Para escoitar CAXADE premede eiqui
Alonso Caxade -voz, acordeóm e chifre de capador
Manu Paino –trompeta e carillón-,
Manu Espinho –bombardino- e
Xosé Tunhas –batería-
Alonso Caxade (acordeonista de PELdeNOZ, Cuarteto Caramuxo ou cabRaret, e bombardinista na Orquestra Os Modernos) iniciou un proxecto persoal chamado "Caxade" ala por setembro de 2012.
Caxade fan Folk-pop cum arrecendo a música minimalista e a sons bucólico-pastorís da velha Europa. Música elegante, modesta e singela, surrealismo pós-modernista e discurso reivindicativo, metafórico e irónico, foi considerado Melhor Artista nos XIII Premios Opinión, Prémio Martín Códax da Música, ganhador "Certame Música Xove" e foi representante galego no SUNS Europe 2015
E isto é o amor (2016)
O terceiro traballo discografico de Caxade conten 10 novos temas, a saber:
1. O Homem Bala
2. Mica Ronrom
3. Nábia
4. Colesterol
5. E isto é o Amor
6. Independence Day
7. Sanduicheira
8. Aparafusador
9. O Tojo Prende
10. Botín
E isto é o Amor
Gravado e mesturado nos estudos A Ponte por Tomas Agueitos entre decembro de 2015 e marzo de 2016
Masterizado por Dr. Chou.
Producción, composición e arranxos de Alonso Caxade´agás a letra de isto é o amor que é de Sechu Sende, e “O tojo prende” (María da Pontragha e Alonso Caxade).
Foto: Javier Antelo Seoane
Deseño Marcelino v. Cageao e Diego Nunhez.
Distribuido por Discos da Maquina, baixo,licencia creative Commons 3.0.
Letras:
DISCOGRAFIA PREVIA:
DVD/CD de CAXADE e A BANDA DE MÚSICA DA BANDEIRA,
Desenho artistas Diego Núñez e Marcelino V. Cageao.
À venda desde o próximo sábado 5 de dezembro de 2015 no Culturgal Feira Industrias Culturais (lançamento oficial às 18h00 - Espaço Foro) e distribuido por Discos da máquina!
A danza das moscas (2013)
Unha verbena rebelde de antes da guerra.
A evidencia de que a nostalxia, como a verdade, tamén é revolucionaria. Indicios melódicos de que a situación e grave pero, que carallo!, bailemos un agarrado. A modernidade entendida como respecto crítico á tradición. Os moscas, ao cabo, sobreviven no peor dos escenarios: o mundo vénse abaixo e nós namoramos. Dancemos, ordenan as once cancións que conforman o primeiro disco de Caxade, A dança dos moscas.
Da man do colectivo autoxestionado Discos da Máquina, Caxade debuta cun elegantísimo
elepé de folk-pop independente, onde se cruzan aires balcánicos, música de bandas, folclore sen
domesticar e exquisita vocación popular.
“un disco con letras transgresoras, ligadas á realidade cotiá e á situación actual”. “Porque en tempos de crise intelectual, moitos pretenden converternos en moscas a danzar arredor do seu manxar favorito”, expón o propio Caxade.
Na gravación d’A dança dos moscas, cuxos temas foron compostos, arranxados e producidos por Alonso Caxade, participaron Marcos Paino e Tomás Ageitos –na gravación e na mestura-, Dr. Chou –no máster-, Logoferoz –no deseño- e Ariel Ninas –na fotografía.
A dança dos moscas estará nas tendas punto de venda de Discos da Máquina a partir de hoxe luns 25 de novembro, presentes nas principais cidades e vilas de Galicia. Sae á rúa en formato cedé e ao prezo de dez euros.
Capador de Extraterrestres
Sr. Xorda
"Gente Pota"
"Dança dos Moscas"
Dêmos Graças
Discos da Máquina é un colectivo autoxestionado dedicado á edición e distribución de discos con licenzas abertas. Fundado hai un ano, do seu catálogo fan parte, ademais de Caxade, as bandas Ataque Escampe, Grampoder, A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Das Kapital e The Lost Omelette-Makers.
http://discosdamaquina.com/portfolio/caxade-e-isto-e-o-amor-2016/?lang=es
Mías fotos en:
http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/09/fotos-festas-do-cristo-cangas-caxade.html http://musicaengalego.blogspot.com.es/2013/11/caxade-na-anecoica.html
http://www.facebook.com/http://musicaengalego.blogspot.com.es/2014/09/fotos-festas-do-cristo-cangas-caxade.html http://musicaengalego.blogspot.com.es/2013/11/caxade-na-anecoica.html
http://caxade.wordpress.com/ www.discosdamaquina.com
www.alonsocaxade.com http://caxade.bandcamp.com/