XULLO 6,7 ARDEKALDAS 2012


Festival Ardekaldas:

10 grupos de música + 2 DJ's + Acampada Gratuíta

6 e 7 de Xullo no Campo da Torre de Caldas de Reis con entrada de balde

Presentado por "Uñas Sucias"


Venres, 6 de Xullo ______________________________________________________________________
The Skarnivals (Ska, Bueu) A banda antes coñecida como Skakeo é unha banda galega nada en 2009. Unha mestura de ritmos e estilos xunto cun potente directo e letras reivindicativas.
______________________________________________________________________
Belöp (Indie Pop, Redondela) nada en Redondela en 2007, foise dando a coñecer cun son moi bailable, e sobre todo, polos seus incribles directos nos que o público é un máis no escenario. En 2008 gravaron a súa primeira maqueta, Sometimes People Need Something Like This, cunha gran acollida en internet. Isto permitiulles presentala por toda España, compartindo escenario con grupos nacionais como Stereotipos, Second ou os internacionais Industry Royal. O seu primeiro traballo chamase Dancing With A Purple Octopus. Moitos medios calificaos como a nova promesa do indie galego. Pero non so a prensa aclamaos, senón tamén unha cantidade de premios. En 2009 foron galardoados co “Maketón Estrella Galicia” de Los 40 Principales levándose o premio á “Mejor Maketa del año 2009″, e tamén levaron o Queixo Maquetón de Arzúa. Gañaron o premio MúsicaXove 2010 e o 5º certame MillaRock para grupos noveles. Todo isto os levou a telonear a Macaco no festival 40 en XCB e a realizar máis e máis concertos por toda a xeografía española.
______________________________________________________________________
Amigos do Muíño (Taberna, Caldas de Reis) Banda da taberna galega que canta cancións tradicionais galegas e latinoamericanas e cancións modernas, fundada na Taberna Galega O’ Muíño entre as cuadrillas de amigos que van tomalo viño ás fins de semana.
______________________________________________________________________
Krömer (Metal, Caldas de Reis) Banda de metal influenciados por grupos como Led Zeppelin ou Pantera.
______________________________________________________________________
Uñas Sucias Metal Fussion (DJ/Metal, Caldas de Reis) DJ con influencias do metal e o heavy metal.






Sábado, 7 de Xullo
______________________________________________________________________
Bastards on Parade (Folk-Punk, A Coruña) revolucionou a escena folk galega cos seus ritmos celtas acelerados e baterías contundentes, separándose da etiqueta folk acuñada por outras bandas de Galicia. Bastards on Parade soa a verde, a mar, a cancións de piratas e a whisky. Se ó punk rock lle engadimos gaitas, cambiamos as xarras de cervexa por pintas e dedicamos os temas máis etílicos ó whisky antes que ó viño, obtemos algo parecido a TALES FROM THE DEATH SHORE, a última aportación dos galegos BASTARDS ON PAREDE ó popular estilo do Punk Celta. Hoxe en día falar de Bastards on Parade é falar da mellor banda de Punk-rock-Folk de Galicia e unha das máis destacadas do panorama musical estatal, Agora Bastards on Parade preséntanos o seu novo disco Tales From the Death Shore.
______________________________________________________________________
Neuroband (Rock Bravú, A Illa de Arousa) É un grupo conformado por Manuel Seixas, Xurxo Romero, Nicolás Leal, Edgar Santorum e Víctor García “karallada” da Illa da Arousa.
______________________________________________________________________


Thee Blind Crows (Garage, Pontevedra) Non é algo excesivamente novedoso o feito de que unha banda a conformen so dous membros, nin que cunha guitarra e unha batería podase conseguir que a música soe poderosa e potente sen necesidade de que un baixo acompañe, pero si o é que o resultado sexa tan bestialmente prometedor, que sexan de Pontevedra, e que non sexan uns músicos curtidos en mil bandas de renome os que conformen o grupo. O EP da súa presentación confórmano cinco temazos sen parangón, que destilan Garage, Blues e R’n’R por tódolos seus poros, cunha actitude Punk descomunal e que soan a Cramps, á Spencer ou a R.L. Burnside, no que demóstranos do que é capaz de facer cun slide, unha guitarra e acompañado dunha voz tremenda, facturando riffs que parecen saídos del mesmísimo Delta.
______________________________________________________________________
Clover (Noise-Pop, Vigo) É algo peculiar. Comeza como un proxecto de habitación, dunha soa persoa, para dar renda solta a unha serie de paixóns que non encontraban o seu lugar en outros espazos. O resultado desta primeira etapa é o disco "Modern Disgraces" (2010), unha odisea de ambient-pop instrumental que non escatima en recursos experimentais. Xa en 2011 José Prol únese ó proxecto, que continúa coa súa vocación intimista. Tras unha serie de concertos electro acústicos altamente incomprendidos, o dúo decide explorar a súa paixón polo groove pop e o ruído, gravando en Abril "The stolen beats", un disco a dous guitarras e sampler: un novo viaxe de 1 hora gravado nunha soa sesión, sen cortes nin pausas, sen overdubs. A finais de ano o dúo decide, trala gravación dunha enfermiza sesión chamada "Drones" continuar expandindo os seus horizontes contando cos servizos de Adrián Pérez e Saúl Nuñez, batería e baixo respectivamente e ex sección rítmica de Thee Possums.
______________________________________________________________________
FCW: Rumorease que FCW creouse na casa de Seven, onde xunto con Some, decidiron formar un grupo de rap que levaría o nome de fighters crew, pouco máis tarde uniríase Zeecray e Bort. Some foi o primeiro en subir unha canción á web. E chegados a este punto sobre o 2010 Fighters crew creou a súa primeira maqueta, un traballo que axudou a mellorar e a pensar que currando, as cousas poden sair ben. E así foi, pronto uniuse tamén Esse e pasou de chamarse fighters crew a FCW. No 2011 cada membro sacou a súa maqueta en solitario para volver a xuntarse no 2012 debutando en concerto no “Mundo Vermello” de Vilagarcía.
______________________________________________________________________
DJ Who: DJ con influencias da psicodelia, rock, punk, ou rockabilly.


Outras actividades do festival
Mercadillo Artesanal
Pedimos permiso ó Concello de Caldas de Reis para por o Campo da Torre para a realización do mercadillo artesanal nas inmediacións de recinto de concertos.
Acampada Gratuíta
Zona de acampada nunha finca da estrada de Vilagarcía na noite do 7 de xullo para evitar posibles accidentes de tráfico.
Torneo de Waterpolo
Encontro de clubes de Waterpolo no malecón o sábado e o domingo.
Pasarrúas
Actuacións da Agrupación de Guitarras da Escola de Música Municipal e o grupo de música taberneira Amigos do Muíño polas rúas cércanas o recinto.
Colchonetas
Colchonetas para nenos o sábado e o domingo todo o día.
Graff ao vivo
Exhibición en vivo de graffiteiros durante o festival.
Exhibición deportiva
O Gym Vital de Caldas realizará unha exhibición deportiva no recinto do Campo da Torre o sábado.
Post Party
Festa Post Party no locais organizadores durante as madrugadas dos do venres e o sábado. Pub Gárgola con DJ Moe, Pub Axé Brasil, Pub Tía Maruja e Pub O Curruncho da Morte


Acampada Gratuíta, Mercadillo, Pasarrúas, colchonetas, Encontro de waterpolo...

+ Info: www.zonaafectada.org, facebook e Twitter

A liala!
Vemonos ali.