VICKY POLARD SEM SAIDA

Escoita o máis novo de Vicky Polard á espera da proxima saida do EP que se leva cocendo un tempo xa e que esta quentiño e a punto. Desfruten de momento da angustia dos que non temos Säida.





Son un puto verme
nun mar de sangue
debaixo da terra
onde debo de estar

Son o teu escravo
un mártir da morte
inmerso no erro
do reino animal


Destrózame lentamente
arríncame a gorxa
ensina os teus estigmas
e inicia a revolta


Sinto os seus berros ó lonxe
sinto o meu sangue nos beizos
sinto as cadeas da morte
arrástranme cara o baleiro

 Grabado e producido por Vicky Polard, Adrian Hernández (Kr3cho) e Mou en A casa do Rock. Masterizado en Mastering Mansion (Madrid)

http://vickypolard.bandcamp.com/track/sem-s-ida

ESKANDALO GZ DESCARGA A SUA MUSICA


SKANDALO GZ " Bueno xente neste enlace do noso Bandcamp  poderedes descargar as nosas maquetas , e o novo disco " esperta" e todo de valde , axudarnos a difundilo e compartide esta ligazón para que todo aquel que queira poida descargar toda a música de SKANDALO GZ dende os nosos principios ata a actualidade.
Saude peña"

Temas:

1.- Intro
2.- Organizate!!
3.- Erguete xa!!
4.- Por ser muller
5.- Seguimos en pe 1
6.- Seguimos en pe 2
7.- En galego
8.- A miña guitarra
9.- Cando revente
19.- Señor presidente
11.- Oi, oi, oi, oi, oi....





Politicamente moi incorrectos só a súa inquebrantable fé no que querían transmitir lles levou a superar os infinitos atrancos do camiño, e así regalarnos un disco redondo, cun son que nos leva o extase nos seus directos nos que se produce unha simbiose pura entre grupo e público.


Gravado en Pulse Records no verán de 2012, producido por Skandalo Gz i editado e distribuido por “Inquedanzas Sonoras” co grafismo: Lameiro & Lago

DESCARGADEO EN:
 http://skandalogz.bandcamp.com/album/esperta



temas da maqueta:

himno-anarkista
Os fuxidos da guerra civil
Kaña, kaña e kaña
Likor Kafé
Antifascistas
Lume
Somos galegos
Moi punk


DESCARGADEO EN:
http://skandalogz.bandcamp.com/album/somos-m-is






Skandalo Gz son:

Jose Manuel (Ramtan)....... Bateria

Oscar ( fulano) …............  Guitarra e voz

David …..........................  Baixo e voz

Fabian ….........................  Trompeta e coros

Sergio ….......................... Trombón de varas e coros

Candi …........................... Trompeta e coros

CONTACTO:

facebook skandalogz

myspace skandalogz

telefono: 618 82 17 90

ENTREVISTA EXTENSION AGRARIA

 Como surxe a idea de comezar a tocar? Que influencia ten o anterior proxecto de Extensión Agraria?
Non fixo falta moito a verdade, ó principio empezou case de broma, para facer un pouco de ruido nalgún aberto de billarda e a base de irnos xuntando o corpo pedianos algo máis. O de retomar o nome de extensión agraria foi algo máis ben por morriña que polo estilo musical, o que facemos agora pouco ten que ver coa música da anterior agrupación.

 Todos vós sodes palanadores da Liga Nacional de Billarda. Que importancia lle dades á LNB na consolidación e promoción do grupo?
En todo, nas pistas xuntamonos, de non ser por iso moitos nin nos coñeciamos , todo o mundo da familia da billarda apoiounos desde o primeiro momento , aparte de ser unha filosofia alén dun xogo que todos compartimos . Pódese decir que Ex-Tension Agraria é filla da LNB.
http://ovaral.blogspot.com.es/




Falando de promoción…nada mellor que ter un clube de anti-fans tan activo non?a que se debe o de ser anti?
Xa che digo, puidose ver estas últimas semanas no concurso de bandas do Castañazo, de non ser por toda esa xente nada sería posible, bueno e por suposto a Lucía que é a que move todo dende as sombras. O de anti é evidente, nós somos anti todo, unha anti banda non pode ter fans, seria incongruente.
https://www.facebook.com/groups/220018998058025/?fref=ts




 

Unha das características máis importantes da vosa música e a reivindicación social, onde ninguén fica a salvo, nin siquiera Feijoo. Védelo unha necesidade para que a xente desperte da súa pasividade?
É unha nacesidade para nós por que quedarse con eso dentro fai un dano da ostia, todos empezamos a estar un pouco ata as gonadas , que se arme unha revolución é só cuestión de tempo. E Feijoo por dios, se é o puto amo ese deberia sair en todas ¡¡

Autodefinides a vosa música como rock-indíxena. Considerades que sodes outra xeración do rock bravú?
En realidade en Ex- Tensión hai unhas cantas xeracións de bravús, dos que o inventaron, ata os que nos criamos dende nenos con eles , e todos somos indixenas ¡¡







O Bravú naceu como movimento musical e social no Castañazo. Credes que os festivais deste tipo poden dar lugar a outro movimento parecido?
Cada xeración crea os seus movementos sociais , sempre hai algo polo que pelexar . A redor destes surxen grupos, festivais e moitos outros movementos culturais, penso que iso seguirá pasando sempre. O que hai e que felicitar á xente que se encarga de levar adiante festivais coma este por que cada vez é mais complexo.


Que nos espera aos asistentes a ese festival como é o Castañazo?
Unha descarga brutal de enerxía do mellorciño que se pode escoitar hoxe , aparte tocará Ex-Tension Agraria... faremos que vos arrepintades, pagaredelo coa salú ¡¡



ENTREVISTA REALIZADA PARA musicaengalego POR LUCIA LOPEZ

KEPA JUNKERA GALIZA


FOL MUSICA comprácese en anunciar a publicación o vindeiro 19 de Novembro de "GALIZA", o novo traballo discográfico de KEPA JUNKERA adicado a Galiza, no que colaboran máis de 20 artistas e agrupacións da nosa terra.

KEPA JUNKERA, o músico euskaldún máis importante, influinte e internacional do momento, edita co selo galego FOL MÚSICA o proxecto máis ambicioso da sua carreira: un traballo discográfico rodeado das mellores formacións e artistas da actual escena tradicional de Galicia.

En “GALIZA” a trikitixa, o tradicional acordeón diatónico vasco, fóndese á perfección coas gaitas, as voces, os pandeiros, as arpas, os acordeóns... para crear un universo de música tradicional perfecto. O eixo musical GALIZA-EUSKALHERRIA tivo moitos achegamentos ao longo dos anos, pero nunca estivera tan ben representado como neste dobre álbum de KEPA JUNKERA.

“GALIZA” conta cunha presentación espectacular: un libro de 23 x 23 cm, de tapas duras, 50 páxinas con ilustracións, fotos e textos.


LISTADO DE TEMAS CD 1: 1. Alalá Transfigurado con Cristina Pato  2. Muiñeira dos Pontinos con Emilio e Daniel do Pando  3. Xota da Guía con Budiño  4. Lelele con Banda das Crechas  5. Danza das Pereiras/Danza de Rubiós/Muiñeira de Mangüeiro con Leilía  6. O Pousa con Luar Na Lubre  7. Fasioren Martxea con Central O Folque  8. Canto de Monzo/Muiñeiras de Florencio con Central O Folque  9. Valse de Santa Mariña con Davide Salvado  10. O Merlo/Bizkaian Zehar/Lúa Clarea/Pagasarriko Martxea/Lévame, Lévame con Treixadura
 

LISTADO DE TEMAS CD 2: 1. Galizako Muiñeirak/Trikitixa Martxa con Susana Seivane  2. Maneo de Silván/Roman Urrazaren Jotea con Radio Cos  3. Agarrado de Vilar de Cabeiras con Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre  4. Muiñeira De Valdeferreiros con Daniel do Pando  5. Terras do Norte con Os Cempés  6. Muiñeira A Cruz da Lobeira/Ruada con Os Cempés  7. Cantar dos Arrieiros/Maneo dos Barreiros de Malpica de Bergantiños con Pandereteiros de O Afiadeiro  8. Vals de Arousa con SonDeSeu  9. Rumba de Barciademera con SonDeSeu  10. Ven Bailar Carmiña/Pasodoble do Berbés (Os Morenos de Lavadores) con SonDeSeu  11. Unha Noite na Eira do trigo con Uxía  12. O Galo con Centro Galego de Barakaldo & Ceo de Sil & Alberto San Martín  13. Vals de Pazos de Merexo con Manuel Pazos de Merexo 


Este disco/libro ten presentacións confirmadas en Galicia, Euskadi e Madrid. Firmas de discos e showcases en Fnac A Coruña e Madrid, tendas Elkar, Feira de Durango... e promo presencial nestas cidades.

Todo un acontecemento na escena da música tradicional da Península ibérica

 "Galiza" se presentará en directo el próximo 30 de noviembre en Pontevedra, CULTURGAL. Más información en breve

MAGHUA MATRIA



MAGHÚA. MATRIA

Maghúa propoñen co seu Matria unha viaxe ao tempo no que as avoas contaban, cantaban e falaban cos seus netos mentres debullaban e moían tardes enteiras á calor da cociña…

Once temas tradicionais recuperados de mulleres, que conservaron o idioma cando o de noso estivo prohibido, xunto ás cantareas coas que se divertían e coas que nos agasallaron, a facenda familiar e, aínda que semelle incríbel, a cordura.

Desde Bergantiños ao sueste da provincia de Ourense, pasando polo interior da de Pontevedra. Solto e agarrado, para suar e arrimarse, para gozar dos sons e melodías de antergo, sen adobíos.

Gravado nos estudos "A casa da Laura" Eiris, deseñado por Santi Lopez e David Sánchez con fotografias  de Juan Luis Rua.

As letras e a produccion correron por conta de Maghua.

O disco está editado e distribuido por Inquedanzas Sonoras.



MAGHÚA

Maghúa é un grupo de cantadores aparecido en A Coruña en decembro de 2006. Son dous os obxectivos primordiais á hora de se botar á auga: recuperar e transmitir parte da tradición oral do País galego e pasalo ben… Nunha actuación deste grupo hai moito de tradición, de humor e de baile.

O seu nome é unha variante, á galega, do termo “manjúa”, que as xentes da mar no Cantábrico empregan para denominar un banco de peixe azul (sardiña, bocarte…).




O ano 2009 constitúen a Asociación Cultural Maghúa, o que lles permite dar un pulo ás súas actividades.

Levan representando a cultura tradicional galega por todo o País, polo Estado e mesmo por Europa.


Apareceron en diversos medios públicos galegos e foráneos. Entre os premios acadados destaca o Io Premio no Io Concurso Folkarria de Música e Baile, celebrado en Alcalá de Henares no seo de festival de Bal-Folk máis importante de Europa.



Maghua que tocan ( e rebentan) pandeiretas de O Reberete, son:

Xiao Mogán
Tito Iglesias
Davide Leira




DISCOGRAFIA PREVIA:



Corricán” (ou curricán) é unha arte de pesca respectuosa co meio. Consiste en empregar canas, ou varas con liñas e anzois para ir apañando as pezas dunha nunha. Peixe azul...

Deste xeito Maghúa botou o anzol às pezas que conforman esta mostra. Unha a unha foron caindo nos distintos caladoiros do País, e mesmo fóra da raia “administrativa”.

Unha selección do traballo realizado por Maghúa desde o ano 2006. Non podía coller todo nesta lata, obviamente, porén as pezas descartadas atoparán acomodo no futuro.... 


Colaboracións en CD:

- República Billarda. Disco palán. Tema Gholpe de Billarda en Sabaxáns. Disco editado
en 2010 pola Liga Nacional de Billarda (asociación deste deporte tradicional).

- Cantares de Reices. Disco colectivo editado polo Concello de Boimorto. Cantar
Embajadores somos.

- XXIXª Festa da Carballeira de Zas. Dous temas, Alón e Oitavén.

- Proxecto Sapoconcho. Traballo de próxima publicación. Senhora do Almortâo.

CONTACTO:

maghua.cantareiros@gmail.com

CONCURSO CE ORQUESTRA PANTASMA



DESPOIS DA GRANDE PRESENTACION NO FREIXO DO SEU DISCO,
 CE ORQUESTRA PANTASMA E musicaengalego 
REALIZAMOS UN CONCURSO!!!


IMOS SORTEAR DOUS DISCOS ENTRE AS E OS QUE NON ENVIEDES UNHA MENSAXE A:

musicaengalego@gmail.com
facebook musicaengalego
facebook radiomusica engalego
twiter @musicaengalego

POÑENDO O VOSO NOME E TITULO DO DISCO ANTES DO VINDEIRO XOVES 24 DE OUTUBRO AS 24:00 HORAS.

O VENRES PUBLICAREMOS GAÑADORES.

FOLK IN TRIO 4ª TEMPADA

Folk in Trío comeza a súa 4ª tempada cos mesmos obxetivos que no seu nacemento
Xa hai máis de tres anos dende ese venres de xullo do 2010 arrincaba o programa Folk in Trío na emisora comunitaria coruñesa, Cuac FM.

A música folk e tradicional dase cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas... e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel.

Tamén temos feito programas en directo, como na Antiga Prisión Provincial da Torre aproveitando o noso 50º programa, ou o Especial Festival Interceltique de Lorient, dez programas en directo dende a Bretaña francesa nos anos 2012 e 2013.

Polos estudios de Cuac FM achegáronse grupos e solistas como Berrogüetto, Quempallou, Riobó, Os Cempés, Xabier Díaz, RIU, Sergio Tannus... pero non deixaron a ocasión de falar por vía telefónica con xente como Eliseo Parra, Silvia Pérez Cruz, Luar na Lubre e unha morea de artistas máis.

A 4ª tempada vai na liña marcada das anteriores, con seccións como o Xa Choveu!, onde rescatamos gravacións que xa se poden considerar históricas; o Folk-exemplo onde seguiremos poñendo a proba a algúns dos convidados; a sección friki-folkie, onde de cando en vez teremos a ocasión de escoitar cousas fóra do habitual; axenda semanal etc.

Estaremos os venres de 16 a 17 horas en Cuac FM, e tamén soaremos en Radio Crónica Folk Musical, Radio Neria, Radio Roncudo e Radio Pai, agardámosvos!

e tamen en podcast http://www.ivoox.com/perfil-folkintrio_aj_28168_1.html#
 
Mais info:  http://folkintrio.blogspot.com.es/<


ENTREVISTA MONICA DE NUT

Monica de nut "Unha vez pedíchesme unha entrevista, que dixera o que quixera dicir, o que me saira sen tapuxos. Pois aquí está; como boa galega sáeme preguntar!!! aleeeee, e que cada quen que se responda ou que me responda ou que faga o que lle pete!!!"


1.- A primeira vez que cantei foi cos paxaros que aniñaban nos carballos o lado da miña casa!!! e ti? 





 

 
2.- Cando estou contenta canto e cando estou triste tamén. Cando cantas ti? 







3.- Cantando alégranse os corazóns? 


 
4.- Canto ópera porque faime vibrar todo o corpo como se fose un altavoz ou un amplificador de guitarra de rock. Tamén cantando música tradicional coa pandeireta, rock... Pero vibra máis coa ópera. Gústame cantar baixiño, susurrando… jazz, fado…; non vibra tanto o corpo, así como un amplificador, pero pon os pelos de punta da suavidade. Que cantos che gusta máis escoitar? 

5.- Cantar no traballo, ou camiñando pola rua… a sorpresa de escoitar no lugar menos esperado… Cantas pola rua? escoitas cantar no traballo? no mercado? na ducha da veciña de arriba, do veciño de abaixo? a señora trabajando na horta? 
 


6.- As letras das cancións son importantes?










7.- Pódese cantar sen letra ningunha?



8.- Que cancións sabes? cántasme? 

 9.- Cando estou contenta parece que canto cando falo, ou cando lle falo alguén que me gusta moito? pásate tamén a ti? ponse a voz cantarina, non?


10.- Hai xente que parece que fala cando canta… en que se diferencia cantar de falar?



11.- Que voces che gustan máis? agudas, graves, fortes, suaves, infantís, vellas, rotas, claras…

 


 12.- Como é a tua voz? gústache? faite vibrar? ponche os pelos de punta?





13.- Que tal así? córtoche máis as patillas? e o flequillo como o queres?






NON TE CORTES COA ÓPERA ARIA + CORTE DE PELO

Próximamente no lugar máis insospeitado

Bicos!

http://www.monicadenut.com/nut/

LUIS EMILIO BATALLAN XIRA HABIA QUE CHEGAR

Luis Emilio Batallán presenta as cancións
do seu novo disco na súa xira por Galicia
O artista responsable do disco con maior éxito de todos os tempos da música galega volve aos escenarios.
O compositor e cantautor de Moraña regresa con “Había que chegar”, un novo traballo musical que presenta a fusión de novos ritmos e melodías.

Dende o 16 ata o 18 de outubro ofrece concertos en Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra.



Xa pasaron máis de 35 anos dende que Luis Emilio Batallán publicou o seu álbum Ahí ven o maio. Este álbum converteuse no disco máis vendido da historia da música en Galicia, con grandes temas como “Quen puidera namorala” (baseada no poema “No niño do voo do vento” de Álvaro Cunqueiro).
Batallán estivo presente nos escenarios durante catro décadas de música con álbums recoñecidos como “Ballet da nena”, “Eres un fármaco” e en 2007, “Tu retrato”. Luis Emilio é coñecido polo público pola súa habilidade ao musicar poemas de grandes referentes da literatura galega como Rosalía de Castro, Uxío Novoneyra, Celso Emilio Ferreiro ou Manuel Antonio entre outros.

O intérprete morañés regresa aos escenarios cun traballo máis íntimo, máis coidado e máis persoal no que introduce ritmos jazz e blues.

Gravado e editado en Estados Unidos, Cuba, Suíza e España, por fin chega aos escenarios galegos a presentación das cancións do disco “Había que chegar” durante este mes de Outubro.

O vindeiro mércores 16 de outubro, Luis Emilio estará no Centro Social Fundación Novacaixagalicia de Vigo en concerto e acudirá ao Teatro Principal de Santiago de Compostela o xoves 17 e ao Teatro Principal pontevedrés o venres 18 de outubro para pechar unha mini-xira por algunhas das principais cidades da comunidade. O inicio dos tres concertos está previsto para as 21.00 horas.

Tras as súas actuacións durante 2012 na súa homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo e Celanova, e actuacións ao longo deste ano en Casa das Crechas (Santiago), Bar con Uve (Moaña) ou Liceum de Porriño, Luis Emilio Batallán volve á primeira liña da música galega nunha serie de actuacións na que ofrecerá os seus novos temas e interpretará clásicos da súa traxectoria.


CONTACTO:
batallanluisemilio@gmail.com // 648 70 55 79 (Bibiano) -- 679 71 05 40 (Andrés)

Venda de entradas:

Luis Emilio Batallán en Vigo, 16 de outubro.
Luis Emilio Batallán en Santiago de Compostela, 17 de outubro.
Luis Emilio Batallán en Pontevedra, 18 de outubro.

NAJLA SHAMI CAMIÑO BRANCO



Camiño Branco - Najla Shami from Márcio-André on Vimeo.

Se non funciona proba no enlace; http://vimeo.com/75326779
Najla Shami
Pois esta pequena lindura é a que hoxe estreamos no Espazo Miramemira en Compostela. A compaña foi a mellor! Só faltaba o ideólogo e director Márcio-André ao que mando un saúdo e o meu agradecemento. Tamén deixo un feixe de apertas pra Andrea Vázquez García, sen ela non tería sido posible e pra Francisco Castro por crer tanto neste proxecto. Un beixo forte a todos os que participáchedes, sodes tan importantes nestes procesos! Agardo que gostedes! Contádeme as vosas impresións, partillade e espallade esta doce lingua na que falamos


CAMIÑO BRANCO
musica: Najla Shami
letra: Rosalía de Castro
VIDEOCLIP
dirección e guión | Márcio-André
estudio | Miramemira
cámara | Andréa Vázquez García
edición | Cinema Vertical
perruquería | Esteban Ramilo e Sabela Make up
kalimbas contruídas por | Dan Instruments

FAMILIA CAAMAGNO SACA O SEU DISCO FAMILIA CAAMAGNO

Podedes escoitar e descargar o disco de Familia Caamagno do seubandcamp premendo eiqui

Os temas incluidos neste primeiro traballo discografico son:

O ritmo da caverna
Fodin cos pes no rio
Non volvas mías
Ringo Starr
Perdoa
Se maña chove

Este disco foi gravado e mesturado nos estudos Rapapoulo en abril do 2012. E masterizado por Abrigueiro Estudios.

Familia Caamagno son:

Toni Caamagno bateria e coros
Lano Caamagno Guitarra baixa
Francesco Caamagno Guitarra de ritmo e coros
Jess Caamagno Guitarra de punteo
Manuele Caamagno  Voz e saxofón

CONTRATACION e CONTACTO 
629 041 750 ou 
familia caamagno@gmail.com

MAGRITTE VENDAVAL

Para escoitar MAGRITTE preme eiqui

MAGRITTE son:

Nate Borrajo: voz
Josito Porto: baixo e voz
Xurxo Labrador: guitarra
Jesús Dopazo: guitarra
José Lameiras:batería










Podedes descargar o ep de balde eiqui:
http://www.magrittemusica.com/temas/magritte/gfx/vendaval_ep.zip



MAGRITTE, "Vendaval E.P". por Carlos Rego.


A expresión espíritu inquedo adoita utilizarse con demasiada facilidade, pero non atopo outra mellor para poñer o recén chegado na pista de José Lameiras. Dende os tempos heroicos de Las Hierbas e Los Cambiantes (aló polos últimos 80 e os primeiros 90), ata El Pararrayos (o antecesor máis cercano a Magritte), un sempre recorda a José metido en proxectos que deran renda solta a súa aparentemente inagotable creatividade: coa guitarra ou o baixo colgados, fronte o micro, detrás da batería ou fedellando na mesa de grabación do seu estudo, organizando concertos… se non leva música nas veas, pouco lle debe faltar.

Agora en Magritte, e para non perder os bos costumes, achéganos música que non é nova nin vella; que soa nova sen deixar de parecer de sempre; que soa a un tempo coa enerxía duns principiantes e a sabiduría dos que teñen aproveitado os moitos anos de traballo en escenarios e estudos de grabación. Eles chámanlle música popvrinciana, e se por iso entendemos allea a modas e ventos que veñen e van, pero tamén atenta a todo o que hoxe pasa no resto do mundo que non é Ourense, andaremos moi preto de entender o seu punto de vista.

As súas clásicas melodías reviradas, que enseguida semellan familares sen deixar de soar radicalmente persoais, son agora traídas á vida pola voz dramática de Nate Borrajo (dramática por teatral, como o contrapunto que lle da Josito Porto), que pon toda a súa arte interpretativa ao servizo dunhas letras que sempre acaban pedindo unha segunda escoita, ao igual que un fondo sonoro no que cada detalle, e hai moitos, está pensado para aportar cores e matices que artellan un tapiz feito con agarimo de artesán.

Magritte debera ser a reencarnación definitiva de José Lameiras (e os seus fieis guitarristas Xurxo Labrador e Suso Dopazo), e Vendaval E.P. o disco que dunha vez por todas os puxera no escaparate da mellor música pop feita en Galicia.



MAGRITTE Fórmase en Ourense no verán do 2008, ano no que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa”, presentada en directo en moitas das salas de concertos de Galicia. Aproveitando estes concertos para dar forma e solidez ás cancións e ao sonido do grupo. Despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entra nos Estudos  Abrigueiro e gravan o seu primeiro Ep (6 cancións), e contan coa colaboración de Eladio Santos de Eladio y  los Seres Queridos, poñendo a voz na canción ”Varsovia”  e de Arturo Vaquero gravando todos os teclados que aprecen no EP.

PARA MAIS NFO http://www.magrittemusica.com/

NARF TRIO NAS TARDES ESCURAS

NARF TRIO

Compoñentes:

"L.A.R." Batería
"Ho Chi Ming"  Baixo
 "NARF " Guitarras e voz

O NARF TRÍO nace en setembro de 2013 da man do lanzamento do libro disco de NARF " Nas tardes escuras" ( el patito editorial). Trátese dun power trío. A súa primeira presentación foi no prestixioso Festival da Luz (2013) de Boimorto, con gran acollida de público e crítica.


O concerto de presentación do disco será o 31 de Outubro de 2013 na Sala Capitol de Santiago.


  "Nas tardes escuras" conten 12 temas + un texto recitado.
As  letras de Rosalía de Castro musicadas por  Fran Pèrez "Narf"

Tal como as nubes 
Nunca sospiro 
Cabe das froles 
Amores cativos 
Pasade
Ódiote 
Lúa descolorida 
Ti onte, mañán eu
Bos amores 
Follas Novas 
Nas tardes escuras 
Así semos.



https://www.youtube.com/watch?v=k-CGH052TnM&hd=1

https://www.youtube.com/watch?v=k-CGH052TnM&hd=1
Gravados Estudios Asisi.e mesturados enSons Galiza. coa produción musical e mesturas de Antonio Vázquez..
Ul libro-cd producido, editado e distribuido por El patito editorial, formando parte da reedición das obtas completas da poesía de Rosalía por parte da editorial .

 O máis carácterístico do disco é o utilizar a linguaxe enèrxica e eléctrica do rock máis contemporáneo para achegarse aos versos de Rosalía. O disco xa se pode mercas nas librerías estando distribuido
por toda Galicia.

Os collages que aparecen no libreto son obra de Fausto Isorna (Catoira, 1961).
Discografía

 Nas tardes escuras" (El patito editorial, 2013), Rock contemporáneo con poemas de Rosalía de Castro

Antes da fundacióm do NARF TRÍO Fran Pérez editou tres discos como NARF ,
"Aló irmao" (Falcatruada, 2010) con Manecas Costa,
 "Tótem" ( Falcatruada 2007) e
"Directo en Compostela" (Changüí, 2003).

C o n t a c t o:

PARA CONTRATACIÓN anton@armusica.es
telefono para entrevistas, contratación... 986-337069 / 678-578013

CE ORQUESTRA PANTASMA DO MEU


Podedes escoitar a CE ORQUESTRA PANTASMA eiqui

"Velaquí" foi o primeiro documento sonoro parido a finais de 2008: unha mínima tirada que incluía cinco temas representativos dos diferentes repertorios do momento. A Orquestra Pantasma contaba daquela con apenas catro meses de vida pública, trebellando o home orquestra cun formato mais eléctrico e sofisticado. Hoxe, cinco anos despois e animado por Isaac Millán a experimentar na Lagharteira, tentando ser o mais fiel posible ao seu son actual mistura de enxebrismo industrial e sinxeleza musical; escolleuse un repertorio mais "Do meu":

  Acostumado a andar só polos camiños, Cé Orquestra Pantasma axudouse nesta ocasión dalgunhas voces afectivas para darlle un pouquiño máis de colorido, viveza e sentimento a esta mostra sonora. Acompañada polo miúdo coro de Ghamusinos e o trangalleiro das Bocas Neghras, as espelidas voces de Nacho, Baloira 'e Roberto do grupo "Os Cuchufellos" e a doce gorxa de Arantxa do mundo, a Orquestra Pantasma deséxalles unha agradable estadía musical.

 DO MEU son once pezas de composición propia, ben na súa totalidade ben na parte melódica. -


1.Hoxe aquí
2.0 bico de lata
3.Desengano
4.0 Lourenzo I
5.0 Ghamusino
6.Parrafeo
7:Cóidate Pepiño
8.01vidáchesme, olvideite
9.0 vento bufa
10.08 tabáns o o ZZ
11.0 son do mantel 1Z




Este traballo foi argallado entre novembro de 2012 e maio de 2013, no estudo de gravación A Lagharteira de Arcade con Isaac Millán ao fronte, gravando, mesturand'o, aconsellando e construíndo a parte técnico-sonoro. O deserio grálco e fotográfico foi cousa de Elena e Harry. As súas cabezas e mans foron postas en consonancia'para levar adiante o fermoso traballo visual que agora estades a ollar. Os consellos e correccións ortográficos do libriño son un cariñode Judit Santos, o chapurreo lingüístico foron cousa do presidente da comisión de festas.

Colaboracións:
As Bocas Neghras, con coros en tódalas cancións, son: César Figueroa, Daniel Alonso, Isaac Comesaña, Cipri, Santi e Iván Freiría, Saúl Alfonso, Begoña Salgueiro, Daniel e Verónica Villanueva.
Nacho, Manolo Baloira e Roberto son voces principais en "Hoxe aquí".
Arantxa do Mundo, á voz en: "Desengano", "Parrafeo" e tamén á voz e castañolas en "O son do mantel"
O Coro Miúdo de Ghamusinos con contestacións no retrouso de "O Ghamusino", alí estiveron:, Paula e Aaron Freiría, Roque Salgueiro e Saúl Alonso, este último tamén facendo o cabaliño en "Os Tabáns". Tamén nas fotos Xoel e Xián, os meniños que están no colo.

A Juan, para que alá onde ande bote unha gargallada das súas
Pontos de venda:
PONTEVEDRA
* Bar do local da Asociación de Veciños de FREIXO que está na Estrada de San Xoán, 256 – Valadares- 36213 VIGO. Recoméndase chamar antes para saber os horarios de apretura, 986213856.

OURENSE
*Merceria A RETRINQUEIRA de Manzaneda.
*Local A REBUSCA de Manzaneda.

A CORUÑA
*A GRILEIRA de Mouriño Rúa de Sar, 16 – baixo, 15702. Santiago de Compostela.
*MIRANDA cultura para levar, en Trás Salomé,1. 15705 Compostela.
*DE COTIO Rúa Xelmirez nº 26 baixo, 15704 Santiago de Compostela.
*BULIDERIA Rúa San Lázaro nº 108-baixo. 15703 Santiago de Compostela.
*SISARGAS Rúa Curros Enriquez nº9. 15002 ACoruña.

LUGO
* Local da Asociación Cultural RÚA DA MÚSICA na Travesia de Árias de Arbieto, Sarria.

  WWW ceorquestrapantasma. com 
 CONTACTO
✆ 653 025 708
contacto@ceorquestrapantasma.com

ABOBRIGA "FOLIADA DE BAIONA"

1. Pasodobre dos compañeiros
2. Foliada de Baiona
3. Rumba da Balsa e muiñeira das entretelas
4. Pichondobre
5. Pintinhos no terreiro
6. Muiñeira de Baiona
7. Pasacorredoiras de Abóbriga
8. Danza das espadas
9. Foliada de Velle
10. Ximauma
11. Muiñeira do deprimido
12. Tres cantos
13. Rumbóbriga
14. Pasodobre do Punta Balea
15. Foliada da señora Xoana
16. Matache o porco


O disco conta con 16 temas onde ofrecen una mostra da historia da música tradicional do municipio mesturados con composicións propios coma o “Pasodobre Punta Balea” e con cancións populares coma a “Foliada de Baiona” ou a “Muiñeira de Baiona”, recopiladas da tradición oral. Tamén destacamos a presencia dunha peza inédita, una danza de espadas encontrada no Arquivo Provincial de Pontevedra.

Prezo do disco: 10€

Máis información:

www.abobriga.com



Abóbriga xorde a finais do ano 2008, onde parte dos gaiteiros do Monteboi (Baiona) contactamos con varios músicos para facer unha colaboracion nunhas actuacions informais, e tanto gustou o resultado que decidimos formalizar o grupo.

Durante o noso pequeno tempo de vida demos diversas actuacións: Furancho Malaherba (Matamá), Furancho da Balsa (Matamá), Sala Clandestino (Ramallosa), Sala Farandula (Vigo) para a caravana solidaria "Galicia non se vende", Festa do marisco 2010 de Vigo, actividades culturais do BaiVerán 2009 e 2010 de Baiona na Praza do Concello...



O noso repertorio é amplo tanto en pezas tradicionais coma de “cosecha propia”. Temos tamén cancións nas que colaboran coa súa voz as rapazas de “Grialia”.O nome do grupo, "Abóbriga", provén dos antigos gregos, que denominaban así ao pobo onde naceu a nosa agrupación, a actual Baiona.

ENTREVISTA A TRAPOS SUCIOS

Boas tardes Trapos Sucios, que tal?

Boas! Ben, gracias.

Contádenos un pouco quen sodes e o estilo de música que facedes

Pois Trapos Sucios somos un grupo de Muros, levamos xa varios anos tocando e autoeditamos 3 discos, dous deles gravados integramente por nós e este último, Idiocracia, gravado no Carballiño, en Estudios Mafia (http://estudiosmafia.blogspot.com.es/). Actualmente estamos presentando o noso último traballo, Idiocracia. Sobre o noso estilo de música pois é difícil que nos o definamos, seguro que persoas que nos escoitan o poderían responder mellor pero consideramos que facemos rock con algúns toques punk, con letras críticas e comprometidas cos problemas da sociedade.

¿Por que Idiocracia? ¿Que mensaxe queredes transmitir co título deste novo disco?

Idiocracia é unha sociedade gobernada por idiotas e, entre todos os títulos que pensamos para este novo disco, gustounos o xogo de palabras e o insulto directo que contén. Ademáis do uso despectivo da palabra, un idiota é unha persoa torpe de entendemento, pouco intelixente. Quizáis esta sexa a única explicación de por que neste país se toman certas decisións...

Gústanos moito o deseño do disco e como está presentado, sobre todo a idea do cerebro que aparece na portada do mesmo. ¿Como xurdiu esta idea?

Á hora de plantexar o deseño de Idiocracia tiñamos claro que ía ser sinxelo, sen complicacións. Démoslle ao deseñador un resumo do que contaba cada canción para que el puidese enfocalo sobre o contido das propias cancións. Ademáis, fixémoslle chegar algunha idea que estiveramos discutindo entre nos para a portada. Finalmente, entre todos os bocetos realizados, foi a idea do cerebro a que máis nos gustou e a que mellor representaba o título do disco.

Cada vez son máis os grupos que distribúen o seu disco so na rede. Sen embargo, parece que Trapos Sucios resístese a abandonar o CD. ¿Que tendes que dicir sobre isto?

Consideramos que o disco como formato de distribución musical está superado, as novas tecnoloxías gañaron moito terreo e pouca xente quere xa mercar un disco. Moitos grupos xa non editan en formato físico e é totalmente respetable. Internet fainos a todos os grupos un pouco máis libres e é unha plataforma idónea para abrir ao mundo as nosas inquietudes. Sen embargo, a nos séguenos a gustar máis ter o noso traballo nun disco que ter ficheiros con audio comprimido no ordenador. Ao mellor non hai próximo disco, ao mellor o próximo disco so se edita na rede, ao mellor sacamos unha edición limitada de Idiocracia en vinilo... tampouco nos pechamos a outras formas de publicar o noso traballo.

Ademáis, o disco inclúe un DVD cun ensaio en directo e un videoclip. ¿Poderíades contarnos un pouco o motivo de incluir un DVD e como foi a realización do mesmo?

O contido audiovisual do grupo ata a publicación de Idiocracia en 2013 era escaso e de mala calidade. É dicir, no que a videos se refire tiñamos unha débeda con nos mesmos. Por este motivo, decidimos realizar un videoclip e gravar un ensaio da banda en directo. Era algo que sempre quixemos facer e pensamos tamén que incluindo un DVD a xente animaríase máis a conseguir unha copia física do disco.

O videoclip realizámolo coa productora Ziwa en tan so un fin de semana, a finais do ano 2012, con moi pouco presuposto e coa axuda de amigos e coñecidos. Gravámolo en distintos lugares de Muros e nunha antiga fábrica de conservas que hai chegando a Lira. Foi unha nova experiencia para o grupo e quedamos moi satisfeitos co resultado final.

O ensaio do grupo realizámolo no estudio onde gravamos o disco, Estudios Mafia, no Carballiño, pouco antes de sacar o disco. Desta vez contamos coa productora Retina e con Chichi, dono do estudio, para a producción do mesmo. Foi gravado en tan so un día e tamén con moi pouco presuposto. Unha vez máis acertamos e quedamos moi satisfeitos co resultado obtido.

Vemos que o disco está baixo unha licencia Creative Commons, ¿por que apostades por este tipo de licencias?

Desde o noso punto de vista este tipo de licencias facilitan as cousas a grupos como nos. Outro tipo de licencias poñen máis impedimentos que ventaxas. Interésanos que circule a nosa música libremente, darnos a coñecer. Tamén nos interesa que aquelas persosas que queiran defender a nosa causa merquen o disco, merchandising ou veñan aos concertos. Non pedimos nada a cambio para que alguén poida escoitar os nosos discos pero tamén é certo que son as persoas que se involucran economicamente con nos as que fan posible que poidamos seguir adiante.

¿Como se pode mercar Idiocracia?

O disco pódese mercar en formato dixital en páxinas como iTunes, Amazon, Spotify, Band Camp ou CD Baby entre outras. En CD Baby tamén se poder mercar unha copia física e recibila na casa. Ademáis, nos concertos pódese conseguir xunto ao merchandising.

E para quen queira escoitalo, pódese facer de balde en Spotify, na nosa páxina web, Sound Cloud ou Band Camp.



¿Que obxectivos quere alcanzar Trapos Sucios con este novo traballo?

Non somos demasiado ambiciosos, conformaríamonos con darnos un pouco máis a coñecer e tocar en novos lugares. Estamos orgullosos do noso traballo e satisfeitos co recibimento da xente, se merecemos máis é algo ao que nos non podemos responder. Pola nosa parte so podemos seguir esforzándonos ou darlle final a este conto.

 No disco existen algunhas colaboracións, ¿poderíades contarnos un pouco cales son estas colaboracións?

Non pensabamos incluir tantas colaboracións cando iniciamos o disco pero unha cousa levou a outra e, ao final, o resultado é o que podedes escoitar. Javi Maneiro (Heredeiros da Crus, Jabon Blue) e Kuervo (Forraje, Jabon Blue) son amigos do grupo e dúas persoas ás que gardamos moito respecto polo seu recorrido nesto de tocar. Javi xa colaborara con nos no primeiro disco e agora quixemos recuperar a súa voz para un dos temas en galego do disco (“Falar por falar”). Kuervo non colaborara antes, levábamos tempo con ganas de que así fose e neste disco por fin puidemos contar con el. Gus colaborou no disco porque coincidimos en Estudios Mafia con Nao durante a gravación do seu último disco “Cancións de amor e liberdade”. É un grupo que nos gusta o que fai e, por medio de Chichi, obtivemos a súa colaboración en “Mentira 47”. A colaboración de Diego Mosquera ocorréuselle a Chichi un día no estudio falando sobre un trozo de canción onde queríamos engadir algo máis do que había xa gravado. Finalmente, tivemos a oportunidade de contar coa colaboración de Bode e Pajarillo (Porretas) máis Kosta (Boikot) en “Espankia” e con Kutxi (Marea) en “Menudo futuro”, membros de grupos que nos gustan moito e que aportaron o seu estilo inconfundible ao disco.

Neste novo disco hai dúas cancións en galego, “Falar por falar” e “Cousas do mar”. ¿Veremos algún día un disco de Trapos Sucios integramente en galego?

Dentro dos nosos plans non está mudar de idioma. Neste disco incluimos dúas cancións en galego, “Falar por falar” e “Cousas do mar”. No primeiro disco incluimos “¿Que máis da?” e temos algunha máis que non foi publicada nun disco. Todos nos falamos galego e gústanos que se use o galego na música. Que cantemos en castelán non nos debería facer peores nin mellores.



https://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=uEhTWmlb_tc

Sodes un grupo que levades varios anos en funcionamento e, desde o noso punto de vista, cun traballo bastante digno. ¿Por que non é Trapos Sucios un grupo máis coñecido?

Hai moi bos grupos en Galicia e cun traballo tan digno como o noso ou mellor. O que si é certo é que nunca invertimos demasiado esforzo en chamar a atención ou dar que falar. Cada grupo decide que estratexia quere seguir e nos decidimos que se nos valore polo que facemos e non polo que falamos máis alá das cancións.

Xa para rematar, ¿que vai facer Trapos Sucios os vindeiros meses?

Vamos presentar o disco en pequenos locais e salas durante o inverno e gustaríanos entrar nalgún festival o próximo verán. Ao mellor facemos outro videoclip ou preparamos algún concerto noutro formato. Non prometemos nada, iremos facendo aquelo co que máis a gusto nos sintamos.

Moitas gracias, un placer poder falar con vos. Esperamos que teñades moita sorte e ter pronto noticias do grupo!

O placer é noso, ata a próxima.

Entrevista realizada para ,usicaengalego por Tania Dominguez

MAIS INFO DE TRAPOS SUCIOS EN http://www.trapossucios.com/