TANXEDORAS

Para escoitar TANXEDORAS  preme eiqui
Somos:
Leni Pérez,
Margó Gaioso,
Teresa Santamaría,
Ioli Pérez e
María Silva.

TANXEDORAS é un proxecto que agroma en setembro de 2003 coas  primeiras choivas que fan medrar a herba nos campos, que enchen os regueiros e calman as sedes do verán. Somos cinco mulleres que tanxemos diversos instrumentos tradicionais galegos como pandeiro, pandeireta, gaita, acordeón, cunchas, ferriños, culleres, legóns, tixolas, morteiros, etc.


Con anterioridade, formamos parte doutras agrupacións folclóricas, máis os camiños da vida nos xuntaron para traballar arredor dunha idea común: a recuperación do legado musical de Galicia.

D I S C O G R A F I A :

 Á sombra da oliveira 2013
Á sombra da oliveira
da gusto parrafeare
ten a follla miudiña
deixa pasalo luare.
Esta é a segunda escolma de cancións tradicionais galegas de TANXEDORAS.


Un disco que transmite a forza do legado musical dos devanceiros, que pasou de xeración en xeración ata chegar ós nosos días.





 TANXEDORAS 2008













CONTACTO:


34 606 873 805
34 677 831 181