O próximo venres 3 de agosto de 2012 celebrase unha nova edición da festa celta do Lugnasad. Nestes tempos de crise supón un gran reto a realización dunha festa celta cun carácter e unha personalidade completamente distinto ao que se estila habitualmente.
Conseguir levar esta festa a súa XVI edición é o froito do traballo incansable de moitas persoas; veciños, socios, colegas,…
Este ano a música corre a cargo dos seguintes grupos:
  1. Eulian
  2. Tiruleque
  3. Sacha na horta