DECEMBRO 19 CONCERTO DE DESPEDIDA NORDESTINAS

No Teatro Principal de Compostela gravouse, en setembro do 2006, o único disco das Nordestin@s.
Todo o público presente naquel concerto aínda lembramos hoxe ese momento cheo de elegancia e de emoción intensa.

Os demais concertos foron todos momentos de luxo, intimidade e beleza.
En cada un dos concertos que vivimos desde esta gravación, as Nordestin@s sempre nos deleitaron con algún detalle especial,
unha flor, un traxe, un tema, unha poesía, un perfume, unhas medias, uns zapatos, unha camiseta, unha adicatoria...
Todos os concertos foron únicos, impresionantes, cheos de glamour e gardámolos con emoción e agarimo na nosa memoria.
 
Agora, despois de cinco anos, Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, as Nordestin@ decidiron poñerlle unha data límite a este lindo proxecto que compartiron con tanta xenerosidade.
 
Van seguir por camiños distintos e a despedida vai ser, como non, cun concerto no Teatro Principal de Compostela, o luns 19 de decembro.
Quedades todas avisadas e convidadas!
Temos unha cita única o luns 19 de decembro do 2011!
Xa sabemos que vai ser un concerto de luxo!
Teatro Principal
rúa Nova, 21
Santiago de Compostela (A Coruña)
21h

Xa están as entradas á venda en novagalicia:
http://entradas.novacaixagalicia.es/portal/site/WVIO007/ResultadosBusquedas?pedido=buscador&nombre=nordestin


musicaengalego nordestinas despedida
musica en galego despedida nordestinas