PROGRAMAl do DesCONCERTO EXPANSIVO



Estimados amigos e amigas
Nesta fin de semana chegan os dous primeiros actos da campaña DésPRESTIGE, emprendida polo colectivo A Burla para lembrar a catástrofe do Prestige e o movemento social ao que deu lugar, no seu décimo aniversario. 
Dés-EDUCA-ACCION 
O primeiro deles, baixo o título “Dés-EDUCA-ACCION”, terá lugar este venres 30 de Novembro en Laxe e dará comezo ás 10.30h. A acción quere ser lembranza e homenaxe da Cadea Humana organizada en Xaneiro de 2003 polo colectivo de mestres e mestras Area Negra, na que máis de 35.000 alumnos e alumnas uniron coas súas mans as vilas de Laxe e Muxía.
O acto contará coa presenza de varios participantes daquela iniciativa como as mestras e mestres de Area Negra Concha da Veiga, Puri Cabido, Montse Sánchez e Braisa da Cabuxa e os exalumnos Brais Fernández, Carlos Carracedo, Alberto Galego e Sara Torreiro que relatarán para as novas xeracións o que foi aquela experiencia e actuarán como mestres de cerimonias xunto a varios artistas como Miguel de Lira, Víctor Mosqueira, Carlos Blanco, Uxía Senlle, Mónica García e Mini e Mero, apadriñando aos cinco institutos participantes, o IES Cachada de Boiro, o IES de Santa Comba, o IES de Baio, o IES Antón Fraguas de Santiago e o CPI de Laxe.
Cada centro recibirá dos seu padriños unha maleta da Cadea Humana con diverso material textual e audiovisual sobre a catástrofe do Prestige. As maletas, que servirán de arquivo para a elaboración de traballos e unidades didácticas circularán por diversos institutos de ensino secundario do país durante todo o ano, recollendo as contribucións e os proxectos elaborados polos alumnos e alumnas de todos os centros.
Despois do acto, os máis de douscentos alumnos dos cinco centros reuniranse na praia de Laxe con Brais Fernández de Xandovela, para recrear a célebre fotografía aérea da palabra Vida realizada en 2003 polos participantes da Cadea Humana, engadíndolle un S final que quere simbolizar a evolución vital de todos aqueles alumnos e alumnas logo destes dez anos.
O xornalista e realizador Miguel Fernández aproveitará a xornada para filmar a experiencia e integrala dentro do documental que prepara sobre os dez anos da Cadea Humana. E pola súa banda o fotógrafo Gabriel Tizón realizará na praia de Soesto retratos de persoas que participaron hai dez anos en calquera labor de voluntariado e/ou activismo social relacionada coa catástrofe do Prestige.

DésCONCERTO EXPANSIVO 
Xa o sábado 1 de Decembro, aniversario da Marea de Dignidade, primeira manifestación de Nunca Máis en Santiago, terá lugar a celebración do DésCONCERTO EXPANSIVO, a actuación simultánea de artistas, músicos e colectivos sociais e culturais en locais de todo o pais, en lembranza do Concerto Expansivo de Febreiro de 2003 convocado por Burla Negra contra a xestión da catástrofe. Desta volta, máis de sesenta participantes en corenta locais de toda a xeografía galega, e varios actos en Barcelona, Menorca e Xixón, darán testemuña do que foi o movemento social, lendo en cada actuación o Manifesto Contra o Silencio de Manuel Rivas e o Dés-CALOGO, texto que inspira a campaña DésPRESTIGE. Agás nalgúns casos específicos, todos os actos terán lugar a partir das 22.00h.

Contactos: 
Carlos Santiago
691872997

Ana Triñanes
678034593
O programa inicial do DesCONCERTO EXPANSIVO, no que aínda se incluirán novas adhesións é o seguinte.
PROGRAMA

Pousada das Ánimas. Boiro
Marearte. Performance
Os Mustang. Pop
Café Cultural Auriense. Ourense
Ultraqans. Rock

Café Rock Atlántico. Santiago
Xulio Abonjo. Actor
Marcos Orsi. Actor
Chiqui Pereira. Actor
Paula Carballeira. Actriz e contadora

Casa das Crechas. Santiago
Liga Gaiteira Galega. Folk.
Xosé Constenla. Canción.
Carlos Santiago. Monologuista
Pepe Penabade. Actor.

Café Bar El Puente. Santiago
Exposición Javier Iglesias
Xosé Barato
Rocío González
Foliada

CSA O Fresco. Ponte Areas
Sacha na Leira
Ocekaos

Baba Bar. A Coruña
Rungekutta
Alba

Bar Cazadores. Ferrol
Maria Manuela. Canción. Ferrol
Fernando Naveiras “Fefi”. canción. Ferrol
Antón Varela. Gaiteiro. Ferrol
Manolo Bacallao. Canción. Ferrol
Guillermo Fernández e Karlotti. Poetas. Ferrol
Bernardo Maiz. Historiador. Ferrol
Xosé María Dobarro. Filólogo. Ferrol
Roger de Flor
Marqués das Viñas. Canción
Roberto Grandal. Acordeón
Lefre de Caldereta
Poesía Salvaxe

A Repichoca. A Coruña
Maghúa. Cantareiros

A Regadeira de Adela. Santiago
Antón Coucheiro “Cou”
Micro-Impro

A Artística. Vigo
Cabaret Titán
Alfredo Rodríguez
Olga Cameselle

Bar Sursum Corda. Corrubedo
Teatro infantil.
Rockfamidas. Punk Rock
La Yegua Gris. Punk Rock

Asociación Flor de Toxo. Ribeira.
Cándido Pazó
Barco a pique, contada.

Festival “Rir por non chorar”. Lugo
ADEGA Lugo
Leo i Arremecajoná
Isabel Risco
Carlos Blanco

Ateneu Popular 9Barris. Barcelona.
Lo Petit Comité
Sundache
DJ Nacho

C.S. Gentalha do Pichel. Santiago
Vicky Pollard

Museo do Mar. Muros
Chévere. Citizen

Culturgal
Os Quinquilláns
Os da Ría
Os Irmandiños de Vincio

Pub Gatos. Melide
Toques do Caramulo

Praza de Abastos. Burela
Colectivo Cultural Buril.
Magosto Popular
Marosa Jazz Project
Medio Quinhón
Skohlma
The Broken Revenge

Teatro Ensalle. Vigo
Ibuprofeno Teatro. “Pequenos Actos Pseudorevolucionarios”

Pasarrúas performático. Porto do Son
Creación dun gran mural do mar.
Pasarrúas co grupo Rumbía.
Lectura de Poemas
Paco de Leña. Música
Mordecans (membros). Música
Curva a Esquerda. Música

Discoteca Sarela. Santiago
Festival da Asociación Cultural e Xuvenil ITACA

A Terraza do Nuadé. Sigüeiro
Lili Berlín. Cabaret

Local Social “A Tiradoura”. Cangas
Susana Moreira. Música
José Ramón Rocha. Música
Rosario Entenza. Música
Mª Jesús Torres. Música
Diana Rodová. Música
Jorge Rogero. Música
María Salgueiro. Actriz
Sonia Rúa. Actriz
Casilda Alfaro. Actriz

Taller de creación Atravesa. Santiago
Exposición “Manchas Negras”
Marcelo Gómez. Poeta

Restaurante Con do Sol. Illa de Arousa
Asociación Cultural e Deportiva DORNA
Xuntanza mariñeira
Música e Baile Tradicional

Praza Islandia de Maó. Menorca
Xan Xove. Performance
Chachas sen Fronteiras. Performance
Palco aberto. Jam Session

Auditorio Illa de Arousa
Roi Casal e a súa banda. Folk-pop

Pub D´Antón Rock Café. A Laracha
O Sonoro Maxín

Con do Moucho. Illa de Arousa
Zurumalla. Folk
Uxía Senlle. Canción

Auditorio Municipal do Carballiño
Excéntricas Teatro. “Oeste Solitario”

Liet Internacional 2012. Xixón
Copa cantábrica de Liriu-Billarda
Selección Galega de Billarda
Magosto do Viso. Redondela
Tanxarina. Títeres.
Pallasos en Rebeldía. Clown
Peter Punk. Compañía teatral
Máis…
Temos aínda varios grupos e locais sen confirmar ou en proceso de programación como o Colectivo Terra de Pontedeume, a Libraría Lila de Lilith, o Local Social A Rebusca de Manzaneda, o Centro Social Fuscalho do Baixo Minho, os grupos Camarada Nimoy de Vigo, Os Televisores de Pontevedra e Chantada, os Carunchos de Vigo, os Tira do Peito do Salnés, os Sapoconcho Galego, os Manicómicos da Coruña, Carlos Torres & Furakao de Teo, Pedro Brandariz e outros, que trataremos de resolver estes días con todo o empeño posible. E por descontado, aceptamos as inclusións de última hora que trataremos de responder na medida do posible.