MIGUEL ALONSO O DIA DESPOIS DA NOITE DOS CANS



Miguel Alonso "Teño reflexionado moito nos últimos tempos sobre como facer chegar a miña música á xente. Gravar discos é caro, sobre todo nestes tempos de crise, e o mesmo podería aplicarse a quen os ten que comprar.

Por iso, tomei unha decisión que, creo, debería gustarnos a todos. Vou seguir gravando discos, digamos, "oficiais", por suposto, co presuposto que me poda permitir, mais tamén vou aproveitar para editar outras cousas que me interesen e nas que o presuposto tenda a cero.

Decidín que, de cando en vez, vou publicar na rede cancións inéditas, descartes, temas en directo, cancións gravadas en estudio para compilatorios... que por unha cousa ou outra non teñen cabida nos meus discos. Incluso proxectos afastados da miña carreira musical habitual. Imos aproveitar a tecnoloxía e vou compartir algúns arquivos de audio que teño no meu pequeno home-studio. Hai centos de cousas aí, non todas interesantes, pero algunhas poden gustar.

A moeda de cambio vai ser o EP. Catro ou cinco cancións de cada vez, só cando eu considere que hai algo interesante que compartir. Neste caso, regálovos catro temas que pertencen ás sesións do meu último disco, "A noite dos cans" (2010). Dous son temas de estudio, gravados para compilatorios ("Nos ollos teus" e "Días raros") e os outros dous son maquetas de temas que non se incluíron porque quedaban fóra do concepto que eu pretendía transmitir, non pola súa menor calidade. Iso si! Son maquetas gravadas por min tocando todo o que oídes, e na casa!!

Por suposto o trato vai nas dúas direccións! A cambio do regalo, vós compartides o EP e o espallades por aí, ok? :)

Déixovos con "O día despois da noite dos cans"! Podedes escoitalo en liña aquí: http://miguelalonso.bandcamp.com/album/o-d-a-despois-da-noite-dos-cans

E podedes descargalo destes links:

En mp3: http://rapidshare.com/share/632A5E8F81477EB51245030DAAEF502E

En wav: http://rapidshare.com/share/8EB26EE5BA483B35AA14A33AD38E9779"