NOVEMBRO 12 SAN RESAQUIÑO San Martiño Abelendo Moaña.

o sábado 12 as 20:00
Casa da Cultura de San Martiño (Abelendo-Moaña)

 
 
 Volveremos contar coa participación da Treboada do Ghato que por terceiro ano consecutivo se achegarán a Moaña para encher as nosas rúas co son dos seus incribles bombos, que semellan, como ben o seu nome indica, o son dunha treboada. Sairán da casa da cultura ás 20:00 e despois de recorrer a parroquia voltarán alí para rematar a súa actuación e dar comezo ós concertos ás 21:30.

Os grupos cos que contaremos este ano serán:

Samu a “Caraperro”
-> é membro do grupo punk “Mala Racha” (Marín, Santomé) e nos sorprende en solitario coa súa guitarra electroacústica cunha serie de cancións sobre os colegas, a vida no seu pobo, etc. cunha denotada raíz punk. Estará con nós para amenizarnos o cambio entre os demais grupos, polo que poderedes disfrutar do seu espectáculo o longo da noite.

Thee Blind Crows -> grupo pontevedrés que mestura blues, garage e punk de moita calidade sendo só dous compoñentes, guitarra e batería.

Ocekaos -> grupo de Moaña de hip-hop que pese a levar pouco tempo xa están triunfando co seu estilo tan propio.

Falperry´s -> este grupo os que acudistes o ano pasado xa o coñeceredes. Para os que non, dicirvos que fan unha mestura entre folk-mugre-punk ainda que eles mesmos definen a súa música como tabernaria. Ainda que so teñen unha maqueta os seus membros levan xa un longo percorrido con grupos como Skacha, Motor Perkins ou Extremidadex Pelijrosas