Para escoitar A MAQUINA DO TEMPO tempo preme eiqui
A memoria, a nosa máquina do tempo coida segredos, débedas e palabras. Tamén fabrica ilusións e desexos que non repara nas consecuencias de camiñar pola delgada liña que separa a nostalxia dos soños.
Juan Carballo e Ramón Núñez protagonizan esta viaxe íntima e persoal na que mesturan poemas musicados e cancións.
Once composicións que contan coa colaboración de prestixiosos artistas e amigos como Alejandro Martínez, Guadi Galego, Guillerme Fernández, Jose A. Vilas, Maite Dono, Paco Cifuentes, Quim Farinha, Sito Suárez...
A máquina do tempo conta coas ilustracións e o deseño Nuria Díaz, que fai realidade a intención de construír unha obra dentro dunha mesma obra, procurando acadar a mesma maxia cando se escoite e cando se teña entre as mans.
Índice disco-libro:
1. Enrédame: piano, violín, violín barítono, nickelharpa, guitarra acústica,
contrabaixo, batería
2. Como puido pasar: guitarra española, violíns
3. Síntoo: guitarra española, violíns
4. Un home vulgar: piano, guitarras eléctricas, baixo, batería
5. Hai mulleres: órgano hammond, guitarras eléctricas, baixo, batería
6. Encántame: piano.
7. Retrato: piano, órgano hammond, guitarras eléctricas e acústicas, contrabaixo,
programación, baixo, batería, saxo.
8. Non quería escribir un poema triste: piano, guitarra española.
9. Volve: guitarras eléctricas, piano, baixo, batería.
10. A casa do poeta: guitarras españolas, programación, contrabaixo.
11. A máquina do tempo: guitarras acústicas, armónica, mandolina.
+ bonus track: (retrato acústico)
ONDE MERCALO
por internet ofaiadopedidos@gmail.com
Enas tendas que atopas nete enlace http://www.amaquinadotempo.org/#!onde-mercalo/cee5