MAGIN BLANCO ROCANROL DRAGON

Da man do Xabarin Club e realizado por Segundo Grandío de "Casa de Tolos", chega ROCANROL DRAGON, un simpático video clip extraído do libro de contos con música "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" de MAGIN BLANCO. Xa á venda na tua librería preferida. 

 http://www.youtube.com/watch?v=9Zn75mukb5M

Podes mercar o libro por correo en http://www.biblosclube.com

 




  A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO está cheo de pequenas historias orixináis, cada unha acompañada da sua canción do máis exquisito e pegadizo pop, todo creado polo polifacético MAGIN BLANCO. Decorado con fermosas ilustracións a cargo de LEANDRO LAMAS e aderezado con estimulantes actividades creativas e interactivas para os nenos, para que poidan pintar, escrebir e dibuxar o seu propio libro. Toda unha experiencia novidosa para eles!.

A NENA E O GRILO lévannos río abaixo nunha aventura apaixoante. En trece capítulos, coas correspondentes cancións, continuan achegándo se ao mundo dende a óptica mesma dos nenos, sinxela e xenerosa.

Nesta nova entrega as historias teñen unha dimensión maís próxima a narrativa, sendo nas letras das cancións onde se mantén a intención máis poética.

Coa edición preténdese estimular a curiosidade e a creatividade
dos nenos, deixando para eles un lugar propio, onde poidan expresarse e interpretar os contidos dende a súa propia perspectiva.


Con todo, non nos resta maís que desexar: boa viaxe!