DE FLOR, no que coa excusa de facer un seguimento da xira de presentación do seu derradeiro
disco, intentaremos coñecer mais a fondo a situación actual de tantos artistas de locais de pequeño aforo en Galicia, e por suposto, profundizar nas motivacións deste creador bohemio, autodidacta,
independente e noso.
2 INDICE:
01 . O FILME
03. O DIRECTOR
03. PERSOEIROS
04. OS MUSICOS
3 O FILME
Non me cabe a menor dúbida de que o tipo de personaxe
que é Roger de Flor chamaría a atención de calquera
cineasta con ganas de contar boas historias, relatos
humanos ademais, sobre persoas que viven, rin, aman,
sofren... Sen lugar a dúbidas Roger de Flor rompe con
moitos dos estereotipos da farándula, pola súa condición
de “crooner galego”, de artista en tempo de crise, de
bohemio atrapado nunha comarca industrialmente
fenecida, etc...
Ademais desto, a miña intención coma director foi a de
facer unha particular homenaxe a tódolos grupos e
artistas en xeral que loitan día a día por abrirse camiño
no difícil mundo da música. Trátase de contar unha
historia real, de persoas de carne e oso. Síntome
identificado con esta raza de creadores porque eles fan o
que desexan (ou o que poden) contra vento e marea, loitan polo que creen, e
exactamente esa mesma máxima, ven sendo a deste que lles escribe ate o día de hoxe.
Esta obra intenta falarnos de ilusións, de soños, de constancia, de pasión. Valores estes
últimos que parecen estar en perigo de extinción e que, como ninguén, reflicten Roger
de Flor e a súa música. Non pretendo facelo típico documental musical, en cambio, sí
aspiro a plasmala visión da loita honesta dos seus protagonistas por acadar un obxectivo
e conseguir levar a práctica o seu estilo de vida, na franca ilusión de mover mentes,
sensibilidades e corazóns a través de notas, acordes e palabras. Porque segue habendo
moitas cousas que dicir, moitas cousas que contar e que cantar... e alguén ten que
facelo.
Carlos Alberto Alonso
Director, guionista e productor.
4 O DIRECTOR
Carlos Alberto Alonso (Ferrol - A Coruña, 1970). Nos anos oitenta entra no mundo da
comunicación a través de esporádicas colaboracións de radio en Onda Obreira e Radio
Fene. En 1987 comeza a gravar os seus primeiros traballos en vídeo.
En 1993 e durante un ano, perpetra
para a televisión local de Narón o
programa musical "Gorevisión
TV".
En 1994 entra na Escola de Imaxe
e Son da Coruña, onde realiza
diversas curtametraxes, entre elas:
"Ave Fénix" (1994), “Cine Perla”
(1994) ou "The End" (1996), o seu
primeiro 35 mm. En 1996 grava un
videoclip para a TVG (Televisión de Galicia) co grupo Blood Filloas e baixo o título de
"Superheroe", dentro do espazo infantil-xuvenil "Xabarín Club". En 1998 trasládase a
Barcelona cunha bolsa da Deputación da Coruña, onde estuda Dirección
Cinematográfica e Guión no CECC (Centro de Estudos Cinematográficos de Cataluña).
Alí planea a súa seguinte curta en 35 mm, rodada en Monfero (A Coruña) e inspirada
nun relato do escritor mozambicano Mia Couto, "As Muxicas", multipremiada (13
galardóns e máis de 160 seleccións en festivais) e, ata a data, a súa derradeira
curtametraxe de ficción.
Dende Cataluña colabora coa peza "Nunca Máis?" na longametraxe "Hai que botalos"
co gallo das eleccións autonómicas galegas de 2005. Tras oito anos de ausencia, volve a
Galicia e de xuño a decembro de 2006 e 2007 traballa como axudante de realización no
primeiro programa de telerrealidade da TVG, "A casa de 1906" e "A casa de 1907", no
que se ocupa ademais da dirección do capítulo que pecha a primeira temporada "Así se
fixo A casa de 1906". Na actualidade, mentres anda na procura da infraestrutura
axeitada para facer realidade a longametraxe de fición "Beladona", ocúpase de poñerlle
imaxes á música do fenés Roger de Flor, en video clips como "Una desconocida más",
"Cuanto hay que aguantar", "Días monótonos" ou "Os dous amigos". O seu último
traballo foi ocuparse do apartado audiovisual da obra de Berrobamban “Pressing
Catch”. Web: www.asmuxicas.com
5
PERSOEIROS
BELÉN REGUEIRA, nada no 1977, é unha das comunicadoras máis novas e con máis
ganas de sacar do inmobilismo a cultura galega. Dende que comezou a súa carreira
profesional como xornalista no programa Chambo, na TVG, o seu traballo caracterízase
por achegarnos todo o que acontece no panorama musical, literario, do mundo da banda
deseñada, de cine e todo o que estea de actualidade non só en Galicia, se non tamén no
resto do mundo. A Belén asociámola con multitude de programas, dende Chambo ata a
Revista Fin de Semana, Tardes con Ana, o matinal Bos días, A Revista e fai poucos
anos presentadora da gala A polo ghit na TVG e na radio cos programas Antípodas. Un
programa de aquí. (dentro de Radiofusión con Tomás Lijó) ou o Extrarradio na RG con
Eduardo Herrero.
NONITO PEREIRA (Crítico Musical). Iniciou a sua labor profesional no ano 1964
como pinchadiscos no Playa Club de A Coruña alternando o seu traballo coa
preparación de audicións musicais en torno ao Jazz. No 1967 dirixe e presenta en Radio
Juventud de A Coruña un programa de Jazz para ampliar posteriormente a sua
actividade radiofónica a outros estilos musicais e outras emisoras (SER, RNE). No 1978
colabora coa cadea COPE de Ferrol onde pon en marcha a programación autónoma de
FM Estéreo -La Radio Feliz- para o que crea "Nosa", a primeira productora radiofónica
galega que foi o primeiro intento de facer en Galicia unha FM musical. No 1983, é
nomeado Xefe de programas de Antena 3 Galicia e posteriormente coordinador musical
das diferentes emisoras da cadea. No 1986 ocupa o cargo de director de Radio Minuto
en A Coruña. Foi delegado da CECOM -Cadena Española de Comentaristas Musicalesen
Galicia así como representante da Cadena Latinoamericana de Comentaristas
Musicales. Como asesor musical do Concello da Coruña puxo en marcha o "Noroeste
Pop Rock" que chegaría a convertirse nun dos acontecementos musicais máis
importantes de España. En prensa colaborou en diversas revistas especializadas
(Actividad Discográfica e Mundo Joven), na Voz de Galicia, onde creou o primeiro
suplemento musical galego "Voz Joven" e el Ideal Gallego. Na TVG presentou no 1992
o programa "Radio Onte", que alcanzou unha importante audiencia ao longo das suas 26
edicions. Na actualidade colabora en diversos programas da Radio Galega. Como
comentarista musical basa o seu traballo na sobriedade e a precisión informativa.
6
PEPE CUNHA (Crítico Musical). Afeccionado á música e á radio desde que ten
memoria, o ferrolán Pepe Cunha inicia a súa faceta pública ao remate da súa formación
universitaria, coma invitado nun programa sobre The Kinks na coruñesa CUAC FM.
Inmediatamente entra na tamén universitaria Radio Kaos con varios programas musicais
e de axenda cultural, fórmula que tamén proba en Radio Fene. Escribe sobre discos e
concertos no Diario de Ferrol, pincha en varios locais da noite ferrolá, participa na
creación e primeira etapa de Rádio FilispiM, escribe nota de prensa para algún grupo e
publica en medios coma Xornal de Galicia. Desde o ano 2002 mantén na Rede o portal
(abretedeorellas.com).
LUIS MAQUIEIRA (Artesán, poeta e amigo). Navegante, viaxeiro, artesán,
empresario, filósofo e poeta (ten varios libros de poesía publicados) son algunhas das
facetas que este home desempeñou ó longo da súa vida. Actualmente reside ao pé do
castelo de Andrade (Nogueirosa, Pontedeume) adicándose á construcción de xoguetes
de madeira para nenos e aos seus escritos. Protagonista xunto ao Marqués das Viñas e
Roger de Flor da canción “Os dous amigos” e do seu correspondente vídeo clip. Vive
nunha fermosa casa ao pé do Castelo de Andrade na parroquia de Nogueirosa,
Pontedeume (A Coruña).
NICOLAS VIDAL (Xornalista e escritor). Licenciado en Xeografía e Historia nas
ramas de Historia da Arte e Historia de Galiza. Máster en Medios de Comunicación.
Xornalista con ampla experiencia en temas culturais, e asemade musicais, nos que se
especializou en Diario de Ferrol, periódico onde foi responsable catro anos do seu
suplemento dominical de cultura "Nordesía". É un dos organizadores do festival
independente Felipop Limodre, Fene), en pé dende o ano 1999. Está a piques de
publicar o seu primeiro libro sobre xornalismo, traballo co que gañou o pasado ano o
premio "Ánxel Fole". Guionista nas series “Terra de Miranda”, “Mareas Vivas” e no
programa televisivo “Luar”.
J. LUIS IÑIGUEZ (Crítico Musical). Vilasantar, 1961. A pesar de vivir do ensino leva
media vida metido no mundo da música desde que lle regalaron o seu primeiro
tocadiscos a finais dos 70, dende entón non deixou de mercar discos. No ano 1978
estivo na organización dun festival de rock na Sala Perla en Perlío. En 1985 entra en
Onda Obreira, pioneira da radio en Ferrolterra. Dende 1986 colabora semanalmente en
Radio Fene, convertendo o seu programa no máis lonxevo do panorama radiofónico
galego. A finais dos oitenta comeza a publicar o fanzine 18Rodas. No principio dos 90 é
parte do triunvirato que da forma a o selo discográfico Gal&Cia, que abandonan ao
cabo de catro anos. No ano 1992 da funda o grupo Los Huéspedes Felices cos que segue
hoxe en día. Dende o ano 1999 é parte da Asociación Cultural Felicia, responsables do
Felipop, o festival non gratuíto máis importante de Galicia (http://www.felipop.com/).
7
VICENTE ARAGUAS (Xornalista, escritor, Músico ex-Voces Ceibes). Nado en Xuvia
(Neda) o 24 de decembro de 1950, foi un dos fundadores do grupo Voces Ceibes en
1968. Estudiou en Santiago de Compostela Filosofía e Letras (Filoloxía Inglesa) onde
entrou en contacto con galeguistas e nacionalistas, decisivos para que comezase a
escribir en galego. En 1968 deu os seus primeiros recitais como cantautor, ao tempo que
participou nas manifestacións universitarias que se realizaron nese ano en Compostela.
No curso 1972-1973 deu clases de español en Glasgow, e é aquí onde comezou a
escribir os seus primeiros poemas que formarán “Paisaxe de Glasgow”. Desde setembro
de 1974 reside en Madrid. Actualmente exerce a docencia no centro educativo Logos,
sito en Las Rozas, Comunidade de Madrid. Comparte a actividade docente coa de
crítico literario en Leer e Revista de Libros e columnista no Diario de Ferrol e El Correo
Gallego. Por esta última actividade acadou o Premio Reimóndez Portela de Xornalismo.
Ademais Vicente Araguas é Pedrón de Honra, Insignia de Ouro de Ferrol e Fillo
Predilecto de Neda. Os seus poemas están en diferentes escolmas de poesía galega, a
última, "Poetízate", tendo sido traducido ao italiano por Emilio Coco e ao catalán por
Manuel Costa-Pau.
HENRIQUE MANUEL SANFIZ (Xornalista). A Coruña, 1962. Dirixe na actualidade
Radiofusión, a emisora municipal do Concello de Fene. Tamén coordina a
programación conxunta que se realiza dende Fene para as Emisoras Municipais
Galegas. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de
Compostela (1985) impartiu conferencias sobre temas de historia e de comunicación
local. E autor do libro sobre Radio Municipal en Galicia publicado por Edicións Lea en
1993. Ademais participou na redacción das historias das parroquias de Maniños,
Barallobre e O Seixo. Foi dende 1985 director de Radio Fene, a emisora municipal
decana de Galicia. Participou na fundación da asociación Emisoras Municipais Galegas
e ocupa dende 1989 a secretaría desta entidade. Presentou ponencias en numerosos
encontros e xornadas sobre a comunicación local. Entre outras acudiu a Barcelona e
Zaragoza (1988) Pontevedra (1989) París (1991) Santiago, Silleda (1992) Ourense
(1993) Cedeira (1995) Jerez de la Frontera (1997) Vigo (1998) Redondela (1999)
Barcelona (2000) Redondela (2002) Santiago (2003) Barcelona e Santiago (2006). E
tamén licenciado en Arte, Historia e Xeografía de Galicia pola Facultade de Xeografía e
Historia da Universidade de Santiago de Compostela (1985)
(http://www.radiofusion.eu).
8
OS MUSICOS
ROGER DE FLOR (Músico). Logo de participar nunha infinidade de proxectos na súa
carreira como o grupo de rock ´n´roll ferrolán Bang 74
ou o dúo "La Sociedad Protectora del Hombre Mono",
De Flor enceta a súa andaina en solitario a principios
do 2007 coa presentación da súa primeira maqueta
"Canciones de amor y retranca".Tras ter percorrido
boa parte de Galicia presentando o seu primeiro
traballo,con gran acollida de crítica e público, retírase
temporalmente dos directos para participar na
gravación de varios videoclips, entre eles, o da canción
"Os dous amigos", segunda finalista no concurso "A
polo ghit",organizado pola Radio Galega e o portal
cibernético Vieiros, e na composición e posterior gravación das súas novas creacións,
incluídas no disco"Naturalidad Silvestre", no que se poden atopar estilos como o swing,
pop, country, balada, sempre co toque persoal e humorístico que De Flor imprime as
súas cancións que navegan no ronsel dun Burt Bacharach, un Ray Davies ou unhas
Vainica Doble. O citado disco levouno a presentalo polas capitais e outros lugares da
xeografía galega, Portugal, Madrid, País Vasco, León, etc.... Actualmente ultima a
inminente xira de presentación do documental que protagoniza.
(www.myspace.com/rogerdeflor).
MAGIN BLANCO (Músico). A día de hoxe o músico rués está a vivir unha segunda
xuventude artística. Despois de dez anos sen gravar o ano pasado sacou o disco “Ella”
(PAI, 2006), o pasado ano participou cunha canción no concurso ApoloGhit! e fai
poucos meses presentou un novo álbum en solitario “Realidad” (PAI). Case sen pausa
despois de “Ella” Magín volveu a entrar nos estudios Casa de Tolos para sacar este
traballo que presentou nas instalacións do Fnac na Coruña. “Realidad”, está tecido
cunha colección de cancións, a medio camiño entre a música de autor e o pop, seguindo
a liña intimista iniciada no seu primeiro disco, pero cunhas melodías mais vitalistas e
coidadosamente arranxadas. Magín gravou os seus primeiros temas en 1987 con outras
formacións e en 1988 tivo o seu primeiro disco propio “La Rosa” coa discográfica
Edigal (maginblanco.blogspot.com).
O MARQUES DAS VIÑAS (Músico e amigo). Trovador, pensador e filósofo da vida
nado na parroquia aresana de Cervás (Ferrolterra), coétaneo de cantautores galegos dos
anos 70 coma Luís Emilio Batallán, Xoan Rubia ou Vicente Araguas, a súa principal
ocupación é o cultivo e venta de flores que compaxina coa súa faceta de músico,
facendo de cego co seu charango ou guitarra e cantando coplas de escarnio e maldicer
en feiras de toda Galicia e Portugal. Protagonista xunto ao Luis Maquieira e Roger de
Flor da canción “Os dous amigos” e do seu correspondente vídeo clip.
9
SERGEI ISMAILOV (Batería). Foi no convulso comezo dos anos 90 cando debutou
coma batería dos “Huespedes Felices”. O seu espiritu inquedo e unha incontrolable
creatividade saen a luz compoñendo cancións dende moi novo, pero que non son
mostradas ate o ano 2003, momento no que xorden “Los Cosmonautas Rusos”, proxecto
personalismo que conta cunha infinidade de colaboracións nos seus títulos de crédito.
No ano 2007, convertese no Sancho Panza do Quixote “Roger de Flor”, e dende e entón
acompaña ao bardo fenés en (casi) todas e cada unha das súas actuacións
(http://www.myspace.com/loscosmonautasrusos).
O NENO ELLIOTT (Músico). Comeza a súa traxectoria musical á temperá idade de
13 anos, despois de pasar por diferentes bandas xorden os Blood Filloas. No ano 2002
reinventase como Boy Elliott, participa na recompilación homenaxe a Andrés do Barro
"Manifesto Dobarrista", queda 4º no concurso Indiecanciones da sala madrileña
Contraclub, e en agosto de 2008, Boy Elliott & The Plastic Bags conseguen con
“Planeta 19” o Premio do Xurado no Apologhit 2008, organizado pola Radio Galega e o
xornal dixital Vieiros, co que son seleccionados como representantes de Galicia no Liet
Lavlut, Euro-Festival de Linguas Minorizadas na Laponia Sueca (www.boyelliott.com)
CABE (Guitarrista). Juan Antonio Cabezón (máis coñecido como Cabe) é un
guitarrista, xardineiro no seu tempo libre, que comezou a súa andadura no ano 1998
sendo un dos fundadores do grupo de rock Malpaso. Dende entón ten militado
ininterrompidamente en multitude de formacións, entre elas Trastones, Brendefolk, Con
Cierto Swing, Os Cempes, etc... A día de hoxe e demostrando unha envidiable
capacidade de traballo e un sorprendente don da ubicuidade, é peza fundamental en
grupos como Mr Dixie Jazz Band, Los Tigres del Cañotas, Bellon & Maceiras Quinteto,
Harry Navisson Band, Roger de Flor e os Silvestres, etc...
(http://www.myspace.com/juancabezon)