Ludovaina está formado por:
Serafín Santos – Bombo, charles, percusión menor e o que lle boten
Rodri Martínez - Tambor e aereostáticos
Roberto Sotelo – Gaita
Pablo Rial - Gaita
Ludovaina somos un cuarteto tradicional de música do país. Alá en Decembro do ano 2003 comezamos a ensaiar para ir tocar ós Carnavales do Hío, concretamente a Pinténs, e foi aquí onde decidimos seguir adiante co grupo e onde nos fixemos realmente gaiteiros. O noso estilo é o tradicional, a pesar de que tocamos temas propios compostos actualmente, procuramos manter o estilo, o sabor,... ou como nós dicimos, a esencia dos vellos gaiteiros, pero cun toque característico e innovador.
Tras varios cambios nos compoñentes do grupo, agora, no 2013 sacamos á venda o noso primeiro traballo "Bicos, abrasos e apalpasos" grabado e mesturado por Jose Gutierrez en Cioro (Cangas).
Trátase dun "fármaco musical" co que pretendemos chamar a atención de ouvintes doutros estilos musicales e dar un aire novo á música tradicional galega no cal dez dos trece temas que contén, son de composición propia.
O obxetivo deste proxecto a partires deste ano 2013, é dar a coñecer o noso primeiro disco por festivais e intentar que a xente prove a nosa medicina e poida disfrutar da música tradicional galega como o facemos nos.