CAMARADA NIMOY


ALUCINACIÓNS ACÚSTICAS (LP 2015 autoproducido)

ALUCINACIÓNS ACÚSTICAS é unha edición en vinilo, formato escolleito por Camarada Nimoy para dar a coñecer os seus traballos.

Alucinacións acústicas achega doce temas acústicos na liña do grupo, unha mestura de jazz, rock e psicodelia que foxe de definición.Este segundo LP discurre por camiños máis psicodélicos que o anterior. Totalmente autoproducido foi gravado igual que o primeiro nos Estudos Desamparados (Coia) da man de Alber Costas.

A edición en vinilo laranxa de coidado acabado gráfico que o mesmo grupo fixo que inclúe código de descarga e tamén teñen a edición en CD.

Todo isto o fixeron co seu bote de grupo sen recurrir a ningunha fórmula de financiación alternativa e sen ningún apoio exterior.


Este traballo pretende romper un pouco os propios esquemas da banda montados no primeiro disco e amosa unha nova visión do artefacto ao vivo.

Segundo sinala o propio conxunto, Camarada Nimoy "non son unha banda de space age pop, de psicodelia, de jazz, de rock, de de lounge, de exótica… pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros".

Este novo traballo tamén se pode escoitar íntegro en Bandcamp.






CAMARADA NIMOY  editado no 2013 foi un LP en vinilo vermello homónimo autoproducido (hoxe totalmente esgotado)

Contiña 8 temas instrumentais compostos polo grupo asi como todas as accións paralelas os mesmos.

Foi gravado en  Estudos Desamparados, en Alcabre, Vigo e mesturados por Alber Costas de Estudos Desamparados, en Alcabre, Vigo.

O disco é unha autoedición e unha autoprodución, ("todo saiu dos seus  petos") así como a distrubución feita por eles mesmos pola rede e nos concertos.


A música e o deseño do mesmo é un todo unha peza única que ten ecos sonoros e estéticos da RDA, a ciencia ficción, o lounge, o space pop... etc.

Podedes ver o cideo do tema "A fantastica bici de Hofmann

Pódese escoitar o disco enteiro no bandcamp, http://camaradanimoy.bandcamp.com/







Teñen tamén un ep anterior de libre descarga.

http://camaradanimoy.bandcamp.com/album/camarada-nimoy-ep

ou de O Toxo Rabudo


4 temas instrumentais son a banda sonora do seu espectáculo en directo que medra coas imaxes que o grupo subministra ao público.









Camarada Nimoy

formación actual:

Xoaquín Seoane á batería,

Pablo Múñiz ás proxeccións, secuencias, teclados e baixo eléctrico,

PauloPascual ás proxeccións, secuencias, theremin e guitarra eléctrica.


Camarada Nimoy gosta de presentarse cunha negación, dicindo o que non son e deixando á vez a vista as súas influencias e os seus gustos. Din que non son unha banda de space age pop, de psicodelia, de jazz, de rock, de lounge, de exótica... pero moito gozan de todos e cada un destes xéneros. A súa é unha proposta instrumental coa que intentan ter amplitude de miras dentro das súas posibilidades. Un cóctel sonoro que serven dun xeito sinxelo sen moitas pretensións acompañado sempre de proxeccións nos seus directos que convirten os seus temas en bandas sonoras das súas elucubracións
visuais, fundindo todo en imaxes, en paisaxes sonoras.

Camarada Nimoy son parte da familia da METAMOVIDA, é unha recente incorporación. “A Metamovida son un colectivo musical que une a bandas das cidades de Vigo e Pontevedra dentro dunha escena alternativa á que podemos chamar underground, independente ou simplemente “outra”. Bandas de estilos diferentes que non queren encasillarse nos xéneros dominantes, que manteñen a súa personalidade lonxe dos circuítos comerciais. Propostas sinceras, ao márgen de modas, unidas pola súa forma de entender e vivir a música máis aló do mero negocio.”


Camarada Nimoy formarose no ano 2012sin seren unha banda de surf nin de swing nin de jazz, pero gustan de todos e cada un deses xéneros. Tampouco os seus membros son uns fanáticos trekkies de orellas en punta, pero están fascinados pola vasta multitarefa musical e poética de Leonard Nimoy, maiormente coñecido polo seu papel de Dr. Spock en Star Trek. Camarada Nimoy

Máis info en: http://camaradanimoy.tumblr.com/

C o n t a c t o
http://camaradanimoy.tumblr.com http://camaradanimoy.bandcamp.com 
http://twitter.com/CamaradaNimoy

mail de contacto camaradanimoy@yahoo.es

telefono para entrevistas, contratación... 697 655 372 Paulo

xa hai un tempo publicamos esta entrevista a paulo: http://musicaengalego.blogspot.com.es/2013/05/entrevista-camarada-nimoy.html