OBRADOIRO DE PESDELÁN


Sábado 20 de outubro de 2012 ás 18:00h
Centro Social do Moucho, Cerceda (A Coruña)
Rede Cultural da Deputación da Coruña 2012

Pesdelán é un proxeto de música para baile
Levan vendidas máis de 4000 copias do seu primeiro disco Na punta do pé
Pretenden cambiar o concepto de público espectador polo de público participante


Pesdelán xurde no 2008 da unión de reputados músicos, 
bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal 
(Leilía, Susana Seivane Grupo, Xochilmica, Montelunai, Pula-lle-o-pe, etc.). 

O seu repertorio abrangue temas tradicionais galegos e portugueses arranxados de xeito orixinal e divertido.
Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 
facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, 
en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Festival San Froilanciño (Lugo)...

É moito máis que un grupo de música: mediante a música en vivo 
e o ensino de bailes e xogos sinxelos, pretende recuperar o espírito participativo das festas. 

Unha proposta novidosa e atrevida cunha dobre finalidade : substituír o concepto de público espectador 
polo de público participante, e como non, pasalo ben.

"Aínda que moitos de vos non movérades nunca un pé, iso non é un problema: 
o que facemos é ir aprendendo dunha forma divertida os pasos de baile de cada un dos temas, 
para despois bailalos todos xuntos."

Na punta do pé é o título do primeiro traballo de Pesdelán. 
Un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués 
dun xeito divertido e participativo.

Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera 
coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade.

O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka, 
conta ademáis coas ilustracións de João Vaz de Carvalho, un dos debuxantes máis relevantes 
do actual panorama artístico en Portugal e leva vendidas máis de 4000 copias.