NO SURRENDER

Para escoitar NO SURRENDER preme eiqui

Son:

Aaron - bateria
Carlos - guitarra e coros
Mikel - baixo e coros
Jorge - voz

"Comezamos a ensaiar en 2008 con máis ganas que aptitudes, co fin de formar unha banda e aportar algo á escasa escea punkrocker da nosa cidade, A Coruña. Tras uns meses sen baixista, únese ó grupo Mikel Post Mortem en abril do 2009 e a partir dese intre, xa con todos os postos cubertos, comezamos a tomarnos máis en serio os ensaios e ir incorporando progresivamente cancións propias ao repertorio. A banda bebe tanto da influencia de bandas galegas como Skacha, Keltoi!, Radio Océano, Skarmento ou Disturbio 77 entre outras, como tamén de bandas da escea punk estatal, inglesa e americana principalmente, dando lugar a un estilo punk rock aberto e melódico pero mantendo unha base clásica. Neste 2010 entramos por vez primeira a un estudo de gravación e realizamos o noso debut en directo acompañando a unha das lendas do punk galaico, os vigueses Skacha. Esta é ata o de agora a nosa curta historia."

Contacto:  nosurrender77@hotmail.com



musicaengalego nosurrender punk rock
musica en galego no surrender punk rock