TIRULEQUE MU


Tiruleque chama á festa ao berro de ‘Mu!!’
Tiruleque ten novo disco, un traballo que leva por título Mu!!
O grupo folk coruñés consolida o estilo acadado no seu primeiro álbum, autoproducido coma este, presentando un traballo vencellado á terra, pero no que asoman ritmos doutras latitudes como pode ser o dixie ou son cubano. Son nove temas nos que se mesturan xotas, alalás, muiñeiras, pasodobres, valses e polcas e entre os que se atopan títulos como A Laranxa, Limiñoa ou A pereira e o cerralleiro.

Mu!! non é máis do mesmo. Mu!! é un traballo coidado co que o grupo madura a nivel musical, con arranxos máis desenvolvidos e ousados. 

Trala saída da formación de Pablo Pintor, o grupo incorpora dous novos compoñentes: Serxo Núñez (voz, clarinete, gaita e percusión) e José A. Vázquez (gaita, saxo alto e percusión), que se unen a Antón Bueno (contrabaixo), Álex Fente (acordeóns), Luis García (percusión e coros), Miguel Horjales (percusión e coros) e Fernando Román (saxo soprano, clarinete e trompeta).


Este segundo traballo mestura de novo temas instrumentais e cantados e invita a mover os pés do primeiro ao último tema. Á forza que xa de por si teñen todas as pezas únese o trazo do pintor coruñés Ramón Astray, autor das ilustracións que arroupan o disco. O cadro escollido para a portada, Cabeza de vaca, pretente retratar o xeito en que Tiruleque entende a música, conxugando tradición e modernidade. Non hai animal máis vencellado á terra ca vaca, elemento multicultural como moitas das chiscadas que fai o grupo. Mais a vaca de Astray é unha vaca onírica, surrealista. O de sempre visto con outros ollos.(http://www.ramonastray.com/)
Podedes escoitar o tema adianto do disco LIMIÑOA no seguinte enlace:



Dende a súa formación no 2002, Tiruleque nunca deixou de lado esta máxima, igual que a de divertirse e facer bailar ao seu público. Así o fixo en todo este tempo, no que ten participado en festivais como o de Pardiñas, o de Ortigueira, o Intercéltico de Avilés, a Festa do Lugnasad de Bretoña e o Festival Interceltique de Lorient. No 2009 edita un álbum homónimo ao que agora se suma ‘Mu!!’, un bruído que chama á festa.
Para máis info:

TIRULEQUE, música galega.
www.tiruleque.com
tiruleque@tiruleque.com

Contratación: (0034) 606 044 298
contratacion@layogurtera.es

MYSPACE: http://www.myspace.com/tirulequecoruna
FACEBOOK: https://www.facebook.com/pages/Tiruleque/426939184025423
YOUTUBE: http://www.youtube.com/tiruleque2002