NOVEMBRO 3 XI CERTAME DE XOVENES SOLISTAS

A ESTRADA 3 DE NOVEMBRO


Data da inscrición 

dende o 1 de setembro ata o 18 de outubro.
 
Bases en http://www.aestrada.com/certame

O certame terá lugar no Teatro Principal da Estrada, a partires das 9 horas da mañá
do día 3 de novembro de 2012, para a selección dos dez finalistas que participarán a partires das 19 horas deste día, e no mesmo lugar. A organización establece en 40 o número máximo de participantes para a fase de selección. Se as solicitudes que cumpren cos requisitos establecidos superasen o número de 40 o xurado faría unha selección previa, indicándolle aos alumnos/as non seleccionados/as os criterios aplicados para a realización da devandita selección.
En ningún caso esta selección afectaría aos participantes que previamente xa fosen seleccionados para participar co pianista contratado pola organización.
O xurado poderá reducir o tempo de interpretación por participante, ata un máximo de dez minutos, dependendo dos tempos de duración das obras a interpretar.
A organización poderá modifi car as datas e a hora programadas para a celebración do certame, o que sería notifi cado en tempo e forma a todos os inscritos