EU FALAREI GAÑADOR DO IV CERTANE CINEMA OUFF ESCOLA

O 6 de novembro de 2012 tivo lugar en Ourense a entrega de premios do IV Certame OUFF Escola, no marco do 17 Festival Internacional de Cine de Ourense.
Entre as 46 obras participantes na categoría “Secundaria e ensino non universitario” o xurado decidiu darlle o 1º premio ao lipdub EU FALAREI do IES de Chapela.
Con este premio o xurado recoñece o traballo coordinado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES de Chapela no que participou toda a comunidade educativa no pasado mes de xuño e que deu lugar á gravación do lipdub EU FALAREI.
En Ourense estiveron recollendo o premio 53 persoas, alumnado e profesorado do IES de  Chapela, que dedicaron o premio a toda a veciñanza de Chapela “que se identificou co proxecto e hoxe canto orgullosa EU FALAREI”.