BRATH CODEX


"Codex", o novo traballo de Brath.

  • Eloi Caldeiro: Voz, batería e percusións
  • José Rubio: Guitarras
  • Santi Suarez: Baixo
  • Tania Capón: Violín
  • Alberto Sánchez: Acordeón
  • Marcos Campos: Gaita





BRATH nome dun caudillo celta de Galiza, é na actualidade o alter ego de Eloi Caldeiro, compositor, voz e batería do grupo.
Caldeiro, compositor voz e batería de BRATH, foi pioneiro na fusión da música galega con outro ritmos e estilos. Xa no ano 1976 funda o primeiro grupo de rock galego "TEBRAS", onde ademais de cantar en galego mesturaba por primeira vez a gaita coa batería e as guitarras eléctricas, no que se deu en chamar Rock progresivo.
No ano 1980 funda con outros músicos BRATH, con filosofía semellante a anterior, pero abandonando os textos nos temas. Inicialmente Eloi foi o batería e percusionista do grupo, pero a partir do ano 1999 ademais da batería pon a voz pois a partir deste ano, BRATH abandona a liña instrumental, para incluír letras nos temas.
Agora presenta o seu nuevo álbum, titulado  "Codex".

Desde os seus comezos BRATH ven mixturando a música celta co rock, o pop, a bossa, a música africana, a árabe..., e todo facía pensar que Eloi, engadiría o flamenco, e así foi.
Dez temas en galego  cunha duración aproximada do disco de 50 minutos. Foron gravados en EC Estudios de O Corgo, Lugo.

 Con este novo paso BRATH convirtese nun dos grupos lideres na fusión e a mestizaxe, xa que ademais do flamenco, tamén se atopan ritmos de música africana, árabe ou medieval.

As letras de disco escritas por Caldeiro, describen os distintos camiños polos que os viaxeiros chegaban ós confins do mundo, para ver como o sol se fundía no mar da fin do mundo.

Discografia

2013 - Codex
2006 - Intres
2005 - Bulevar oceano Vol.1
2004 - O latexo do fogo
2004 - O ladrón de reliquias(BSO cine)
2003 - Tronantes sonfolk
2002 - Nunca máis
2002 - Oceana
2002 - XX Seculos de noivado(BSO serie Tv)
2001 - Rodeira
2000 - Vieiros
2000 - Cinco(Nomeado aos Premios da música co tema "Burka")
1992 - Nevoa infinda
1988 - Milenio celta
1988 - Lembranza da auga
1988 - Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro
1985 - Viaxe alen de Fisterra
1982 - Kalaikia