CONCERTO
Roi Casal, Carlos Bau, Cardigan Bridge, Baldosa Amarilla, Mónica de Nut, YUL, Sabdios, Jacobo Paz&Dos Mundos e The Gone&Lost neste primeiro concerto inaugural.
QUE É MUSICALIDADES
Que teñen en común artistas coma Roi Casal, Cardigan Bridge, Linda Guilala, Jacobo Paz&Dos Mundos, Cornelius, Plus Lottus, The&Gone Lost, When Nalda Became Punk, Carlos Bau, Baldosa Amarilla, YUL, Embora, La Sombra, Bristol, Mónica de Nut, Uxío Mayo, Sabdios, Zaro Arte en Tinta ou Liviao do Marrao? Todas e todos eles forman parte da exposición fotográfica MusiCalidades, máis de cincuenta músicos e artistas encerrados nas habitacións do hotel NH Obradoiro de Santiago de Compostela pola fotógrafa Sue Rainbow, baixo a dirección artística de Paco Gallego.
Que é MusiCalidades?
O pasado 30 de xuño o hotel compostelán NH Obradoiro acolleu unha iniciativa singular. A fotógrafa de moda Sue Rainbow, acompañada de Paco Gallego á dirección artística, conseguiu reunir a un bo número músicos e artistas galegos e galegas de todo tipo, orixe e condición.
A dirección do hotel puxo a disposición dos responsables de MusiCalidades tres habitacións dobres e unha suite Premium, todas situadas na primeira planta. Se visen o que sucedía dentro de cada unha delas, quen sabe se se tería levado adiante esta iniciativa.
Pop, rock, jazz, blues, metal, alternativa... todo tipo de estilos e bandas que interpretan a súa música en diferentes idiomas. Mónica de Nut, Cardigan Bridge, Linda Guilala, Carlos Bau (gañador do Premio Nacional da Música 2010 ao mellor tema en galego), Baldosa Amarilla (premio do público ao mellor videoclip no Festival de Cans 2012) ... Jacobo Paz& Dos Mundos... Bristol, Cornelius... YUL... bandas e artistas emerxentes de toda a xeografía galega.
Os músicos/as adoitan ocultarse en escena detrás da súa interpretación. Nesta curiosa iniciativa, vemos o artista desposuído de parte -só de parte- da súa condición musical para exteriorizarnos de forma humorística ou colorista a súa forma de ser e entender a música.
As imaxes, unhas 63 en total, convertéronse nunha exposición que se poderá visitar entre o 14 de setembro e o 13 de outubro no Centro Cultutral e Social Ágora. A propia tarde da inauguración realizarase no vestíbulo do Centro Ágora un concerto que contará con artistas como Roi Casal, Cardigan Bridge, Mónica de Nut, Jacobo Paz, YUL, Carlos Bau, Linda Guilala, Sabdios, The&Gone Lost e algunha sorpresa máis.
MusiCalidades contará con diversas actividades que converterán esta exposición en todo un fenómeno vivo, proactivo e interactivo.
Para non perderse as actividades de MusiCalidades:
Páxina de facebook Centro Ágora: http://www.facebook.com/
Páxina de facebook da Concellería de Cultura: http://www.facebook.com/
Listaxe completa de bandas, solistas e artistas presentes en MusiCalidades
Roi Casal (exMilladoiro e agora en solitario)
Jacobo Paz & Dos Mundos
Cardigan Bridge
Mónica de Nut
Yul
Zaro Arte en Tinta
Embora
Carlos Bau
La Sombra
Bristol
The&Gone Lost
Linda Guilala
When Nalda
Liviao do Marrao
Nostatic
Sabdios
Baldosa Amarilla
Uxío Mayo y la Banda Fetichista
Habitación 316
Javier Prado-Moondogs Blues Party
Los 22
Plus Lottus
Cornelius