NAO "CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE"


 Para  escoitar o novo disco de NAO preme eiqui

Historias repetidas unha e mil veces... excepcións cheas de dignidade; “ser valentes nun país de vergoña”. Ser coraxe á indiferenza política, cultural,social… nunha dura realidade onde o simple feito de cantar e interactuar na lingua propia convértese nun acto militante. Que a día de hoxe unha banda como NAO axite a escena galega cun novo traballo tan impresionante como “Cancións de amor e liberdade”, faime recordar que, aínda que moitos neguen a evidencia, nun país onde o compromiso e a creatividade non abundan, eles sexan capaces  de demostrar nestes trece temas que con esforzo, paixón e persistencia todos podemos chegar a ter o noso momento. E este é o seu.

Sen dúbida NAO facturou o disco que levan anos procurando: máis melódico, máis variado, máis poético, directo… É un disco que consegue o que poucos; manter un nivel alto do principio a fin. Que logra poñernos a pel de galiña coas súas letras, mentres percorremos unha viaxe entre o amor e a liberdade por riba de todo.

Moitos podedes pensar que despois de oito anos e dous discos un vai cheo de recordos e poucos soños; escoitade este novo traballo...porque NAO toma corpo e medra. Medra entre escenarios e estradas; entre desertos e barricadas; entre aplausos e sorrisos; entre golpes baixos e bágoas. NAO é metáfora, axitadora e rebelde. É un latexo común. NAO mira cara adiante…. “Cancións de amor e liberdade” é uns cantos pasos adiante, e así convértense, por méritos propios, nunha das mellores bandas do país, que fan deste disco unha XA referencia fundamental da música galega.

 
En Agosto do ano 2012 comezamos a preproducción-composición do disco nos Estudios Mafia do Carballiño, da man dun vello amigo de NAO: Óscar Fernández "Chichi"
.
POR QUE CANCIÓNS DE AMOR E LIBERDADE? Porque iso mesmo é o que leva facendo NAO oito intensos anos. Este pretende ser o noso disco definitivo, é por iso que resume no seu título dun xeito tan directo a filosofía da banda. 

O disco saiu a venta 0 25 de marzo do 2013. 

E xa comezou unha xira de presentación por Galiza en marzo.