O MEU PRIMEIRO CELSO EMILIO FERREIRO

Escolma de poemas de Celso Emilio Ferreiro acompañada por un disco con oito cantigas baseadas nos poemas do autor. Editado por Xerais. Autores: Xiana e Xosé Lastra. Ilustracións: María Manuela.
Cando se cumpren os cen anos do seu nacemento, O meu primeiro Celso Emilio é unha homenaxe sentida a unha persoa –o escritor Celso Emilio Ferreiro- que, mesmo por riba da súa evidente e recoñecida valía literaria, estivo en todo momento coa xente e a xente foi canda el, levando sempre Galicia e a nosa lingua no corazón. Este libro reúne unha biografía, unha antoloxía poética e oito poemas musicados e cantados.



preme eiqui para ver o VIDEO PRESENTACION 


Participaron na gravación:

Voces:
María Manuela Díaz Orjales
Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero)
Xosé Luís Rivas Cruz (Mini)
Xiana Lastra Pernas
Manolo Dopico Orjales (coros)

Produción artística:Xurxo Varela Díaz
Amador García Silva (Nani)

Músicos:
Xurxo Varela (guitarra, viola da gamba e voces)
Nani García (piano)
Roberto Grandal (acordeón)
Nuria Lestegás (violín)
Simón García (contrabaixo)
Juanma Varela Louro (piano)
José Luís do Pico Orjais (percusión)
Xavier Ferreiro (percusión)

Técnicos de gravación:Xavier Ferreiro (Bruar Estudios)
Cristina Morquillas (Estudios Broño)

Vídeo:
Seispés Producións Creativas
Poemas musicados que aparecen no disco:

1. Erguerémo-la espranza
2. Eu en ti
3. María Soliña
4. Cantares
5. Irmaus
6. Moraima
7. Agardarei
8. A mulata Coromoto
-----------------------------
Seispés Producións Creativas
Tel. 682 410 689
@seispes
www.seispes.com
www.facebook.com/seispes
www.vimeo.com/seispes