Patri Gonzalez (Pandeireta, culleres e voz).
Carlos Sabariz, Pelouro(bombo e pratos).
Suso Comesaña (Gaitas en Do e La, saxo soprano, piñas e voz).
Juan Comesaña, Viti (Tamboril, caixa, culleres, triangulo).
Nacho Alvarez (Acordeon, choca, e voz).
Bieito Lobariñas (Gaita en Do e La, zanfona, pandeiro, cunchas e voz)
Zurrumalla naceu como grupo ala por febreiro do ano 2000 cando un grupo de amigos decidiron dar pulo os seus anceios e inquedanzas musicais. Desde o inicio, co esforzo e o tempo roubado aos seus quefaceres cotiáns para ensaios por acá e acolá, foron quen de ilusionarsee gozar coas notas que ían arrincando á historia e tradición musical da terra. Arredor dela crearon un universo no que se sinten unidos, ledos e orgullosos.
O sus desexo e compartir ese gozo, ledicia e orgullo amais de que entre todos e todas, dignifiquemos tradición. Por iso, durante estes anos da vida do grupo, ao longo dos moitos concertos pola xeografía do pais, procuran ofrecer o mellor como gaiteiros peden arrincas de si mesmos.
"Camiño por tí"(2016) tráenos novas pezas de moi variados estilos e gustos, pero co carácter e son particular desta formación que camiña entre a tradición e a innovación , interpretando unha mínima parte da inmensidade da cultura musical galega, para deleitanos con 17 pezas tan frescas como evocadoras.
Zurrumalla - Rumba do Titanis
Con botarlle unha ollada ao libreto, dámonos conta de que este traballo é moi particular para os Zurrumalla; nin mais nin menos é un agradecemento constante, homenaxes sentidos, pezas do camiñar, dende a primeira, “Pasodobre por ti”, unha peza dos seus amigos da mariña Guardesa, ata a última,”Pousa”, agasallo en forma de “bonus track”, unha versión que o grupo montou para o programa da Televisión Galega “No bico un cantar”.
Promoción: Xusto Molejón ·
xusto@inquedanzas.com | 638 676 25
DISCOGRAFIA PREVIA:
O que había e... o que hai,(2012) ilustrativo título no que recollen pezas do antigo repertorio e temas de nova factura. "Constatamos que había material musical vencellado a nós que nos daba mágoa desbotar e por iso decidimos facer un dobre cedé, no que a primeira parte vai adicada ás pezas que tocamos ao longo dos primeiros oito anos de andaina e a segunda vai centrada nos temas dos últimos tempos, que teñen a peculiaridade de ser todos eles de composición propia", sinalan os Zurrumalla.
CONTACTO:
zurrumalla@live.com
facebook.com/zurrumalla
zurrumalla.wordpress.com
609494855/ 655237342/ 638676259/ 645822459