FORO CULTURGAL

O Foro Culturgal 2012 apostará polas industrias creativas como ferramenta de desenvolvemento económico e social, a través dun encontro de axentes culturais e unha xornada de difusión e formación para profesionais do sector educativo.

O encontro Compartindo multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais reunirá o venres 30 de novembro a 20 destacados profesionais do sector como Jordi Durán, Cristina Alonso ou Margarita Troguet e a xornada de difusión e formación Ferramentas TIC e multimedia nas aulas, unha visión práctica ofrecerá o sábado 1 de decembro charlas e obradoiros para mestres e profesionais das industrias culturais orientados ao sector educativo.

O Foro Culturgal integrarase dentro das actividades da Feira das Industrias Culturais de Galicia, que terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra do 30 de novembro ao 2 de decembro de 2012, e para asistir haberá que acreditarse previamente.