NOITE FECHADA



Gustavo Rey, baixo
Nolo Chazo, bateria
Carmelo Abollo, guitarra e voz
Matías Leiro guitarra e voz

Festa rachada, carallada e Rock n'Xebre

Noite Fechada nace dunha coña o 9 de decembro de 2012, dun cachondeo entre Matías, Carmelo e Gustavo un domingo de resaca no Encontro, e como non podía ser doutra maneira, tratamos de contar calquera carallada que nos pasa ou se nos ocorre en clave de cachondeo. Empregamos o noso ghallegho típico para versionar (ou máis ben violar…) coñecidos temas que sempre tiran cara o rock.

https://noitefechada.bandcamp.com/album/a-verjonsa-do-jallejo
A Verjonsa do Jallejo
" "A Verjonsa do Jallejo" é o noso segundo traballo de estudio.
Sete verdades coma puños, sete disparos directos aos vosos pes para que non paredes de bailar ata o último acorde. Sen miramentos; sota, cabalo, rei; aquí te pillo, aquí te mato."

1. Acabamos de Chejar
2. Hai Borrachos
3. Me justa
4. Narcosurfista
5. Polo Mar Abaixo
6. Pan de Millo
7. Hasta o Carallo
8. Ai guana meiki güiz llu

Podedes escoitalo, mercalo e descargalo desde :
https://noitefechada.bandcamp.com/album/a-verjonsa-do-jallejo


CON-VISIÓN DE FESTAS(2015)
O primeiro disco de Noite Fechada conten 11 cancións grabadas e mesturadas en 'lithium studios' de Pontevedra, entre as que atopamos 2 das súas, xa míticas, versións: Son jallejo e Sempre os de verde. A estas 2 versións súmanse 9 temas novos, onde ademáis do Rock & Roll nos sorprénden coqueteando co Reggae, o blues ou incluso con unha Panxoliña perfecta para esta época do ano.

Por outra banda tamén podemos atopar unha nova voz cantante dentro dos compoñentes do grupo, xa que o Gus marcase o tema Telexornal onde parodian as novas do Galicia Noticias da nosa Televisión Autonómica.

Ademáis de Rock tamén os vemos desenvolverse con un estilo como é a balada, da que xa tiñan algunha versión, e que neste caso cantana co guitarrista de Heredeiros e Recambios Tucho, Antonio Novo (Tucho). Un estilo onde este grande da música galega tamén se atopa moi cómodo.

As outras dúas colaboracións proveñen do grupo Agoraphobia. Susana Saavedra canta con eles S.P.A. (Solo para Adultos) e Paula Rego, ex-batería de Noite Fechada, colabora no corte A Panxoliña de Noite Fechada.

Para rematar, algún dos compoñentes do grupo nos comentaba estes días que no formato físico deste traballo imos ter algúnha sorpresa con algún corte que non está subido a rede e que moi probablemente faga as delicias dos seus seguidores.


Onde escoitalo:
https://noitefechada.bandcamp.com/
https://soundcloud.com/noite-fechada/sets/lp-con-vision-de-festas

Noite Fechada - Very Juay Chunay
https://www.youtube.com/watch?v=af8WfBY2MhQ

...O viño da casa, calamares fritos,
Sorsa con patacas, café e chupito.
Eu vou de furancho ou ó Tío Benito
Antes que me claven nun restaurante pijo...


Máis info en:
www.facebook.com/noitefechada


CONTACTO:
noitefechada2012@gmail.com