LEIRABUXO

Leirabuxo somos:

Manuel Varela, acordeón e voz
Carlos Fandiño, gaitas
Luis Barreiro, gaitas e saxo soprano
Carla Rey, pandeireta e voz
Román Varela, tamboril
Carlos Varela "Pulgui", bombo e voz

Leirabuxo é un proxecto musical que xorde no berce da bisbarra de Melide e arredores xa fai ano e medio e froito dunha xuntanza de catro amigos amantes da músíca tradicional e procedentes xa dun proxecto musical anterior. As inquedanzas destes catro amigos gaiteiros, e como eles...din "a verdade é que leiramos ben", fixeron que se xuntaran de novo para facer o que realmente lles gusta, que non é outra cousa que tratar de divertir ao público facendo música tradicional da nosa Galiza con ese instrumento que nace dun pau de buxo, e de aí o seu nome de Leirabuxo.

Nos seus comezos o proxecto musical Leirabuxo estaba composto por Manuel Varela de Toques ao acordeón, Román Varela da Golada ao tamboril, Carlos Varela "Pulgui" de Melide ao bombo e Carlos Fandiño de Teixeiro á gaita, pero posteriormente incorporáronse ao proxecto musical Xose Luis Barreiro de Abellá á gaita e saxo soprano e a fermosa voz de Carla Rey de Boimorto.

Os seis compoñentes do proxecto Leirabuxo forman parte doutros proxectos musicais da bisbarra de Melide e arredores, pero todos eles senten un especial agarimo cara ao proxecto Leirabuxo, sinxelamente pola amizade existente entre eles e pola súa atracción cara a musíca tradicional do noso pais.



A continuación, tendes unha serie de enlaces a videos dos seus directos:

Maruxa - Xota de Rebordelos (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULt4ygo0puXs0&v=t4ygo0puXs0)
Melide (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=UL9mePA9HSRiE&v=9mePA9HSRiE)
Muiñeira de Navia (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=UL3NG9kIFRToE&v=3NG9kIFRToE)

Muiñeira de Oliveira (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=UL9WyCpcnyTsY&v=9WyCpcnyTsY)
Fox-Trot (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULa9zNM69tBd0&v=a9zNM69tBd0)
La Dilores (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&v=9cIpbdEILYU)
Armenteira - Forcarei (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULHBOBIusK4VY&v=HBOBIusK4VY)
Pasodobre de Negreira (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULP5FNamyv1HM&v=P5FNamyv1HM)
Quen podiera namorala (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULCnzpVqV6MgI&v=CnzpVqV6MgI)
Tócale la bocina (http://www.youtube.com/watch?feature=player_detailpage&list=ULVR-iFBA_iSc&v=VR-iFBA_iSc)
Xota de Calvos (https://www.youtube.com/watch?v=mpY4FH-k6Rg&feature=player_embedded)


WEB:

Web: www.facebook.es/leirabuxo

CONTACTO:

Carlos Fandiño Ares
Obradoiro de Gaitas
Avda. Buenos Aires, 25
15310 - Teixeiro (A Coruña)
Tlfs.- (606) 80.82.71 - (981) 78.97.09
obradoiro@carlosfandino.com
carlos_fandino@yahoo.es
www.carlosfandino.com