VAAMONDE, LAMAS & ROMERO

Tarda un chisco en cargar, dadelle o play e a video


O “león do Mesón” a “liebre de Cecebre”  e a  “pantera de Mera”, o trío máis retranqueiro da música galega renóvase e preséntanos a súa nova proposta escénica cun repertorio composto exclusivamente por temas dunha única formación da historia de Galicia: Os Trintas de Trives.

Como xa nos teñen acostumados, Suso Vaamonde, Pedro Lamas e Xosé Lois Romero, ofrécennos a súa particular visión cómica e desprexuizada deste cuarteto que triunfou hai máis dun século aquí e alén das nosas fronteiras e cuxa traxectoria é un cúmulo de singularidades, anécdotas e vangardismo. O cosmopolitismo na montaña ourensá.

Vaamonde, Lamas & Romero son boa música e mellor humor. Un bálsamo terapéutico e liberador para estes tempos de crise.



O TAMBOR DE PRATA "Aventuras e desventuras de Os Trintas de Trives"
CD + DVD

Segundo álbum deste trío no que demostran a súa mestría e capacidade coma músicos e artistas de primeira división.

Un traballo inspirado na banda galega Os Trintas de Trives, uns músicos xa modernos para o ano 1910. No mesmo formato atopamos o DVD gravado ao vivo no que tocan xunto coa Banda Sinfónica da Coruña durante un concerto celebrado no Pazo da Ópera: unha experiencia musical chea de humor





CD: 1. Polca Do 29  2. Os Trintas Coa Banda Municipal Da Coruña  3. Cantos Asturianos  4. El Club  5. Blanca O Negra  6. Canto De Seitura De Trives Coa Banda Municipal Da Coruña  7. A Desperniquebradeira  8. La Alegría De La Huerta 9. Pasodobre Dos Trabazos  10. Villoria Coa Banda Municipal Da Coruña
DVD: 1. Os Trintas  2. A Miña Burriña  3. A Desperniquebradeira  4. Foliada De San Pedro De Visma  5. Canto De Seitura De Trives  6. Polca Do 29  7. Unha Noite Na Fraga  8. Villoria  9. La Alegría De La Huerta  10. Os Trintas (Bis)


Para máis info: Vaamonde, Lamas  & Romero

musica en galego vaamonde lamas & romero