HEREDEIROS DA CRUS EN VIGO E COMPOSTELA

Heredeiros da Crus presentarán o novo disco 'Jard Rock con Fe' o martes en Vigo e o mércores en Compostela





Os cinco membros da banda de Ribeira (Tuchiño, Tonhito, Javi, Fran e Manu) atenderán aos fans e asinarán exemplares do seu novo traballo, 'Jard Rock con Fe
 Os showcase serán este martes, 4 de xuño, na sala Ensanche de Vigo e o mércores 5 no bar Momo de Compostela. Nos dous casos ás 20:30 e con entrada libre
A banda premiará cun pack de merchandising aos fans que se presenten coa discografía completa do grupo

Jard Rock con Fe

Despois de case dez anos sen publicar temas novos, Heredeiros da Crus presenta Jard Rock con Fe, o noveno traballo discográfico da súa exitosa e prolongada carreira. Un traballo fiel ao seu título: con moito "jard", moito rock e tamén moita fe. Fe nos riffs poderosos de A Duquesa de Poi ou Non che teño medo, fe nas grandes baladas rock como María ou Corasón de Carballo, e sobre todo fe nas letras descaradas, o falar coloquial e a actitude irreverente pola que sempre se caracterizou a banda de Ribeira. Un feixe de 12 cancións, moi esperado polos fieis seguedores de Heredeiros da Crus, que levaban case dez anos sen publicar disco de estudo.