A MIÑA PRIMEIRA ROSALIA

Co gallo da celebración do cento cincuenta aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro, Edicións Xerais editou o libro-CD A miña primeíra Rosalia.

Este proxecto, baixo a dirección e a edición de Xiana e Xosé Lastra, conta coas ilustracións de María Manuela e pretende facilitar un achegamento á figura da poeta mediante unha breve biografía e antoloxía da súa obra, e grazas ás versións musicadas dalgúns dos seus poemas, que se recollen no CD nas voces de María Manuela, Mero, Mini e Xiana Lastra, acompañadas instrumentalrnente por Xurxo Varela, Nani García, Pablo Sabio, Nuria Lestegás, Paco Barreiro, Roberto Grandal, Pepe Do Pico, Simón García e Manuel Dopico.

As pezas incluidas no CD recóllense tamén nun concerto en directo, realizado polas voces e instrumentistas que participaron na gravación, constituíndo un espectáculo de máis dunha hora de duración e no que as diferentes cantigas van introducidas por pequenos vídeos que recol len opinións sobre Rosalía de Castro por parte de persoas relacionadas directamente co estudo da súa obra.

As cantigas que conforman o repertorio son: O forno está sin pan, Vente rapasa, Tecín
soia, Paseniño, Lévame a aqueia fonte cristaíña, No ceo azul crarísimo, Miña santa Margarida,
Negra sombra, A xusticia poia man, Vamos bebendo e Mais ó que ben quixo un día. Oerra o
espectáculo a interpretación do poema que Curros Enríquez Ile dedicou: A Rosaiia.

Setembro 2013

Máis infomiación sobre A miña grimeira Rosaiía:

http://www.facebook.com/aminhaprimeirarosalia

http://www.xerais.es

P A R T I C I P A R O N


MARIA MANUELA Voz

María Manuela naceu na Coruña  no ano l945.Criouse en Ferrol no barrlo de Recimil e alí xogaba cos amígos a seren cantantes e artlstas, facendo teatrlños de xoguete nun tempo de fame e de mlserla.
Nos seus anos mozos coñeceu a Miguel Varela ‘O Tranquilo’; que daba clases de guitarra. As aulas foron máis aló do esperado e co paso do tempo acabaron casando. Como Manuel gustaba moito de cantar e facíao ben. comezou un dúo alén do matrionio, formando unha parella artística (Manuela e Miguel) que puxo música a moitos dos poetas da terra e loitou coa voz en prol da democracia e pola dignidade da lingua galega. tanto tempo aldraxada.
Percorreron moito mundo cantando en dúo e nalgunha ocasión coa colaboración de Xoán Rubia. Actuaron por distintos países de Europa e por boa parte da xeografía peninsular e insular.
María Manuela foi voceira do colectivo ‘Nunca Máis’ de Fenol. participou nos concertos expansivas de ‘Burla Negra” e en actos en contra da guerra de lraq. así como para diferentes causas benéficas. Foi homenaxeada pola súa cidade e en diferentes lugares da súa terra, sendo destes o acto máis salientable a gala “Habemos de ir”, celebrada o ano 2008 no teatro Jofre, onde participaron os grupos máis importantes da musica.
Alén de cantante é pintora, é tamén compositora, ternas como As pilas, Levantousla belída., cantares e cantar de berce, son da súa autoría.

Discografía
Cantigas ó meu xelto                             1974
Ana Mariña                                           1976
Idioma Meu                                          1977
Panxoliñas                                             1977
Cantigas para nenos e neneiros (infantil) 1978
María Manuela (recompllaclón)              1979
Erguerémo-la espranxa                          1982
Homenaxe a Celso Emilio                      1989
Imos cantar xuntos (infanfil)                    1990
Barco na alba                                         1991
Para Miguel                                            1999
Colaboración no libro-disco ‘Sernpremar
dos colectivos Burla Negra e Nunca Máis 2003
0 meu prlrnelro Oelso Emlllo                     2012
A miíia primeira Rosalía                             2013




MERO e MINI Voces, guitarras

Mini Xosé Luís Rivas Cruz e Mero Baldomero Iglesias Dobarrio é un dúo de cantautores chairegos, músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes de A Quenlla
Alén da súa produción discográfica con estes grupos, participaron noutros discos de música galega, como o Quiquiriquí, producido no ano 2006 pola Asociación de Gaiteiros Galegos, e en obras teatrais como Pan, catro propostas arredor da malla, creación e adaptación musical súa.
Cómpre salientar o seu labor de recompilación de contos, lendas, refráns, ditos ou poemas, principalmente na súa Terra Cha natal e nas zonas onde exerceron o seu traballo de mestres: Mesía (Mero) e Boimorto (Mini).
O arquivo sonoro froito deste labor, composto por milleiros de cintas magnetofónicas, foi cedido ao Museo do Pobo Galego para a súa dixitalización e incorporación ao Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade.
En 2009 foilles concedido por unanimidade o Pedrón de Ouro como recoñecemento á súa traxectoria de corenta anos de investigación musical, galardón que recibiron o 24 de maio. En 2011 concedéselles o X Premio Ramón Piñeiro López - Facer País, organizado pola asociación cultural Val de Láncara.
Fuxan os ventos, chamado ás veces simplemente Fuxan, é un grupo musical galego formado en 1972 en Lugo. O grupo participou co nome de Folk 72 no III Festival musical das San Lucas de Mondoñedo, onde gañaron o primeiro premio coa peza Fuxan os ventos. A partir daquela adoptaron este nome.
No ano 1975 o grupo sufriu a súa primeira escisión. No seu seo agroman dúas liñas de traballo: unha tendente ao folclore universal e outra máis comprometida coa cultura, co idioma e coa identidade galega. Foi a segunda liña a que quedou, e comeza o percorrido polos teleclubes da provincia con Galicia canta ó Neno, unha escenificación do xeito de vivir as festas do Nadal en Galicia. Este proxecto incluíu a participación de moita xente e a recolleita de centos de panxoliñas, aguinaldos e cantos de Reis.
Pouco despois aparecen as primeiras ofertas para editar discos. Nos primeiros anos o grupo rexeitaba a posibilidade de gravar o seu repertorio, co fin de non comercializar o problema galego. Pero en 1976, co fin de espallar o seu traballo, o grupo podería gravar á súa maneira (sen arranxos electrónicos), manter a liña do grupo e o compromiso político apartidista, e asegurarían que o grupo non se comercializaría cara a dentro. Froito daquel acordo edítase en 1976 o seu primeiro disco, Fuxan os ventos, e posteriormente outros tres: O tequeletéquele , Galicia canta ó neno e Sementeira.
En 1977, prodúcese a segunda escisión, por mor de manter a independencia política. Entre 1978 e 1980 o grupo aumentou o número de actuacións, chegando a Cataluña, Euskadi, Lisboa, Bruxelas, París, Zúric, Brest, e mesmo en dúas edicións do Festival Intercéltico de Lorient (1978 e 1979), mentres realizan unha Campaña cultural en zonas de montaña, con 30 actuacións en vilas e aldeas da provincia.
No ano 1979 conseguen o seu maior éxito co disco Sementeira, ao que lle seguiría un período onde aumenta a súa actividade ata cen concertos ao ano. O seu quinto disco Quen a soubera cantar xa foi coa editora Ruada, nun intento fracasado de apoiar o primeiro selo discográfico galego.
Por Fuxan os Ventos chegaron a pasar ata 30 persoas, ata que no ano 1982 se produciu a definitiva modificación coa saída de Mini e Mero, que fundaron A Quenlla.
O proxecto d’A Quenlla naceu coa intención de elaborar un estilo próximo ao folk e á música tradicional galega, pero sen abandonar a temática social e reivindicativa, un aspecto que Fuxan os Ventos viñera descoidando. Á formación inicial, de só tres persoas, fóronse sumando distintos músicos, ata acadar a decena no momento actual.
As letras d’A Quenlla baséanse en dúas fontes: a música tradicional e os escritores galegos, sendo moi numerosas na súa discografía as adaptacións de diferentes poemas de Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, Darío Xohán Cabana ou Xosé Luís Méndez Ferrín, así como a inclusión nos discos de textos recitados.
Outra característica do grupo é unha certa tendencia a facer discos temáticos, como xeito de incidir nunha determinada mensaxe. Así Európolis ‘88 é unha crítica feroz á Unión Europea; A casa que nunca tivemos, unha reflexión metafórica sobre a Galiza e o amor á terra; e Namórate da vida, un canto contra os perigos da droga (este disco foi feito en colaboración coa Federación Galega de Asociacións de Axuda ó Drogodependente).
O grupo tamén colaborou numerosas veces poñéndolles banda sonora a distintos documentais e outras obras videográficas.

Discografía con Fuxan os Ventos
• Fuxan os ventos 1976
• O tequeletéquele 1977
• Galicia canta ó neno 1978
• Sementeira 1978
• Quen a soubera cantar 1981
Discografía con A Quenlla
• Os tempos inda non, non son chegados 1986
• Európolis ‘88 1988
• Máis alá da néboa 1990
• Terra 1992
• Nadal en galego: Galicia canta ó neno 1993
• A casa que nunca tivemos 1996
• Namórate da vida 1999
• Os Irmandiños 2010


• O meu primeiro Celso Emilio 2012


• A miña primeira Rosalía 2013


XIANA LASTRA Voz


Xiana Lastra formou parte do Grupo Ledicia case dende a súa constitución. A súa vinculación con María Manuela e con Miguel Varela foi moi estreita dende que naceu e ó longo dos seus estudos no CEIP Manuel Masdías, de Ferrol -sede do grupo, que foi dirixido durante moito tempo por Miguel-, onde estudou tamén o seu fillo Xurxo Varela, membro igualmente de Ledicia dende a súa orixe.
Fixo estudos de piano no Conservatorio de Ferrol ata o grao medio e asistiu a clases de canto coa mezzosoprano María Xosé Ladra. É licenciada en Xornalismo e en Comunicación audiovisual e, aínda que non se dedica á música de xeito profesional, formou parte durante un tempo do grupo Árdelle o eixo e, na actualidade, de Odaiko Percussion Group.
Ten cantado con María Manuela en moitas ocasións, tanto nalgunhas galas da artista como en actuacións de Ledicia. Participou na gala Habemos de ir, de recoñecemento público a María Manuela por parte do pobo de Ferrol, celebrada no teatro Jofre o 4 de decembro do 2008 e gravada pola TVG.
Discografía con Ledicia
• Discos colectivos das diferentes edicións de Cantareliña.
• Polo correo do vento 1997
• Estiñada 2007
• O meu primeiro Celso Emilio 2012
• A miña primeira Rosalía 2013

XURXO VARELA  Arranxos, Viola da gamba, Guitarra, Baixo


Xurxo Varela naceu en Ferrol en 1971, fillo de María Manuela e de Miguel Varela. Aos oito anos comezou a estudar guitarra con seu pai. En 1986 comezou no Conservatorio de Ferrol, proseguindo no da Coruña en 1989, iniciando os seus estudos de violoncello con Clara Groba. En 1991, seguiu a estudar o violoncello con Dalibor Sebestik en Santiago, onde no ano 1993 principiou o estudo da viola da gamba co seu mestre Francisco Luengo, ao entrar no grupo Música Doméstica, instrumento co que tivera o seu primeiro contacto como autodidacta desde aló polo ano 1987. No ano 1995, comezou a estudar canto con Miro Moreira, director do Orfeón Terra a Nosa.
Na actualidade toca a viola da gamba nas formacións: Capela Compostelana, Banchetto Musicale, Decamerón & Cía, Gradicela, La Galería del Clarooscuro, Affecti Armonici, Axivil (Aljamia, Castizo, s. XV), Ensemble la Chimera; participa en Música Doméstica e colabora con Sesquialtera (grupo de música renacentista da ESMAE), Arte Mínima e I colori della armonia e L’antico affetto. Forma parte do grupo medieval santiagués Malandança, onde toca a “vyola oval”; canta co Coro da Capela Compostelana, co Taller de Música Antiga do mesmo, co Coro universitario de Santiago de Compostela, coa Capilla de la Catedral de Santiago, e toca a guitarra e a viola da gamba co grupo da cantautora María Manuela.
Participou en moi diversos festivais por toda Europa tales como “Festival de Namur (Bélxica)”; “Festival “Yehudi Menuhim, de Gstaad, (Suíza)”; “Innsbrucker Festwoche der ALte Musik“; “Festival de música de Granada”; “Festival de música religiosa de Salamanca”; “Festival de órgano de Burgos”; “Festival de música de Canarias”; “Festival Interceltique de L’Orient”; “Clara in Veurne (Bélxica)”; “Via Stellae (Santiago de Compostela)”; “Vai de Camiño”; “Festival de música antigua de Daroca”; “Festival de música antigua de Gijón”; “Festival de música antigua de La Laguna (Tenerife)”; “Festival de Namur (Bélxica)”; “Il canto delle pietre (Italia)”; “Festival de Segovia”; “Festival de música antigua de Roiemont”; “Festival Cantos de Arión (Murcia)”; “Espazos Sonoros”; e por moi diversos lugares como Nova York (The Cloisters), Washington, Roma (embaixada do Vaticano), Trondheim (Noruega), Praga, Innsbruck (Austria), Rotterdam, Saint Malo, Clery, Bordeaux, Poitiers (Francia), Andorra la Vella, Lisboa, Mafra (Portugal) e Luxemburgo, Universidade de Liége e Chateau de Flawinne.
Foi profesor en distintas academias de música de Galiza. Na actualidade imparte viola da gamba, así como música de cámara, na “ESMAE-IPP” (“Escola Superior de Música e Artes do Espectáculo”) en Portugal.
Como autor de arranxos fixo diversos traballos en diferentes discos e encargas especiais, como o de Cantar de Berce, con música de María Manuela, interpretado pola gran orquestra Pequeñas Huellas en Turín o 24 de outubro do 2012. Participou na adaptación musical da curtametraxe Minotauromaquia, de Juan Pablo Etcheverry; na transcrición musical do cancioneiro infantil Chirlosmirlos, de Antón Cortizas; e como instrumentista, nas bandas sonoras das películas Os Crebinsky, O Apóstolo e Vilamor.
Discografía
• 1989 - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, A mulata Coromoto (María Manuela)
• 1990 - Barco na alba (María Manuela)
• 1991 - Imos cantar xuntos (María Manuela)
• 1992 - Porque trobar é cousa en que jas (grupo Martín Codax)
• 1993 - A irmandade das estrelas (Carlos Núñez, The Chieftains e Xoven Orquestra de Galicia (XOGA)).
• 1994 - Pedriño e o Lobo (Orquestra da Comunidade Galega)
• 1995 - Os sons do Pórtico (In Itinere)
• 1996 - Cuerdas, aunque disímiles, aunadas (Banchetto Musicale)
• 1997 - Polo correo do vento (Ledicia)
• 1998 - Zion Spricht (Banchetto Musicale)
• 1999 - Para Miguel (María Manuela)
• 1999 - Cartas al rey moro (Mudéjar)
• 2001 - Unha noite na corte do rei Affonso (Malandança)
• 2001 - Y templando por cuerdas, ruiseñores.
• 2003 - Recompilatorio da Burla Negra, O mariñeiro e o demo (María Manuela)
• 2006 - Et in carne mea (Capella Saetabis)
• 2007 - Estiñada (Ledicia)
• 2007 - Mon Dieu, prête-me l’oreille (Banchetto Musicale)
• 2009 - My singular enternainment and delight (Dúo Francisco Luengo - Xurxo Varela)
• 2012 - O meu primeiro Celso Emilio
• 2013 - A miña primeira Rosalía

NANI GARCÍA  Arranxos, Piano


Nani García (A Coruña, 1955) compositor, músico e produtor musical. Iniciou a súa formación musical en composición e jazz en Suecia, entre os anos 1976 e 1980, xunto con Mariano Cortez (músico chileno da escola de Luciano Berio) e Uffe Sandberg (pianista de jazz da escena escandinava), ao tempo que cursou estudos de lingüística nas Universidades de Uspala e Estocolmo.
No seu retorno a Galicia formou parte dos diversos grupos de jazz da época e de distintos seminarios formativos, como os impartidos polo pianista Bill Dobbins. No ano 1982 fundou Clunia xunto co batería Fernando Llorca, o contrabaixista Baldo Martínez e o saxofonista Antonio Cal. En 1983 recibe o Premio Especial Jazz á mellor composición no marco do Festival Internacional de Donosti, ao que lle seguen outros recoñecementos. Esta agrupación leva editados cinco discos, un deles en colaboración coa cantante lisboeta María Xoão e o último “5” do ano 2009, esta vez coa participación de Roberto Somoza en saxos e Mathew Simon en trompeta.
Ao longo da súa carreira comparte escenario e estudio con músicos como Jorge Pardo, Perico Sambeat, Marcos Teira, Paolo Fresu, Dulce Pontes, Manecas Costa, Kenny Wheeler, João Afonso, Tom Guillion, Alfonso Morán, Michael Macgoldrick, Karen Mathenson, X. Manuel Budiño, Luís Emilio Batallán, Amancio Prada, Paco Charlín, Pablo Milanés, Luar na lubre e outros.
Nos anos 90 comeza a compaxinar a súa actividade como solista co seu labor de produtor musical e arranxos para diferentes artistas galegos e editoriais. O seu compromiso coa cultura galega e coa música fan que sexa convocado a formar parte de proxectos pioneiros na proxección da cultura do país, participando en publicacións de música infantil, composicións para teatro, cine, series (a primeira serie galega de TVG, Outros Feirantes, 1986), programas e documentais para TV e participación en diversas creacións videográficas e exposicións.
En 2001 fundou co músico Javier Ferreiro, membro de Luar na Lubre, a discográfica Xingra e, afondando na convicción de impulsar a actividade cultural galega, editou novos valores dándolles saída a proxectos menos comerciais como o jazz, a música de cámara e as músicas alternativas. Nesta procura persoal e profesional, no ano 2004 asociouse artisticamente a Miguelanxo Prado nun proxecto que se concretou na película de animación De Profundis, do ano 2006, internacionalmente recoñecida. Este traballo permitiulle introducirse de cheo na creación da música sinfónica, involucrando e potenciando máis a súa faceta de compositor.
Ademais doutros traballos, como bandas sonoras de series e filmes, (Guante Blanco - TVE, El niño de barro) no 2009 estreou a opereta narrada para voz e cuarteto de clarinetes A Berenguela, sobre un texto do poeta Manuel María.
Ao longo da súa dilatada carreira, acadou numerosos premios e recoñecementos. Co grupo Clunia gañou cinco galardóns, entre os que destaca o citado premio Especial Jazz Stop á mellor composición e arranxos orixinais. Xunto con Xabier Ferreiro recibiu o premio Mestre Mateo 2004 polo son do documental Un bosque de música. Co mesmo colaborador recibiu o premio Mestre Mateo 2006 ao mellor son, por De Profundis. En solitario foi premiado tamén nos MM06 como autor da mellor banda sonora, pola mesma produción. Premio á mellor música orixinal nos premios Mestre Mateo 2007 por O neno de barro. Premio á mellor música orixinal nos premios Mestre Mateo 2011 por Enrugas. Nomeado para mellor compositor do ano no 2007 nos premios nacionais da crítica especializada, pola partitura orixinal de De profundis. Nomeado para mellor compositor do ano no 2012 nos premios nacionais da crítica especializada, pola partitura orixinal de Enrugas.
Sen abandonar os ámbitos desenvolvidos ata o momento, esta creación para clarinete baixo e orquestra de ventos O Factor Vento, encargada pola Banda Municipal da Coruña, augúralle a continuidade dos éxitos, consolidándose como un artista galego con proxección universal con novos proxectos en carteira.

Discografía
• Clunia Jazz (1981)
• Afueras periódicas(1984)
• Rúa Cega (1986)
• Carpe Diem (1995)
• Clunia 5 (quinto cd da banda liderada polo pianista) (2009)
• As músicas da Academia (recompilatorio Bso de obras cinematorgráficas) 1999-2009
• Mar Maior (Luar na Lubre, colabora como arranxista e teclados) (2012)
• Renaissance (Nani García trío) (2012)
Filmografía
• Ai amante (1988)
• O resplandor da morte (1991)
• Atlántico express (1993)
• Vete Davis (1993)
• Ni en sueños (1995)
• Pratos combinados (1995)
• A familia Pita (1997)
• Blanca Madison (2000)
• Avenida de América (2001)
• Ojos que no ven (2003)
• Autopsia (2003)
• Fragments (2003)
• Un bosque de música (2003)
• As leis de Celavella (2003)
• ¿E por que? (2005)
• J.E.D.N. José Ernesto Díaz-Noriega (2006)
• Pensando en Soledad (2006)
• De bares (2006)
• A vida por diante (2006)
• De Profundis (2006)
• O neno de barro (2007)
• Catalina (2007)
• Guante branco (2008)
• Desaparecida (2007)
• Coser e cantar (2009)
• A casa da luz (2010)
• Onde está a felicidade? (2011)
• Engurras (2011)
• Gallaecia Petrae (2012)
• O meu primeiro Celso Emilio (2012)
• A miña primeira Rosalía (2013)

PABLO SABIO Arranxo, Piano



Pablo Sabio naceu na cidade de Ferrol o día 4 de Xullo de 1982 e criouse no populoso barrio de Caranza. Estudou no Colexio Público Manuel Masdías e no Instituto Público Carvalho Calero. Comezou a tocar o piano aos cinco anos, entrando máis tarde no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol, agora chamado Xan Viaño, onde realizou os estudos de grao elemental e medio de piano. Tamén formou parte durante estes anos do Grupo Ledicia, vencellado ao colexio público onde estudou, co que actuou como pianista por distintas comarcas do país, así como en Xixón, Barcelona, Madrid, Bélxica, Holanda e Suíza. Con Ledicia gravou os dous discos da agrupación e colaborou ata a súa disolución en 2011.
Rematadas as ensinanzas obrigatorias e o grao profesional de música, accedeu ao Conservatorio Superior de Música da Coruña, onde levou a cabo os estudos superiores de piano. Mentres, traballou intermitentemente na escola de música Góticos de Ferrol, na Escola Municipal de Música da Coruña, así como dando clases particulares.
No ano 2008 rematou as ensinanzas no conservatorio e marchou a Londres coa intención de aprender inglés. No 2009/2010 traballou como becario nos colexios públicos García Escámez e El Chapatal, de Santa Cruz de Tenerife, como profesor de actividades extraescolares de música. Xa no curso 2010/2011 moveuse a Granada, onde traballou na escola de metodoloxía Willems Iniciativas Musicales, pasando a formar parte ao ano seguinte do Conservatorio Superior de Música de Málaga como profesor na especialidade de Ergonomía.
Actualmente traballa como profesor de Ergonomía no Conservatorio Superior de Música “ Rafael Orozco’’ de Córdoba.
Discografía con Ledicia
• Polo correo do vento 1997
• Estiñada 2007
• O meu primeiro Celso Emilio 2012
• A miña primeira Rosalía 2013

NURIA LESTEGÁS  Violín


Nuria Lestegás Pérez naceu en Xove (Lugo), onde comezou os estudos musicais na Escola Municipal de Música. Completou a súa formación académica, na especialidade de violín, no Conservatorio Histórico de Santiago de Compostela, Conservatorio Superior de Música de Vigo e Facultade de Música da Escola Superior de Arte de Utrecht (Holanda).
Complementou a súa formación coa asistencia a varios cursos de técnica e interpretación do violín, música de cámara, práctica orquestral, didáctica e pedagoxía dos instrumentos de corda, técnica vocal; así como asistindo a Congresos de Música Tradicional Galega e Xornadas de Ensino Musical.
Durante o período estudantil, estableceu axiña contacto co mundo orquestral, comezando na Oquestra de Cámara de Xove e continuando como bolseira na Xove Orquestra de Galicia e na Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia. Andado o tempo colaborou tamén coa Orquestra Clásica de Vigo, Orquestra Vigo 430 e Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra.
Desenvolveu a súa activade docente como profesora de violín e outras materias musicais na Escola Municipal de Música de Ribadeo (Lugo) e no Conservatorio Profesional de Música “Reveriano Soutullo” de Ponteareas (Pontevedra).
Posteriormente recuperou o contacto que iniciara de nena co mundo vocal e coral, integrando e participando nas agrupacións vocais: Obradoiro Vocal “A Vila” (Ponteareas), Agrupación Folklórica “Cantigas e Agarimos”, Orfeón “Terra a Nosa” e Coro da Estudio Escola (Santiago de Compostela).
Como violinista colaborou con diversas agrupacións musicais: Ledicia, Bágoas da Terra, Cádaba, Zora Gabbara, Manu Clavijo; e forma parte na actualidade do grupo de María Manuela.
.
Discografía
• 1993. Libro-Disco Sergei Prokofiev, Pedro e o Lobo. Xove Orquestra de Galicia.
• 1996. Orfeón Terra a Nosa XXX Aniversario. Xove Orquestra de Galicia & Solistas.
• 1997. The Chieftains. Santiago. Participación coa Xove Orquestra de Galicia.
• 1998. XOG 97. O son do futuro.
• 1999. Orquestra de Cámara de Xove e Grupo vocal Solo Voces. Montes, Bal y Gay, Santavalla, Pacheco.
• 2001. Symfonieorkest HKU. Dimitri Sjostakovitsj, Symfonie no.5. Jurjen Hempel, dirigent.
• 2004. Orquestra Municipal de Xove. MONTES – BAL Y GAY.
• 2008. ZORA GABBARA. Songs for jubal.
• 2010. Grupo vocal “sólo voces”. Dous séculos de música lucense. Participación coa Orquestra Vigo 430.
• 2012. Ai dos que levan no bico un cantar. Coro Univers. de Vigo e Orq. Filharmónica Cidade de Pontevedra.
• 2012. O meu primeiro Celso Emilio.
• 2013. A miña primeira Rosalía.

ROBERTO GRANDAL Acordeón


Roberto Grandal Puentes comezou na música de moi pequeno, tocando o acordeón en diversos grupos de música tradicional, orquestra e cámara. Cursou estudos de música e acordeón nos conservatorios da Coruña e Barcelona. Mestre de Acordeón, luthier de instrumentos tradicionais e produtor musical, intervén como instrumentista en diversas formacións musicais tocando acordeón, teclados, percusión, secuenciación e “sampling”: Orquestra de acordeóns de Santa Icía, Ferrol; Banda de Gaitas Airiños de Fene; Silvardeira; Grupo de instrumentos tradicionais Manuel Lorenzo Barxa; Banda de Gaitas Terra de Trasancos; Real Coro Toxos e Froles; Baila na Criba; Brendefol; La Timba; Serra-lhe aí!!!; Projecto Ninguém; Paloma Suances; Budiño; Pablo Seoane Grupo; Susana Seivane; María Manuela; bOnOvO; Vai rañala!
Bandas Sonoras
• O bosque animado. Acordeón na banda sonora orixinal do filme de animación de Dygra Films gañadora de dous premios Goya.
• A Casa da luz. Acordeóns na banda sonora orixinal de Nani Garcia para a longametraxe de Carlos Amil. 2009.
• Onde está a felicidade? Acordeóns na banda sonora orixinal de Nani Garcia no filme Brasileiro dirixido por Carlos Riccelli. 2011
• Ways to live forever. Acordeóns na banda sonora orixinal de César Benito para a película de Gustavo Ron. Nominación aos premios CEC á mellor música.
Discografía
• Silvardeira – Certame galego da Canción e Xuventude. 1996
• Brendefol – Gravación de disco na Radio Galega (sen editar)
• Ancoradoiro – Sui Generis 1997
• Naciones Celtas II 1998
• Dani Bravo y los Camaleones – “No es tan fácil” 1999
• Paloma Suances – “Feitizo” 1999
• Projecto Ninguém – “Ball Cans” 2000
• Susana Seivane – “Alma de Buxo” 2001
• Doa - “Arboretum” 2002
• Leilía – “Madama” 2003
• Susana Seivane – “Mares de tempo” 2003
• Budiño – “Zume de Terra” 2004
• Los Tigres del Cañotas “Rock Machito” “Love Songs” 2006-2008
• bOnOvO 2010
• Arturo Regueiro – “Curriculum oculto” 2012
• O meu primeiro Celso Emilio 2012
• A miña primeira Rosalía 2013

PACO BARREIRO Guitarra


Paco Barreiro é músico profesional desde 1977 e acompañou cantautores como Pilocha, Xosé Manuel Conde, Jei Noguerol, María Manuela... ao mesmo tempo que daba os seus propios concertos como guitarrista.
Foi integrante dos grupos ANAMOURA de música tradicional e de autor (“A chave do cerne”) e LUADA de canción tabernaria (“Luada”); en ambos traballos discográficos colaborou como arranxista, compositor e intérprete.
Arranxou e interpretou o CD “Dangarandán” de música tradicional galega para guitarra.
Foi membro da desaparecida Agrupación Guitarrística Galega, participando en varios dos seus concertos como solista, e con varias pezas súas editadas na súa revista G.V.L.
É compositor de varias pezas de teatro dos grupos Máscara17, Tranvía teatro, C.D.G., Tanxarina, The Pinga teatro...
Fixo a música de varios spots publicitarios e tamén de curtametraxes de cine.
Actualmente prepara un concerto de guitarra e percusión con pezas da súa autoría.

SIMÓN GARCÍA Contrabaixo



Simón García é licenciado en contrabaixo e ten unha recoñecida traxectoria internacional, tanto como intérprete como compositor. Traballou con diferentes orquestras sinfónicas da xeografía española, incluídas a Sinfónica de Galicia e a Real Filharmonía de Galicia. Actualmente ocupa posto de contrabaixista na Banda Municipal da Coruña.
Desde novo acostuma a traballar con diferentes artistas como María Manuela, Fuxan os Ventos, Nani García, Xoán Rubia e un longo etc, ademais de proxectos propios que o levaron por diferentes países de Europa e América.
Realizou gravacións para selos nacionais e internacionais con diversos proxectos; participou tamén en gravacións de Bandas sonoras e Spots publicitarios.
A súa música interpretouse en países como España, Estados Unidos, México, Venezuela, Dinamarca, Xapón, Reino Unido, Alemaña, Italia, Uruguai, Canadá ou Austria.
• O meu primeiro Celso Emilio 2012

MANOLO DOPICO Voz, Guitarra


Manolo Dopico (Ogrove- 1967) comezou a formarse como músico aos 9 anos en distintas agrupacións de
carácter tradicional, como percusionista e gaiteiro, recibindo clases de mestres como Manuel Iglesias Peiteado ou Fernando Casal (Milladoiro), e ingresando na banda de Gaitas do concello de Vilanova de Arousa para, máis adiante, estudar no Conservatorio Profesional de Música Martín Millán, de Vilagarcía de Arousa.
En 1983 comezou a tocar con María Manuela e Miguel Varela (Manuela e Miguel) cos que participa na
gravación de tres discos. Tamén participa na gravación do disco Para Miguel, de Maria Manuela, na sú.a nova andajna en solitario, coa que segue a ¡Iaballar na actualidade, tanto como músico coma na composición e arranxos.
Foi un dos membros fundadores do grupo Leixaprén da Dla de Arousa, co que editou dous discos e co que
conseguiu o Premio Nacional de Música Folk no ano 1989. Con Leixaprén percorreu gran parte dos escenarios nacionais, estatais e europeos (Festival de Ortigueira, L’Orient, Barcelona, Madrid, Milán, Venecia, Xenebra, Bruxelas. ..).
Forma parte dende o ano 2001 do grupo de música infantil Ledicia, no que toca o baixo e co que participou
na gravación de dous discos.

Incorporouse a0 grupo Balakandra no ano 2007.

 O meu primeiro Celso Emilio 2012
 A miña primeira Rosalía 2013




ADRIAN SAAVEDRA Piano, Baixo


Adrian Saavedra é Licenciado en Composicion pola Escola Superior de Miisica de Catalunya ESMUC, con
Arnau Bataller (La Herencia Valdemar, Herois, Polseres Vermellas) e graduado en Piano Clésico xunto a Iosé A. Candisano polo CPM Manuel Qulroga de Pontevedra.
Estuda Anélise e Composicién de Mfisica de Cine con loan Albert Amargés, Lluis Verges, Iosé Nieto, e Pia-
no Iazz con Albert Bover e Abe Rébade no Seminario Permanente de Iazz de Pontevedra.
Estuda producion musical con Carlos Rodgarman e Composicion cle Iazzl Mlisica Moderna con Gary Wi-
llis, Pep O’Ca1lagha.n e Tim Garland.
Pariicipa no I Congreso Internacional de Musica de Cine de Madrid SONCINEMAD con Hans Zimmer,
Chris Young, Trevor Jones, Harry Gregson-Williams, Dario Marianelli, Roque Baflos.
Recibe clases maxistrais dc lerry Bergonzi (Combo), Dick Oatts (Big Band), Michel Camflo (Piano).
En Composicion de Creacion Actual polos mestres Mauricio Sotelo, Kaija Saariaho, Klaus Huber, Daniel
Ott, Aureliano Cattaneo, Hilda Paredes, Menachem Zur.
En 2012 presenta The Rock Band Show DVD, un proxecto para banda de musica e grupo de música moderna, gravado en directo no Pam da Cultura de Pontevedra.

JUAN COLLAZO Percusións



Juan Collazo nace o 27 de Agosto de 1981, en Merza.
Percusionista de dilatada experiencia, comenza tocando na Banda de Música de Merza, remata os estudos no Conservatorio Profesional de Música da Coruña, pasando polo Real Conservatorio de la Haya, de Holanda.
Cunha traxectoria profesional ligada á percusión étcnica de raíz, colaborou en festivais como Steve Reich Festival (Holanda), Convención Internacional de Percusión de Taipei, Nancy Zeltsman Festival (EEUU)…, así como en diferentes proxectos de contemporáneo, en bandas de música, sinfónicas etc.
Actualemente imparte clases no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela, actividade que compaxina coa dirección do Curso de percusión “MerzaPercusión”, e formando parte de Odaiko Percussion Group (grupo do que foi cofundador en 2003) e Rastrexos Project entre outros.