OS CARUNCHOS



Para escoitar os carunchos preme eiqui

OS CARUNCHOS son:

Luis - Voz, Gaita, Zanfona, Requinta e Percusion.

Pablo - Voz, Gaita e Acordeon.

Alberto - Voz, Percusion e Gaita

Juan - Voz, Gaita, Zanfona e Percusion.

Isaac - Voz e Percusion.


Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país.

Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira festa chea de forza e diversión.

DISCOGRAFIA :

Cantares (2016)

Agora mesmo celebrando os seus 20 anos de vivencias... Os Carunchos presentan o seu sexto traballo discográfico.


OS CARUNCHOS ofrécennos CANTARES, novo traballo discográfico con 17 pezas, o sexto na sua longa traxectoria adicada a música tradicional.

Como sempre, móvenos a necesidade primaria de facer e compartir música galega para o baile e a festa, así como ofrecer a nosa pequena achega ao repertorio gaiteiro.

Melodías cantadas ao redor (unha vez máis) da poesía popular, de letras propias e, máis que nunca, nadas da necesidade de musicar aos poetas. Rosalía, Manuel María, Celso Emilio Ferreiro, Darío Xohán Cabana, Manolo Pipas e Carlos Fontes están presentes en temas pendurados dos fíos trenzados da nosa tradición musical.

Nos nosos directos queremos amosar a nosa interpretación da música galega popularl, sustentada na variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da poesía popular, dos vellos e novos romances. Querendo facer da nosa actuación unha verdadeira festa na que o público poida sentirse partícipe.


2013 ti que ? 

Os Carunchos cumpren 18 anos con novo disco, neste quinto traballo discográfico ofrécennos a súa música tradicional, sempre comprometida no social, cultural e coa natureza. Combater desigualdades, inxustizas que a todos nos desacougan acotío, pero sin deixar  a troula, o baile, e a festa que tanto os define.


Autoeditado co selo Pai Musica e distribuido por Inquedanzas Sonoras este quinto disco de Os Carunchos gravado en Casa de Tolos presenta temas que na súa maioría son de composición propia e que falan de temas de actualidade. 

Os Carunchos despertan en “Ti que?” o seu lado máis reivindicativo para falar sobre a violencia de xénero, a contaminación do mar, o conflito en Oriente Medio ou as diferenzas entre ricos e pobres. 

Todo isto nun álbum que eles mesmos califican como o máis plural de todos os seus traballos, “tanto en timbres, como en instrumentos e composicións”.




En galego 2009,  mozos e mozas, vellos e vellas, nenos e nenas, tonios e tonias, aquí está este traballo novo e fresco destes traballadores e traballadoras da música do país, da auténtica, da de raíz, da que sae dos peitos rexos e nobres d@s que non só tocan e cantan "que nin dios", senón que ademáis gózana e vívena para que tod@s aprendamos a amala e a sentir o orgullo de sermos galegos. Facendo país. Agardábamos ansiosos as novas pezas e coplas. Xa, "¡Sen tempo non era!". Chegou o momento de vivir e compartir outra vez a emoción e a ledicia das vosas xotas, valses, muiñeiras, rumbas ... sen límite. Na pre-festa, na festa e na post-festa. Con vós, sempre FESTA: sempre aberta, descomunal, rotunda ... ¡rachada! De Gondomar a Muros, de Carboeiro a Couso, da Baña a Bretoña, de Pardiñas a "Montealegre". CARUNCHOS, se vós tocades, nós bailamos: "pra vós estamos nós", que diría o Ghaiteiriño de Aldán.
¿Sabedes o que vós dicimos a tod@s e cada un e unha de vós? "Ti, pa min, xa vales". Sempre en Galiza, sempre ... ¡EN GALEGO!

Montealegre 2005, gravado para festexar o décimo aniversario, nel aparecen novos instrumentos e temas tanto tradicionais como de diversos compositores da nosa terra.
Unha vez mais apostamos pola nosa cultura facendo un disco fresco e cheo de ritmo, apostando pola nosa lingua e polos nosos instrumentos, rescatando vellas cantigas e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega.


Sen tempo non era 2002  editado por Zouma Records. Incluen novos instrumentos no son do grupo, como o óboe, a frauta traveseira e maila requinta, e seguen a empregar letras de autor e compoñendo algunhas das súas melodías.





No ano 1998 gravan o seu primeiro CD que leva por nome ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. Neste traballo fan un resumo dos seus primeiros catro anos de vida gravando nel cantigas e melodías de nova composición, mesturados cos máis antigos romances ou pezas populares.









CONTACTO:

Luis Correa 666 83 80 74

oscarunchos@gmail.com

https://www.facebook.com/OS.CARUNCHOS/?fref=ts


Promoción: Xusto Molejón  xusto@inquedanzas.com | 638 676 259