GALICIAN CONNECTION 2013

Para os músicos, artistas e os interesados en emprendemento cultural...Deixovos a información do Galician Connection 2013. Un Festival que comenzamos Nordesía e máis eu o pasado ano coa idea de fomentar as conexións entre artistas de diferentes disciplinas musicais e promotores, programadores e novos emprendedores do sector...
As inscripcións están abertas....animádevos se estades en Galicia do 18 ao 21 de Abril...workshops, foros, concerto e jam session.
Tres días para compartir experiencias con artistas e emprendedores de Harvard University, Afghanistan Institute of Music, Cuba, EEUU, China...
Bicos Mil!
Cristina Pato
NORDESÍA PRODUCCIÓNS produce e organiza por segundo ano consecutivo o FESTIVAL GALICIAN CONNECTION, un encontro con oito músicos internacionais coa dirección artística de Cristina Pato.
O Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura acollerá catro días de diversas actividades centradas na colaboración e conexión cos nosos convidados:
O saxofonista e frautista recoñecido recentemente como mellor artista de Jazz europeo, Jorge PardoWu Tong, considerado unha das figuras máis importantes da música tradicional chinesa; o compositor e pianista de jazz cubano Omar Sosa; o violinista e emprendedor americano residente en Afganistán William Harvey; o percusionista e especialista en músicas tradicionais Eliseo Parra; o acordeonista de jazz galego residente nos Estados Unidos Víctor Prieto; a cellista e cantante galega Rosa Cedrón e o percusionista galego Isaac Palacín.
Todos eles compartirán ensaios, clases, talleres, workshops, encontros personalizados e directos cos inscritos entre o 18 e o 21 de Abril.
No seguinte link poderedes acceder ás instruccións para a inscripción no programa completo:
INSCRIPCIÓN PROGRAMA COMPLETO GALICIAN CONNECTION 2013
O xoves 18 de Abril celebraremos a partir das 17 h un FORO DE EMPRENDEMENTO CULTURAL dirixido a todos aqueles emprendedores interesados en coñecer de cerca as experiencias directas dos nosos convidados e compartir cuestións, experiencias e opinións ao redor do emprendemento dende dentro e fora do sector.
Mais información sobre o foro en: FORO EMPRENDEMENTO CULTURAL GALICIAN CONNECTION 2013
O sábado 20 de Abril o traballo conxunto destes oito músicos, dirixidos por Cristina Pato confluirá nun concerto que os reunirá nesta ocasión única enriba dun escenario para amosar un selecto repertorio de temas de cadansúa cultura.
Podedes acceder á venda de entradas no seguinte link:
VENDA ENTRADAS CONCERTO GALICIAN CONNECTION 2013
Nos comprace enviarvos a documentación relativa ao programa deste ano. Por unha parte un FOLLETO xenérico do festival (en arquivo adxunto) e, de xeito un pouco máis extenso, un PROGRAMA FORMATIVO enfocado fundamentalmente á explicación pormenorizada de cada unha das actividades que comporán estes catro días de festival que podedes descargar no seguinte link:
PROGRAMA FORMATIVO GALICIAN CONNECTION 2013
Esperemos que vos animedes a formar parte da edición GALICIAN CONNECTION 2013 en algunha das súas seccións. Así mesmo vos agradecemos que fagades extensiva esta información a quen consideredes poida resultar de interese.

No hay comentarios:

Publicar un comentario