A COMPAÑIA DO RUIDO CONTA CON VOS

Ola rapaces/as: dende hai xa uns meses andamos a voltas cos temas do que será o noso no traballo discográfico que, coma sempre, vai ser autoeditado e autoproducido.

Nesta ocasión pensamos en facervos partícipes, a todos/as os que queirades, do proxecto... Como? Pois polo método "crowdfunding"!!

De que vai iso do "crowdfunding"? Pois moi sinxelo. Todos/as sabedes que a gravación, a mistura, a masterización, o deseño, a creación física das copias, distribución, promoción,..., custa unha serie de cartos; pois ben, aquí é onde entrades vos, seredes os "financeiros" desta aventura facendo achegas para este traballo.

Que levades a cambio? Pois ademais da satisfacción por colaborar en que un proxecto que vos guste poda saír adiante, e ademais da nosa eterna gratitude, hai unha serie de “recompensas” en función da axuda que nos fagades chegar que vai dende a descarga dixital do traballo ata unha actuación de "A Compañía do Ruído", pasando por coleccións de CD (antigos), entradas VIP para a presentación do mesmo,...

A túa economía non anda moi ben? Non te preocupes, tamén podes colaborar con nós como “publicista” do proxecto. Fai chegar esta historia a todas as túas amizades, publícao no teu blogue, twitter, tuenti,... Aínda que penses que non, esa é unha axuda moi grande.

Aquí tedes a WEB pola que se xestiona todo o proxecto e si tedes algunha dúbida ou cuestión, xa sabedes onde atoparnos.

http://www.pensaresgalegos.tk/


http://www.verkami.com/locale/gl/projects/4542

QUE RULE!!! SÓ QUEDAN 30 DÍAS!!!